Pronto….
Nuestra página seguirá muy pronto editando noticias…preparando nuevos cambios. Gracias por seguirnos.
Sobre a falta de profesionais de enfermería e a política de contratacións do SERGAS
A mediados de xullo, en plena época estival na que a maior parte do persoal desfruta das súas vacacións que, como norma xeral, foran solicitadas antes do 31 de marzo, diversas xerencias atópanse co problema de non atopar enfermeiras/os suficientes para cubrir non só estas vacacións, se non incluso días libres ou incidencias como baixas ou permisos aos que toda traballadora ten dereito.
Faltan profesionais?
Nas listas de contratación de enfermeiras/os na área de Vigo, apuntáronse máis de 1.500 profesionais. A día de hoxe moitas destas persoas exerceron o seu dereito a solicitar unha suspensión de chamamentos por algún dos diversos motivos recollidos no actual Pacto de Contratacións, entre eles figura o de ter en vigor un “contrato laboral”.
Analizando os datos, e mentres non se nos confirman, atrevémonos a asegurar que a actual situación non é mais que froito das políticas de contratación do SERGAS, que buscando o aforro onde non ten lugar, en vez de optimizar os recursos existentes ou incrementalos até situar o gasto sanitario media europea, deixa aos profesionais que están nas listas de contratacións nunha situación laboral precaria, de incerteza, agardando unha chamada que confirme o ansiado contrato de vacacións, sen saber por canto tempo vai ser até o momento de descolgar o telefono.
Que poden facer estes profesionais se antes alguén lles ofrece maior estabilidade? se alguén se adianta a esa chamada e con ela poden organizar mellor os seus próximos meses? A sanidade privada sabendo desta situación adiantase e faixe cos servizos duns profesionais cunha alta capacitación debido, na maior parte, á experiencia acadada no sistema público de saúde.
Estamos a ver como o sistema dedica cartos e tempo das profesionais a formar especialistas, como poden ser as enfermeiras especialistas en pediatría ou especialistas en familia, sen darlles saída profesional, o cal será aproveitado pola sanidade privada para por en valor os seus servizos.
A situación actual fai que incluso teñamos problemas para reforzar certos servizos diante do repunte de ingresos, xerando un serio problema asistencial como o que ocorre hoxe na UCI Neonatal do H. Álvaro Cunqueiro.
A política que os actuais responsables está a levar a cabo está desencadeando situacións “perigosas” para a saúde pública.
Dende a CIG-SAÚDE esiximos:
- Unha dotación real das plantillas acorde non só ao nivel de ocupación baseado en estatísticas, se non nas potenciais necesidades do Hospital e da nosa área sanitaria.
- Maior estabilidade laboral para o persoal eventual, maior previsión na contratación, sobre todo nas categorías máis sensibles como pode ser na actualidade a enfermería, a medicina de familia e a pediatría.
- Posta en valor das profesionais que o propio sistema está a formar como son as enfermeiras especialistas, dándolles unha saída laboral catalogando as súas prazas como tales e abrindo as súas listas de contratación (na actualidade as Enfermeiras Especialistas en Pediatría non teñen listas propias nin está previsto que as teñan)
- Que se cubra o 100% das parazas vacantes mediante contratos de longa duración e que a totalidade destas sexan ofertados nas convocatorias de OPE.
Juan Carlos Escotet, novo presidente de ABANCA
- Javier Etcheverría é desde hoxe presidente de honra da entidade financeira galega
- O cambio na presidencia coincide co terceiro aniversario da entidade
- A Xunta Xeral de Accionistas aproba por unanimidade todos os puntos da orde do día



Juan Carlos Escotet Rodríguez foi nomeado hoxe novo presidente de ABANCA tras a renuncia por motivos de idade de Javier Etcheverría, que pasará a ser presidente de honra da entidade financeira galega. O traspaso de poderes produciuse ao finalizar a Xunta Xeral de Accionistas da entidade, que se celebrou esta mañá na sede de Afundación na Coruña. O Consello de Administración aprobará hoxe os cambios propostos.
Durante a súa intervención de despedida, Javier Etcheverría mostrouse moi satisfeito do traballo realizado. “En todos estes anos din o mellor de min co obxectivo de facer das miñas dúas casas, primeiro o Banco Etchverría e máis recentemente ABANCA, dúas entidades valoradas e respectadas pola súa vocación de servizo aos nosos clientes, a Galicia e a España. Hoxe conclúe unha etapa moi gratificante da miña vida e toca deixar paso a outras persoas”, destacou.
Pola súa banda, o novo presidente resaltou a traxectoria profesional e os principios de proximidade ao cliente e de prudencia que caracterizaron sempre ao seu predecesor no cargo. “Javier Etcheverría encarnou á perfección estes ideais. No exercicio das súas funcións actuou sempre coa responsabilidade propia de alguén que foi depositario de 300 anos de tradición bancaria, desde a que achegou a ABANCA, ademais dos xa mencionados, valores que nos son tan propios como a énfase na solidez e a visión a longo prazo”, asegurou.
O cambio na presidencia coincide co terceiro aniversario de ABANCA, período no que a entidade desenvolveu un profundo proceso de transformación e reorientación estréxica e mellorou todos os seus ratios de xestión. “Foron tres anos de gran intensidade nos que, entre outras moitas accións, creamos unha nova cultura corporativa, implantamos un novo modelo de relación cos nosos clientes, potenciamos a nosa dimensión omnicanal e lanzamos un novo concepto de produtos e servizos máis sinxelos e transparentes. Por todo iso o mercado está a recoñecernos como unha entidade innovadora, centrada nas necesidades do cliente, sólida e socialmente responsable”, resaltou Juan Carlos Escotet durante a súa intervención.
Aprobados por unanimidade todos os puntos da orde do día
A Xunta de Accionistas de carácter ordinario, na que estivo presente o 86,84% do capital, aprobou por unanimidade as contas do exercicio 2016 e todos os puntos que conformaban a orde
charla-coloquio sanidade Vigo.
A Asociación Galega para a defensa da Sanidade Pública, en colaboración co Colexio Médico e a Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria, organiza unha conferencia debate para avanzar nas causas e determinantes da situación da Atención Primaria na Área sanitaria de Vigo e facer propostas para o cambio.
A conferencia-coloquio será o martes 27 de xuño, ás 19 hs no Salón de actos do Colexio Médico en Vigo, rúa Ecuador 84.
Delegados/as da CIG mobilízanse na Inspección de Traballo en Vigo contra os incumprimentos do convenio do naval
A central insta a autoridade laboral a actuar diante da crecente explotación e precarización laboral que se vive no sector
Máis de medio cento de delegados/as sindicais da CIG desenvolveron hoxe unha concentración diante da Inspección de Traballo en Vigo de 11:30 a 12:30 horas para denunciar a inacción da autoridade laboral fronte aos incumprimentos do convenio do naval, o que está a provocar un incremento da explotación e da precariedade no sector, e a falta de implicación da Xunta na grave crise que padece unha industria estratéxica para o país e fundamental para a comarca.
Dende a CIG-Industria explican que o naval, un dos sectores económicos “máis importantes da economía galega e prioritario na comarca de Vigo”, leva seis anos de parálise na contratación pola falta de compromiso político das distintas Administracións no que atinxe á defensa dos sectores produtivos galegos ante a Unión Europa, mais tamén pola falta dun plan industrial específico.
Segundo denuncian, esta situación agravouse pola mala xestión dalgúns estaleiros, que levou á destrución de máis de 100 empresas e 10.000 postos de traballo, entre elas moitas das históricas e coa estrutura necesaria para poder liderar unha futura recuperación do sector. Ademais, a alertan que a desregulación actual compromete o futuro das poucas que lograron resistir.
Lembran que nos anos anteriores á crise, cunha alta carga de traballo, os empregados/as foron quen de converter o convenio do sector nun referente a nivel estatal. “Non nos regalaron nada, todo se logrou a base de loita, a loita lexítima da nosa clase para alcanzar as mellores condicións salariais e de traballo”.
Neste senso, o responsábel do Naval da CIG-Industria de Vigo, César Rodríguez, critica o feito de que agora, cando se visualiza unha tímida recuperación do sector logo de tocar fondo, pretenden precarizar estas condicións de traballo até niveis “de escravitude”, chegando a cobrar un “imposto revolucionarios ao traballo” por parte dalgunhas “mal chamadas” empresas; o incumprimento do convenio é maioritario, facéndolle unha competencia desleal ás poucas compañías que entenden a necesidade da regulación para garantir a estabilidade e o futuro do sector”.
Segundo aclarou, na CIG cualifican de “imposto revolucionario ao traballo” os numerosos descontos “inxutificados” que as compañías lles aplican aos seus cadros de persoal, o que supón unha merma salarial moi importante. “Ademais, temos constatado que se están a pagar horas extras a 5 ou 6 euros, retiraron algúns pluses e utilizan a fórmula da ‘hora corrida’, mediante a que evitan ter que pagar vacacións, indemnizacións e pagas”, sinalou.
Diante disto, preguntouse de que vale negociar un convenio se logo non se lles esixe ás empresas que o cumpran. “Dende a CIG levamos tempo denunciando e seguirémolo a facer sempre que se sigan a dar situacións de explotación, e facémoslle un chamamento aos traballadores/as para que nos trasladen a súa problemática concretas co fin de poder poñela en coñecemento da autoridade laboral.
Para rematar, quixo deixar moi claro que a situación que están a padecer os empregados/as do sector ten responsábeis,” especialmente os que miran cara a outro lado, entre eles a Xunta de Galiza e a Inspección de Traballo, que teñen a obriga de controlar e facer cumprir as condicións de traballo dos galegos/as”. Precisamente co obxectivo de que a autoridade laboral poña a funcionar os mecanimos de control, mantiveron unha xuntanza cunha das súas responsábeis para facerlle entrega das últimas denuncias presentadas diante do organismo. “Entendemos que se teñen que implicar moito máis para darlle unha resposta máis áxil a toda esta problemática, ademais de impoñer sancións exemplarizantes ás empresas que incumpren”.
“SECTOR NAVAL: A RECUPERACIÓN DA PRECARIEDADE”
A federación de Industria da CIG de Vigo desenvolverá unha concentración de delegados/as sindicais diante da Inspeccción de Traballo (r/ Cánovas del Castillo) este mércores 14 de xuño de 11:30 a 12:30 horas para denunciar a inacción da autoridade laboral fronte ao incumprimento do convenio do naval, que está a provocar un incremento da explotación e da precariedade no sector.
Dende a CIG-Industria explican que o naval, un dos sectores económicos mais importantes da economía galega e prioritario na nosa comarca, leva seis anos de parálise na contratación pola falta de compromiso político das distintas Administracións no que atinxe á defensa dos nosos sectores produtivos ante a Unión Europa, mais tamén pola falta dun plan industrial específico para o sector.
Esta situación agravouse pola mala xestión dalgúns estaleiros, que levou á destrución de máis de 100 empresas e 10.000 postos de traballo, entre elas moitas das históricas e coa estrutura necesaria para poder liderar unha futura recuperación do sector. Ademais, a desregulación actual compromete o futuro das poucas que aguantaron.
Cómpre lembrar que nos anos anteriores á crise, cunha alta carga de traballo, os empregados/as do sector foron quen de converter o noso convenio como referente a nivel estatal. “Non nos regalaron nada, todo se logriu a base de loita, a loita lexítima da nosa clase para alcanzar as mellores condicións salariais e de traballo.
Agora, cando se visualiza unha tímida recuperación logo de tocar fondo, pretenden precarizar estas condicións de traballo até niveis de escravitude, chegando a cobrarse “impostos revolucionarios” ao traballo por parte dalgunhas mal chamadas empresas; o incumprimento do convenio é maioritario, facéndole unha competencia desleal ás poucas compañías que entenden a necesidade da regulación para garantir a estabilidade e o futuro do sector.
Para que negociar un convenio se non se lles esixe cumprilo? Dende a CIG témolo claro, polo que levamos tempo denunciando e seguirémolo a facer sempre que se sigan a dar situacións de explotación. A situación que están a padecer os traballadores/as do sector ten responsábeis, especialmente os que miran cara a outro lado, entre eles a Xunta de Galiza e a Inspección de Traballo, que teñen a obriga de controlar e facer cumprir as condicións de traballo dos galegos/as.
A CIG de Vigo celebra este sábado a VII Asemblea Comarcal, que escollerá a dirección do sindicato para os vindeiros catro anos
O encontro, no que participarán 460 delegados/as, será no Centro Cultural e Veciñal de Valadares ás 9.00h
A CIG de Vigo celebra este sábado 10 de xuño a súa VII Asemblea Comarcal, na que se escollerán os organismos que dirixirán a central sindical na bisbarra durante os vindeiros catro anos. No encontro, que se celebrará no Centro Cultural e Veciñal de Valadares a partir das 9.00 horas e no que participarán 460 delegados/as, elixiranse os integrantes da Secretaría e da Executiva comarcais e os membros que formarán parte do Consello Confederal en representación da Unión Comarcal.
O secretario comarcal da CIG-Vigo, Alberto Gonçalves, compareceu esta mañá en rolda de prensa xunto a membros da actual Executiva para presentar a VII Asemblea, que terá lugar o vindeiro sábado no Centro Cultural e Veciñal de Valadares a partir das 9.00 horas. Gonçalves explicou que o encontro, no que participarán un total de 460 delegados/as escollidos entre a afiliación e no que intervirá o secretario xeral da CIG, Paulo Carril, celébrase baixo o lema “Loita obreira nas empresas e na rúa. Non nos resignamos!”.
En canto aos obxectivos desta VII asemblea, detallou que servirá tanto para avaliar o treballo desenvolvido pola central sidical na bisbarra ao longo dos catro últimos anos como para renovar os órganos que dirixirán o sindicato durante os vindeiros catro. Así, escolleranse os 12 membros da nova Executiva, o secretario/a comarcal e os 13 representantes da Unión Comarcal de Vigo no Consello Confederal, máximo órgano de dirección da CIG entre Congresos.
O secretario comarcal sinalou que o Informe de Xestión, que resume a labor desenvolvida pola central sindical na bisbarra nos últimos catro anos e que deberá ser ratificado na VII Asemblea, foi aprobado por unanimidade na Executiva. “Nel valoramos moi positivamente o traballo que se levou a cabo, sobre todo neste contexto de ofensiva do capital e dos Gobernos español e galego contra a clase traballadora que supuxo unha perda de dereitos laborais e sociais moi importante”, indicou.
Tamén salientou que neste contexto a CIG fose “motor da mobilización e da contestación social aos recortes”, ao tempo que se consolidou como primeira forza da comarca tanto a nivel de afiliación como de representación. “Desenvolvemos un intenso traballo organizativo, coa posta en marcha dos colectivos de Desempregados/as e de Xubilados/as e Pensionistas”. Fixo unha mención especial a outra das iniciativas que viron a luz: o Plan Solidario de Axuda Alimentaria, que permite que centos de compañeiros/as con problemas económicos accedan a alimentos básicos.
Ademais, destacou que se seguiu coa mellora dos servizos que presta o sindicato, como a asesoría xurídica, que conta con oito avogados/as, tres graduados/as sociais e cinco técnicos. “Neste tempo estivemos presentes en máis de 9000 xuízos”, comentou a modo de resumo da actividade desenvolvida polo gabinete xurídico.
Outro aspecto no que incidiu foi a solvencia económica do sindicato, que se mantivo a pesar da baixada da afiliación derivada da crise económica e da perda de emprego. “En definitiva, continuamos a fortalecer a central como expresión organizada da clase traballadora, coa finalidade de afianzar a loita obreira e a nosa presenza nas empresas e na rúa”.
Candidatura unitaria
O secretario comarcal da CIG de Vigo adiantou que polo momento hai presentada unha única candidatura á VII Asemblea Comarcal, aínda que o prazo de presentación de candidaturas remata 48 horas antes da celebración da Asemblea. Á cabeza desta candidatura figura o actual secretario comarcal, Alberto Gonçalves, que aspira a renovar a súa responsabilidade á fronte do sindicato durante catro anos máis.
“Fomos quen de artellar unha candidatura de consenso na que están representadas as distintas sensibilidades internas, sempre co horizonte da defensa do noso modelo sindical: asambleario, participativo, de combate, nacionalista e de clase”. Segundo sostivo, esta situación interna de unidade “permítenos enfrontar con maiores garantías a dura realidade sociolaboral que padecemos”.