MÁIS DE 700 PERSOAS ESTÁN CONVOCADAS MAÑÁ AO PRIMEIRO EXAME DAS OPOSICIÓNS A 20 PRAZAS DE AXENTES DE GARDACOSTAS

  • O exame terá lugar no recinto da Feira Internacional de Galicia, en Silleda
  • Estes axentes terán entre as súas funcións custodiar, protexer, vixiar e defender os recursos mariños de Galicia e controlar o seu aproveitamento

 

Santiago, 21 de marzo de 2017.- Un total de 711 persoas están convocadas ao primeiro exame das oposicións a 20 prazas de axentes do Servizo de Gardacostas da Xunta, que se celebrará mañá no recinto feiral de Silleda. Esta proba será de carácter teórico, e os aspirantes que a superen terán que facer un segundo exame de tipo físico.

 

O exame de mañá terá lugar no auditorio do recinto da Feira Internacional de Galicia, en chamamento único que se iniciará ás dez da mañá. As persoas participantes aspiran a unha das 20 prazas da escala de axentes de Servizo de Gardacostas, pertencentes ao subgrupo C1 da Administración autonómica.

 

Este primeiro exercicio consistirá en contestar por escrito un cuestionario de 100 preguntas tipo test, 20 delas da parte xeral e 80 da parte específica, máis cinco preguntas de reserva. Cada pregunta ten catro respostas alternativas propostas polo tribunal, das que só unha delas será a correcta.

 

Posteriormente, tal e como dispón a orde de convocatoria, as persoas que superen este primeiro exercicio serán convocadas para o segundo, consistente en realizar probas de aptitude física de carácter eliminatorio, incluída unha carreira de mil metros, unha subida por unha escada e unha proba de natación.

 

Protexerán os recursos mariños de Galicia

Os axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia –adscrito á Consellería do Mar– teñen entre outras, as funcións de custodiar, protexer, vixiar e defender os recursos mariños de Galicia e controlar o aproveitamento destes recursos, así como vixiar e previr a contaminación mariña, participando nas tarefas de eliminación.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: