Archivo | Área Metropolitana RSS for this section

Iniciativas no Parlamento de Galicia sobre o Centro de Saúde do Porriño

OS DEPUTADOS ABEL LOSADA, JULIO TORRADO E NOELA BLANCO PRESENTAN UNHA PROPOSICIÓN NON DE LEI E VARIAS PREGUNTAS ANTE A COMISIÓN DE SANIDADE RELACIONADAS COAS CONDICIÓNS E A SITUACIÓN DO CENTRO DE SAÚDE DO PORRIÑO

Os deputados no Parlamento de Galicia, Abel Losada, Julio Torrado Quintela e Noela Blanco Rodríguez, veñen de impulsar dous iniciativas relacionadas coa situación do Centro de Saúde do Porriño e as súas condicións.

Logo de lembrar que hai máis de sete anos, o día 21 de abril de 2010 no Faro de Vigo, publicouse unha noticia na que se destacaba que o entón alcalde do Porriño,do PP, xunto coa concelleira de Sanidade en aquela data, reuníronse en Santiago co director de Recursos Económicos do Servizo Galego de Saúde (SERGAS) para poñer a disposición da Xunta de Galicia unha parcela cunha superficie de 525 metros cadrados, e poder iniciar así as obras de ampliación do Centro de Saúde do Porriño canto antes e de que esta ampliación “fora anunciada en varias ocasións xa en anos anteriores subliñando que a firma do acordo entre o Concello e a Xunta de Galicia permitiría priorizar estas instalacións de Atención Primaria” e que estas  promesas quedaran en nada, presentan, en primeiro lugar unha proposición non de lei.

Nela piden ao Parlamento a que inste ao Goberno de Galicia a que presente, “no prazo de tres meses un plan específico para acadar unha solución aos problemas que presentan o Centro de Saúde e a UAD (Unidade Asistencial de Drogodependencias) do Porriño”.

Así mesmo, esixen que se reinicie neste mesmo ano o proxecto de ampliación do centro de saúde, “e a debida dotación dos medios técnicos e humanos, acorde coas necesidades existentes, consignando as partidas orzamentarias correspondentes nos orzamentos de 2018”.

Finalmente piden que se garanta o reforzo da UAD, para que “poda levar a cabo unha labor integral no tratamento das drogodependencias”, e que esta se faga nas mellores condicións para os e as usuarias e as súas familias.

Ademais desta proposición non de lei, os deputados fan varias preguntas parlamentarias para o seu debate na Comisión de Sanidade: “É consciente a Xunta de Galicia das carencias existentes no ámbito da atención sanitaria no concello do Porriño, tanto no centro de saúde, como na UAD?”;  “ Despois de anos de promesas valeiras, ten desenvolvido algún plan de actuación específico para solucionar eses problemas?”;  De ser así, cal é o calendario da aplicación deste plan?; Cales son as actuacións mais relevantes? e cales son os seus obxectivos?”

 

Mellora Avenida Buenos Aires

O CONCELLO ACOMETE A RECUPERACIÓN INTEGRAL DA AVENIDA BUENOS AIRES E A SÚA ADAPTACIÓN PARA MELLORAR A ACCESIBILIDADE, CUN ORZAMENTO INICIAL DE 20.000€ E CON TRABALLADORES CONTRATADOS GRAZAS AO ‘PLAN CONCELLOS’

A Concellería de Vías e Obras, dirixida por Manuel Carrera, leva a cabo na Avenida Buenos Aires unha recuperación integral da mesma coa reparación de beirarrúas, a construción dunha nova na entrada do popular  ‘escondidiño’ , na que anteriormente se fixera unha cesión para facilitar o seu ensanchamento, e  a adaptación de todos os pasos desta avenida para mellorar a accesibilidade da mesma.

O concelleiro salienta que a obra, que rematarase no prazo de dous meses, está a cargo de traballadores contratados grazas ao ‘Plan Concellos 2017’ da Deputación de Pontevedra, e agradece a importante colaboración neste proxecto de Israel Mercader, un referente no Porriño na loita pola eliminación das barreiras arquitectónicas e a mellora da accesibilidade.

A mellora da avenida, explica Manuel Carrera, ten un orzamento, nesta primeira fase, de 20.000€, “que se asumen con fondos do propio Concello” e, engade, “cumpre coa solicitude de moitos veciños do Porriño que viñan reclamando, dende hai tempo, que se acometerán estas melloras”.

A XUNTA, O PORTO E A ZONA FRANCA DE VIGO INICIAN HOXE O PAGO DE MÁIS DE 1,5 MILLÓNS DE EUROS A EXPROPIADOS DA PLATAFORMA LOXÍSTICA DE SALVATERRA-AS NEVES

 

  • Os abonos realízanse ao longo de toda esta semana e rematarán o vindeiro luns,  día 10 de xullo
  • As distintas administracións procederán a realizar pagos están despois do verán
  • As obras dos sistemas xerais da Plisan están a piques de rematar

 

 

Santiago de Compostela, 4 de xullo de 2017.- A Xunta, o Porto e a Zona Franca de Vigo inician hoxe o pago de máis de 1,5 millóns de euros aos propietarios expropiados da Plataforma Loxística de Salvaterra-As Neves (Plisan).

 

Os abonos, que se realizarán ao longo de toda esta semana e rematarán o vindeiro luns, día 10 de xullo, acadarán un importe de máis de 1,5 millóns de euros  As distintas administracións procederán a realizar novos pagos despois do verán.

 

Neste momento, na Plisan estanse executando distintas actuacións que corresponden ás obras da primeira fase dos servizos xerais, que xa se atopan  a piques de rematar.

 

A obra da EDAR (Estación depuradora de augas residuais) xa foi licitada no mes de marzo do ano 2016 e, actualmente, o proxecto da ETAP xa se atopa redactado.

 

Así mesmo, está en supervisión e en redacción o proxecto de execución da urbanización da zona LE, que foi adxudicada o pasado mes de maio pola Zona Franca de Vigo.

A XUNTA DE GALICIA PUBLICA HOXE NO DIARIO OFICIAL DE GALICIA A TRANSFERENCIA A PROL DO CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO DA ESTRADA PO-409, ENTRE ESTE MUNICIPIO E A RAÑADA

  • O Goberno galego rematou recentemente as obras de renovación dos servizos de saneamento e drenaxe e o acondicionamento do firme nesta vía, cun investimento duns 270.000 euros
  • Esta vía, cun total de 1,79 km de lonxitude, pode dividirse en dous subtramos: o primeiro, dende a intersección coa PO-403 ata o paso sobre o Tea; e o segundo, desde este punto ata o final da estrada, na intersección coa PO-510
  • Con esta transferencia, o Concello poderá actuar sobre esta vía de acordo coas súas características urbanas, e nela xa non serán de aplicación as restricións da normativa autonómica de estradas

 

Santiago de Compostela, 4 de xullo de 2017.- A Xunta publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a transferencia a prol do Concello de Salvaterra de Miño da estrada PO-409, que conecta esta localidade coa Rañada. Para obter máis información pódese consultar o seguinte enlace https://goo.gl/2jsFCU.

 

O Concello do Salvaterra manifestou á Consellería de Infraestruturas e Vivenda o seu interese polo cambio de titularidade da estrada PO-409, que discorre integramente polo seu termo municipal, unha vez que a administración autonómica acondicionase o treito urbano.

 

A estrada PO-409 (Salvaterra-A Rañada), pertencente á rede secundaria de titularidade autonómica, conta cunha alternativa viaria de maior nivel de servizo: a estrada PO-510 (Atios-Oleiros), que forma parte da rede primaria básica de estradas e discorre practicamente en paralelo. Polo que rexistra un tráfico principalmente local.

 

Esta vía, cun total de 1,79 quilómetros de lonxitude, pode dividirse en dous subtramos: o primeiro, dende a intersección coa PO-403 ata a obra de paso sobre o Tea; e o segundo, desde este punto ata o final da estrada, na intersección coa PO-510.

 

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda da Xunta de Galicia ten entre as súas funcións a tramitación dos cambios de titularidade das estradas incluídas nas redes dependentes da comunidade autónoma e das entidades locais.

 

Con esta transferencia, o Concello poderá actuar sobre esta vía de acordo coas súas características urbanas, e nela xa non serán de aplicación as restricións da normativa autonómica de estradas, como por exemplo as limitacións de usos ou actividades nas súas marxes ou os accesos, ao tempo que se reducirán as cargas administrativas sobre os cidadáns dos núcleos polos que discorre.

 

Mellora da estrada

Cómpre lembrar que a Xunta rematou o acondicionamento no tramo urbano da PO-409 e posteriormente, logo do acordo co informe emitido polos servizos competentes, formulou proposta favorable á transferencia de titularidade.

 

En 2016, a Axencia Galega de Infraestruturas licitou as obras de renovación dos servizos de saneamento e drenaxe e o acondicionamento do firme nesta vía, que se remataron a principios de 2017. O Goberno galego financiou estas actuacións cun custe duns 270.000 euros.

 

TODO PREPARADO PARA AS ‘FESTAS DE SAN BENITO’ QUE CELEBRARANSE O DOMINGO, DÍA 9 DE XULLO, LUNS, 10 E MARTES 11, CUN COMPLETO PROGRAMA

As Festas de San Benito, que se desenrolarán o vindeiro domingo, día 9 de xullo, luns, día 10 e martes, día 11, abranguen un completo programas de actuacións musicais e actos relixiosos, todo programado pola Comisión de Festas de San Benito, coa colaboración do Concello do Porriño.

O domingo, día 9, ás 8 da tarde, está previsto o Concerto folk das Asociación Cultural San Xurxo de Mosende; ás 9 e media chegará a primeira das distintas verbenas previstas, neste caso a cargo da Orquestra Salazar.

O luns, día 10, ás 8 da tarde, Concerto folk da Asociación Cultural Os Zoqueiros, do Porriño, ás 9, Concerto de Argonat Band e ás 11 da noite, Verbena coa Orquestra Saudade.

O martes, 11, empezará ás 10 e media da mañá co Pasarrúas da Banda Popular de Tui; seguirá ás 12 coa misa solemne na Igrexa de Santa María, co Coro Orfeón Porriñés, dirixido por Antonio Paz.

De seguido, Procesión ata a Capela de San Benito, co acompañamento da Banda Popular de Tui; posteriormente, será a poxa das uvas do santo e as ofrendas diante da capela.

Ás 8 da tarde, Concerto da Banda Popular de Tui; ás 9 e media, Verbena coa Orquestra Quien lo diría, e pechará as festas co Concerto de Best Boy.

Inicio dos Campamentos de Verán do Porriño

A Dende este luns, están en marcha os Campamentos de Verán organizados pola Concellería de Igualdade, que dirixe Soledad Girón. Os mesmos, que durarán seis semanas, ata metade de agosto, son totalmente de balde para os 40 nenas e nenos que gozarán, cada unha desas semanas, dos mesmos.

O único requisito que teñen que cumprir as rapazas e rapaces, os que están xa participando dos campamentos e os que o faràn os vibdeiros día-, como sucederá nos campamentos programados para 15 días no Nadal- e que deben de estar empadroados no Porriño e ter nado entre os anos 2005 e 2011.

Soledad Girón lembra que o obxectivo destes campamentos é o de “fomentar a conciliación familiar” durante os meses de lecer, “de aí que sexa a Concellería de Igualdade quen os organice”, ademais de impulsar a interacción e a integración entre todos os asistentes aos mesmos.

A concelleira salienta que durante estas semanas, as rapazas e rapaces desenrolarán diferentes actividades que terán moito que ver co respecto á natureza, coa súa conservación e coidado, impulsando acción de reciclaxe.

Así mesmo, outro dos eixos destas semanas de convivencia será  unha “aposta afouta pola  igualdade”: a mesma estará presente en cada unha das propostas que se leven adiante estes días nos diferentes escenarios aos que irán movéndose ás rapazas e rapaces que participan nos campamentos.

 

ABANCA destina 300 millóns adicionais a facilitar o financiamento das áreas industriais da contorna de Vigo

 O conselleiro delegado do banco, Francisco Botas, sela convenios de colaboración cos representantes das asociacións de empresarios dos principais polígonos de Vigo, O Porriño, Mos, Tui, Gondomar, Salvaterra e Nigrán

·         A entidade financeira habilita unha liña de crédito extraordinaria que ofrece ás empresas do sur da provincia a posibilidade de acometer investimentos ou responder ás necesidades da actividade

·         Os espazos industriais tamén accederán á oferta formativa de posgrao e especializada de IESIDE

29-06-2017

ABANCA comprométese coa viabilidade e o crecemento das principais áreas industriais de Vigo e a súa contorna económica e pon á súa disposición unha liña de crédito extraordinaria de 300 millóns. Nun acto celebrado na sede institucional do banco en Vigo, o conselleiro delegado de ABANCA, Francisco Botas, deu a coñecer aos empresarios dos polos industriais do sur de Pontevedra esta proposta de financiamento adaptada.

ABANCA aproveitou a firma dun pacto de traballo conxunto cos representantes das asociacións das maiores áreas industriais de Vigo, O Porriño, Mos, Tui, Gondomar, Salvaterra e Nigrán para dar a coñecer esta liña de financiamento especial. Este importe, que desde este momento está a disposición das empresas, súmase aos máis de 1.500 millóns que o banco con sede en Galicia ten previsto conceder este ano a este colectivo da área de influenza de Vigo.

Na presentación e posterior firma participou tanto o propio conselleiro delegado de ABANCA, como José Manuel Modroño Martínez, presidente da Asociación de Empresarios Parque Tecnolóxico e Loxístico de Valadares; Giorgio Casoni Valenti, presidente da Asociación Empresarial Áreas de Tui; Javier Díaz Gonda, presidente da Asociación de Empresarios A Pasaxe; Santiago Gomara Millán, presidente da Asociación de Empresarios As Gándaras; Manuel Castro Álvarez, presidente da Asociación de Empresarios de Mos (que agrupa os polígonos mosenses da Veigadaña e O Rebullón); Indalecio Cuevas Montes, presidente da Entidade Urbanística de Conservación A Granxa; Juan Carlos Lemos Martínez, presidente da Asociación de Propietarios e Empresarios do Polígono Chan da Ponte de Salvaterra e Teresa Pedrosa Silva, delegada do Estado no Consorcio da Zona Franca de Vigo (en representación das áreas industriais de Balaídos, Porto do Molle en Nigrán e Área Portuaria de Bouzas).

As empresas emprazadas nestes espazos poderán acceder a unha ampla oferta de financiamento que inclúe opcións tanto para acometer investimentos, como para facer fronte ás necesidades da actividade diaria. Os empresarios destas áreas terán á súa disposición produtos especificamente deseñados e con condicións melloradas respecto ao mercado, entre os que destacan préstamos ou leasing mobiliario, con amplos prazos de amortización, posibilidade de carencias e xuros moi competitivos.

O texto rubricado polas entidades tamén contempla que as empresas emprazadas nestas áreas industriais teñan á súa disposición outros produtos como pólizas de crédito, anticipos, liñas de desconto comercial ou avais segundo as súas necesidades. Os convenios tamén reservan un espazo á internacionalización grazas ás liñas de comercio exterior e ao financiamento oficial a través de diversos programas do ICO e do Igape.

Ademais da liña de crédito extraordinaria de 300 millóns que ABANCA habilita para as empresas destas áreas industriais, a proposta de valor do banco complétase coa rede de oficinas máis extensa de Galicia e cunha ampla especialización dos seus xestores. Todo iso para consolidar o crecemento duns polos industriais e de coñecemento que se configuraron como elementos indispensables do tecido produtivo autonómico.

Acordo formativo con IESIDE

De maneira paralela a este acto, os representantes destas asociacións de empresarios tamén subscribiron un protocolo de colaboración formativa co Instituto de Educación Superior Intercontinental da Empresa (IESIDE). Este acordo permitirá cumprir coa vocación da entidade académica e potenciar o seu vínculo co mundo profesional. As empresas poderán beneficiarse de descontos á hora de realizar estudos de grao e posgrao na entidade académica, así como acceder a programas formativos a medida.

 

 

FISCAL GENERAL DEL ESTADO PARTICIPA EN VIGO EN EL FORO DE DERECHO ALUMNI PONTEVEDRA DE LA UNIVERSIDAD DE NAVARRA

José Manuel Maza, Fiscal General del Estado, participa en Vigo en un almuerzo organizado por el Foro de Derecho Alumni Pontevedra de la Universidad de Navarra

  • Durante el encuentro, José Manuel Maza pronunció la conferencia “El Fiscal, director de la investigación en el proceso penal”, ante la presencia de medio centenar de juristas.
  • Se trata del séptimo evento organizado por este foro, formado por más de 200 licenciados en Derecho de la Universidad de Navarra en Pontevedra, con el objetivo de promover actuaciones conjuntas para establecer sinergias profesionales y crear un lobby en el ámbito jurídico y empresarial.

Pie de fotos: José Manuel Maza, Fiscal General del Estado, participa en el VII Almuerzo-Coloquio del Foro de Derecho Alumni Pontevedra de la Universidad de Navarra

El Mago More participará en Vigo en el Motivadores Tour de Banco Mediolanum

 

  • A través de Motivadores Tour, Banco Mediolanum busca introducir a sus clientes, y al público general, en algunas de las más innovadoras herramientas y propuestas para la consecución de metas y propósitos.
  • Mago More mostrará cómo incluir la innovación en los procesos de producción añadiéndoles imaginación y creatividad para mejorar en competitividad.

 

 

Vigo, 28 de junio de 2017.- El Auditorio Mar de Vigo acogerá el próximo martes, 4 de julio, a las 20:00 horas, una nueva parada del Motivadores Tour de Banco Mediolanum, el ciclo de eventos inspiracionales promovido por la entidad, que en esta ocasión contará con la participación del Mago More, profesional de la comunicación especializado en enseñar a organizaciones y ejecutivos cómo mejorar su comunicación con una gran dosis de creatividad.

 

A través de Motivadores Tour, Banco Mediolanum busca introducir a sus clientes, y al público general, en algunas de las más innovadoras herramientas y propuestas para la consecución de metas y propósitos. En este sentido, durante su conferencia “El poder positivo del cambio”, el  Mago More mostrará cómo incluir la innovación en los procesos de producción añadiéndoles imaginación y creatividad para mejorar en competitividad.

 

Las personas interesadas en asistir al evento pueden adquirir sus entradas e invitaciones a través de la web www.cualessontusmetas.com.

 

Segunda edición del Motivadores Tour

 

La segunda edición de Motivadores Tour llega tras una exitosa primera gira celebrada entre noviembre de 2016 y enero de 2017, que se cerró con una tasa de asistencia del 93%. La experiencia del año pasado, respaldada por el público, ha llevado a Banco Mediolanum a volver a apostar por este formato y reforzar así su compromiso de acompañar a los ahorradores en todas las etapas de su vida.

 

A través de Motivadores Tour, Banco Mediolanum busca introducir a sus clientes, y al público general, en algunas de las más innovadoras herramientas y propuestas para la consecución de metas y propósitos. Esta aspiración se engloba dentro de la filosofía de Banco Mediolanum de apoyar a sus clientes para que logren sus principales objetivos, tanto personales como profesionales.

Vertiente solidaria

Además, la Gira Motivadores Tour tiene una vertiente solidaria ya que Banco Mediolanum dona a las ONGs integrantes de su proyecto solidario Mediolanum Aproxima la totalidad del importe que recibe por la venta de entradas de los diferentes eventos.

 

Mediolanum Aproxima tiene como objetivo de apoyar a ONG y fundaciones locales que inciden sobre nuestro entorno más cercano, trabajando en aspectos tan diversos como la integración socio laboral de personas con discapacidad o el apoyo a colectivos en riesgo de exclusión social.

 

Banco Mediolanum

Banco Mediolanum (www.bancomediolanum.es) es la entidad española del Grupo Mediolanum, grupo bancario europeo que está presente, además de en España, en Italia y Alemania, donde desarrolla su actividad de asesoramiento financiero personal y servicios financieros a través de su red de Family Bankers®. El Grupo Mediolanum cuenta en Europa con más de 1.300.000 clientes asesorados por una red de más de 5.200 Family Bankers y con unos recursos totales de clientes de 81.012 millones de euros.

O IES PRIMEIRO DE MARZO (BAIONA) IMPARTIRÁ NO VINDEIRO CURSO UN CICLO DE ACTIVIDADES DOMÉSTICAS E LIMPEZA DE EDIFICIOS

  • O delegado territorial da Xunta visitou xunto ao alcalde baionés as instalacións do centro educativo, que amplía a súa oferta formativa cun novo módulo de FP Básica
  • A Consellería de Cultura e Educación oferta máis de 9.600 prazas en primeiro curso de Formación Profesional na provincia de Pontevedra

 

Baiona (Pontevedra), 26 de xuño de 2017.- O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, visitou esta mañá o IES Primeiro de Marzo de Baiona, un dos centros educativos que para o vindeiro curso 2017/18 amplía a súa oferta formativa cun ciclo de nova creación de FP Básica de Actividades domésticas e limpeza de edificios.

 

O representante do Goberno galego reuniuse co director do centro, acompañado polo alcalde da localidade, Ángel Rodal, e o xefe territorial da Consellería de Cultura e Educación, César Pérez, logo de ter esta publicado o borrador (http://www.edu.xunta.es/fp/) da oferta de ciclos formativos, a través do que se ofrecen 9.643 prazas en primeiro curso en centros públicos da provincia de Pontevedra (un incremento de aproximadamente o 0,8%), en 383 ciclos e programas formativos autorizados.

 

Esta oferta avanza na implantación dos ciclos adaptados ao Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais e ás necesidades do sistema produtivo galego, ao tempo que se axusta á demanda analizada de anos anteriores e á do mercado laboral, unha das claves para a empregabilidade dos titulados na FP galega. Neste sentido cómpre lembrar que a Consellería mantén un contacto constante co tecido socio-produtivo de cada comarca para dar resposta á demanda de titulados que solicitan as empresas, o que redunda nunha maior facilidade para que o alumnado da FP galega acceda a un posto de traballo ao rematar os seus estudos.

 

Non é o único que amplía a súa oferta no que atinxe á área territorial de Vigo, xa que se implantará como novidade o ciclo de grao superior en réxime ordinario de Sistemas de telecomunicacións e informáticos no IES Escolas Proval de Nigrán. Ademais, no réxime modular para adultos, en modalidade presencial, o CIFP Manuel Antonio de Vigo ofertará por primeira vez o de grao superior de Anatomía patolóxica e citodiagnóstico. Este último reedita en grao medio o ciclo de Confección e moda.

 

Modificacións

Co obxectivo de adaptarse á demanda do alumnado e ás necesidades do tecido produtivo de cada zona, o novo mapa contempla cambios dun ciclo por outro ou dun réxime a outro en diferentes centros. Así as cousas, o IES Plurilingüe A Paralaia (Moaña) deixará de impartir o ciclo de FP Básica de Fabricación e montaxe e Electricidade e electrónica (este último tamén deixa de ofertarse no IES Primeiro de Marzo de Baiona) para incorporar o ciclo de FP Básica de Instalación electrotécnicas e mecánica.

 

No réxime modular de adultos en modalidade presencial, o grao superior de Fabricación de produtos farmacéuticos, biotecnolóxicos e afíns no CIFP Manuel Antonio (Vigo) substitúese polo devandito de Anatomía patolóxica e citodiagnóstico, ambos de grao superior. Na modalidade a distancia, deixa de ofertarse no CIFP Manuel Antonio de Vigo o ciclo de grao superior en Laboratorio de análise e de control de calidade, que si se ofrece en presencial

 

Por outra banda, deixa de ofertarse por falta de alumnado, no réxime modular para adultos presencial o ciclo de grao superior de Eficiencia enerxética e enerxía solar térmica do CIFP Valentín Paz Andrade (Vigo).