Archivo | Comunicados RSS for this section

Pladesemapesga pide al Juzgado de Instrucción Penal N.º 2 de A Coruña llamar a declarar a Pablo Crespo, para conocer el propietarios del dominio web www.ppdegalicia.com y quien los paga

Pladesemapesga pide al Juzgado de Instrucción Penal N.º 2 de A Coruña llamar a declarar a Pablo Crespo, para conocer el propietarios del dominio webwww.ppdegalicia.com y quien los paga.

 

La Plataforma en Defensa del Sector Marítimo Pesquero de Galicia adopta esta decisión en un escrito presentado por su letrado Manuel Meiriño en la querella presentada por uno de los ex socios de la sociedad Imaro Contingencias Informáticas, al entender que procede “recibir declaración” a Pablo Crespo y Palmou responsables del PPdeG en el año 2004-2005 en el que, el querellante ,socio y administrador del dominio ( Carlos Hermo Catoria, representado por el letrado Luciano del Río, hermano de Paula Parado y con una amplia actividad en casos de corrupción en Galicia ) afirma no conocer a nombre de quien o quienes estaba la web.

 

El ex administrador de Imaro Contingencias Informáticas en su ratificación de la denuncia del día 3 de Febrero de 2017 ante el Juzgado de Instrucción 2 Santiago de Compostela Auxilio Judicial Nacional 0000381/2016, en la que afirma que en el año 2005 el dominio web http://www.ppdegalicia.com estando el querellante Sr Carlos Hermo Catoira, de Director y Administrador Mancomunado de la entidad IMARO CONTINGENCIAS INFORMÄTICAS , no pertenecía a esa sociedad), declarando que el dominio fue registrado en el 2008……( Según la normativa del ICANN solo pueden transferir dominios el titular de los mismos o el contacto administrativo de la empresa que los tiene.)…VER, REGISTRO PROPIEDAD DE DOMINIOS EN INTERNET ESPAÑA…

https://whois.icann.org/es/lookup?name=www.ppdegalicia.com donde consta acreditado la propiedad del registro de la web http://www.ppdegalicia.com desde el año 2000 a día de hoy.

 

La petición de declaración a los responsables del PPdeG se enmarca en las diligencias que está practicando el juez como paso previo al cierre de la investigación de la QUERELLA contra la Plataforma y Miguel Delgado, los que denunciaron públicamente la Propiedad de la web del Partido Popular de Galicia a nombre de una entidad privada mercantil, sin que a día de hoy el Secretario y Presidente de la Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo tras varias peticiones de aclaraciones o desmentidos haya respondido.

 

El PPdeG envía el “RECADO” a PLADESEMAPESGA exigiendo el borrado de toda la información relacionada con la web del http://www.ppdegalicia.com

 

‘El PPdeG’ cierra su web oficial de Galicia www.ppdegalicia.com tras la denuncias de PLADESEMAPESGA. Una gran polémica sin respuestas que deberían solicitar desde la oposición…La página web del http://www.ppdegalicia.com no quieren que compruebes las denuncias de Pladesempesga de presuntas irregularidades y tras cerrarla este día 4 de Agosto de 2016 la redirigen a http://www.feijoo.gal

Tras capturar las pantallas de http://www.intro.ppdegalicia.com PP de Galicia ,www.actualidade.ppdegalicia.com Actualidade , http://www.info.ppdegalicia.com ywww.planet.ppdegalicia.com para su comprobación PLADESEMAPESGA lo achaca a las múltiples presuntas irregularidades que ya son de conocimiento público. Pladesemapesga una semana antes recibió el “RECADO” del Partido Popular exigiendo el borrado de toda la información relacionada con la web delwww.ppdegalicia.com algo a lo que se hizo caso omiso. La citada web aparece documentada bajo propiedad de IMARO CONTINGENCIAS INFORMÄTICAS, S.L compuesta por cuatro socios cuyos datos acreditados bajo peritación web, no dejan lugar a las dudas a pesar de “HACER EL BORRADO tipo ordenador de Bárcenas”, por que si no….? , a los pocos días aparece borrada y redirigida a http://www.feijoo.gal

 

PLADESEMAPESGA en los pasos previos a la querella , conciliación, se ratifico en todo lo publicado y asumido por su Presidente Miguel Delgado, al no constar tras varias peticiones de aclaraciones o desmentidos respuesta alguna, y consideran el empecinamiento de la querella “intereses políticos del Partido Popular en Galicia contra la Plataforma Marítima y su Presidente por no ceder alchantaje contra la libertad de expresión para borrar el contenido, ni cambiar su linea editorial”.

Referencias;

http://www.pladesemapesga.com/descargas/denunciavidalpardo-migueldelgado.pdf

http://pladesemapesga.com/descargas/ultrajevoluntariosprestige/LaXuntaEmbargayVacialaCunetadePladesemapesga.pdf

http://www.cita.es/pladesemapesga.pdf

http://stadiosport.opennemas.com/articulo/galicia1/fundacion-fremss-presenta-conciliaciones-judiciales-pladesemapesaga-y-presidente-miguel-delgado/20140619165156016494.html

https://vgomagazine.wordpress.com/2013/09/07/el-presidente-de-pladesemapesga-absuelto-de-la-demanda-de-danos-al-honor-de-evaristo-lareo-y-la-cofradia-de-caion-en-la-que-pedia-60-000-euros/

http://www.elplural.com/2016/09/20/el-equipo-de-ppdeg-punto-de-ser-imputados-por-la-fiscalia-raiz-de-la-creacion-de-perfiles

http://pladesemapesga.com/inicio/portada/174-pladesemapesga-denuncia-ante-la-xunta-electorald-e-galicia-y-la-fiscalia-un-fraude-gigantesco-de-perfiles-falsos-del-ppdeg-para-lograr-la-mayoria-de-la-xunta-de-galicia

https://vgomagazine.wordpress.com/2016/10/18/pladesemapesga-denuncia-una-trama-orquestada-desde-la-presidencia-de-la-xunta-de-galicia-para-desprestigiar-a-bng-marea-podemos-rivales-politicos-de-feijoo-a-la-xunta/

https://botsdetwitter.wordpress.com/2016/09/11/trolls-y-perfiles-falsos-en-el-pp-de-lugo/

http://pladesemapesga.com/inicio/portada/160-el-partido-popular-de-galicia-tras-no-ceder-pladesemapesga-a-las-amenazas-y-coacciones-judiciales-cierra-su-pagina-web-a-un-mes-y-medio-de-las-elecciones-gallegas

http://accionytransparenciapublica.com/176-el-ppdeg-envia-el-recado-a-pladesemapesga-exigiendo-el-borrado-de-toda-la-informacion-relacionada-con-la-web-del-www-ppdegalicia-com

A SECCIÓN SINDICAL DA CIG EN GKN DRIVELINE VIGO DENUNCIA AS CONDICIÓNS DE SAÚDE LABORAL NA EMPRESA

A sección sindical da CIG en GKN Driveline E vIGO (antiga Indugasa) denuncia que as condicións de seguridade e saúde laboral na empresa non cumpren cos parámetros legalmente establecidos, en concreto o R.D. 486/97 de 14 de abril sobre disposicións mínimas de seguridade nos lugares de traballo.

A reprfesentación sindical da central na compañía do sector da automoción lembra que levan dende o ano 2012 requiríndolle á dirección que “tome en serio o problema do stress térmico na fábrica de Vigo”.

Segundo indican, a empresa conta cun protocolo de stress que prevé dentro das instalacións temperaturas de 45 graos, só facilitando auga e facendo paradas a partir dos 36. “Isto fai que os traballadores/as teñan que soportar xornadas a máis de 30 graos sen que a empresa faga nada para evitar esta terríbel situación que padece o persoal de taller”.

Neste senso, sinalan que o real decreto 486/97, que regula as condicións ambientais dos lugares de traballo, marca uns parámetros de entre 14 e 25 graos. “Mais nestes pasados días 23 e 24 de maio estivemos a máis de 40”.

Ante a situación de perigo que se viviu neses días para a integridade física dos traballadores/as, dende a CIG reclamáronlle á empresa que active o protocolo de stress e se apliquen as medidas que contempla. “A resposta da empresa é que non se vai aplicar até o 1 de xuño, como se a calor fose un factor determinado polo día e o mes do ano”.

Desvanecementos no posto de traballo

Ao mesmo tempo, lembran que con anterioridade xa se rexistrou “algún desvanecemento dalgún compañeiro/a, mais sen consecuencias graves, polo que de momento non temos que lamentarnos de que sucedese unha desgraza fatal entre os empregados/as”

Critican que co novo Plan Industrial a situación ambiental da fábrica non mellorou senón que empeorou. “Un caso especial é o do novo taller de árbore situado nunha zona sen ningunha ventilación e que mantén unhas temperaturas moi altas de forma constante tanto de noite como de día”.

Explican que dende que a empresa subcontratou a asistencia xeral que ten que atender as instalacións -eliminado postos de traballadores/as de GKN- as instalacións destinadas a reducir a calor están estragadas, sen o mantemento necesario, e mal atendidas.

Tamén denuncian que empresa incumpre a lei ao non dar a información necesaria aos representantes dos traballadores/as sobre o mapa de temperaturas, humidade ou velocidade do aire. “Ademais, colocan os termómetros fóra dos talleres onde están as máquinas e os operarios/as, dando medicións moito máis baixas que as que realmente se sofren nos postos de traballo”.

Como consecuencia, a empresa crea un clima de traballo precario e insalubre dentro da fábrica ao non velar pola saúde dos traballadores/as.

Diante disto, dende a CIG pregúnstanse se é este o futuro do Plan industrial de GKN-Vigo, se prevalecen máis outros factores que a saúde dos traballadores/as. “O persoal está nunha situación límite e cremos que se isto segue así non desbotamos comezar a mobilizarnos”.

Finalmente, reclámanlle á dirección que “remate con esta deriva de subcontratación e precarización na fábrica que fai empeorar o noso servizo” e que se preocupe por “contar cun sistema de climatización digno da empresa que di ser”.

MISA DEL PEREGRINO POR VENEZUELA

EN LA CATEDRAL DE SANTIAGO DE COMPOSTELA – GALICIA

Día: Domingo 21 de mayo

Hora: 12 hr = Misa del Peregrino

           13 hr = Concentración y Firma de Lienzo en Plaza de la Quintana

Lugar: Catedral de Santiago de Compostela, Praza do Obradoiro, s/n, 15704 Santiago de Compostela, A Coruña

Comunicado- Carta ao Director/Opinión.

A HISTORIA REPÍTESE

O sector naval galego, despois destes anos de reconversión encuberta, segue sen levantar cabeza. Lonxe do efecto propagandístico das noticias que saen na prensa, día si e día tamén, anunciando a tan esperada recuperación dun sector estratéxico para o país e o máis importante da industria da comarca de Vigo -xunto coa automoción- segue a vivir os momentos máis baixos de ocupación da súa historia. Sendo este sector actualmente o de maior capacidade para incidir na recuperación económica do conxunto das bisbarras de Vigo e de Pontevedra, dado o seu volume de negocio e a súa capacidade de contratación.

O aumento de contratacións no ultimo ano é unha realidade, mais é necesario salientar o tipo de buques contratados: barcos de pesca pequenos, remolcadores, multipropósito… que xeran pouca carga de traballo, o que se traduce na contratación dun número cativo de traballadores/as. Nestes intres, exceptuando o estaleiro mediano Paulino Freire de Vigo, cunha carga de traballo estábel para os próximos anos, o resto de estaleiros pequenos son os que soportan realmente a carga de traballo, polo que o número de traballadores/as no sector non chega aos 1.000.

É neste contexto de desfeita, cos estaleiros principais sen actividade -por certo os únicos con capacidade real de incidir no aumento da contratación de traballadores/as no sector-, que volve repetirse o acontecido con Gas Natural en 2013. Naquel ano Gas Natural contratou catro gaseiros a estaleiros asiáticos, o coreano Hyundai e o xaponés Imabari, sendo a que contrataba unha empresa española e con axudas da Administración española. Isto provocou unha gran polémica que derivou na contratación de catro petroleiros en colaboración coa tamén coreana Daewoo, que están a construírse no grupo Navantia.

Esta situación repítese agora co anuncio das armadoras españolas Balearia, que hai uns días presentou un plan para o incremento da frota con tres novos ferris a construír antes de 2019 (un en Sestao e os outros dous no estaleiro Italiano Canteri Navale Vissentini), e Armas, coa construción doutro ferri no estaleiro australiano Incat, con entrega tamén en 2019. Estas armadoras foron clientes no seu momento, con Suardiaz e Transmediterránea, do estaleiro privado máis grande do Estado (o vigués Barreras). Este estaleiro segue na actualidade sen carga de traballo e co seu futuro cando menos comprometido.

Cabe preguntarse por que estas armadoras escollen estaleiros foráneos, onde os custos son maiores, e estando os nosos á mesma altura tecnolóxica. Sería tamén importante saber que axudas están a recibir estas armadoras do Estado. Que hai detrás destas decisións nos momentos máis comprometidos para a continuidade do sector naval? Cal é aposta das armadoras españolas e do Goberno central para protexer ou mesmo potenciar este sector?

O sector naval, a pesar da súa redución a nivel estatal, segue a representar a nivel galego unha industria estratéxica e básica para o desenvolvemento industrial e económico da noso país, actuando como dinamizador doutros sectores en dúas comarcas basicamente industriais como son Ferrol e Vigo.

Temos exemplos de Estados como Corea ou Xapón que realizaron políticas dirixidas ao mantemento e fortalecemento do sector naval, e mesmo temos casos nalgún Estado da Unión Europea. Isto contrasta, unha vez máis, coa falta de compromiso e plans industriais do Estado español e da Xunta de Galiza na procura de dar unha saída ás necesidades das armadoras a través da nosa propia industria.

Vigo, 18-05-2017.

César Rodríguez Martínez. D.I: 36086222-G.

Responsábel do naval na CIG de Vigo.

Xoves 18 – Presentación da Guía de Axudas Sociais na A.VV. O Torreiro de Coia

Volvemos a enredar da man da Guía de Axudas Sociais. Grazas ao convite da xente da asociación de veciños “O Torreiro de Coia” o xoves 18 de maio falaremos sobre dereitos sociais coa escusa da presentación da Guía de Axudas Sociais. Información ao servizo das persoas!
Será a partires das 20:30 no local que a A.VV. O Torreiro de Coia ten na rúa Salvaterra 13 baixo, no centro comercial 2 de Coia.
Na guía hai información, consellos, alternativas…que pensamos útiles para aquelas persoas que pensan acudir, ou xa o fixeron, aos servizos sociais na procura de respostas ante ao empobrecemento que cada día padecemos máis veciñas.

A plataforma cidadá ‘Queremos Galego’ na comarca de Vigo chama a participar masivamente na manifestación nacional do 17 de maio

Vigo, 15 de maio de 2017

Esta mañá a plataforma cidadá Queremos Galego (QG) na comarca de Vigo fixo un chamamento a toda a poboación a participar “de xeito masivo” na manifestación que a plataforma cidadá convoca para esta cuarta feira 17 de maio. A marcha partirá as 12h desde a Alameda de Santiago de Compostela baixo o lema “En galego, sen límites”. Na comparecencia pública, realizada ás 11h diante do mercado do Calvario, participaron a coordenadora de Queremos Galego en Vigo, Elsa Quintas, e mais o portavoz comarcal, Pepe  Carreiro, quen estiveron acompañados por representantes de diferentes organizacións que fan parte de QG.

 

Elsa Quintas salientou a  importancia desta convocatoria que ten por obxectivo expresar que “queremos vivir nun país onde a lingua propia estea presente en todo e para todo, sen exclusións, onde a utilización do noso idioma noso idioma non este sometido á vontade allea”. Neste sentido Quintas defende “un país no que poidamos gozar da cultura, do lecer e da vida, na mellor ferramenta que criamos para o facer: o galego”.

 

Pola súa banda, Pepe Carrreiro, asegurou que “lingua e futuro de Galiza camiñan da man”. “Defender o futuro da nosa lingua é defender o noso futuro como pobo”, explicou. Con todo, o debuxante amosouse esperanzado. “Temos esperanza, ilusión, vontade, compromiso para mantelo vivo, para superarmos todos os atracos, para podermos vivir en galego, sen límites”. Baixo esa perspectiva a mobilización do 17 procura tamén exixir á Xunta que cumpra coa súa obriga de promover e normalizar o uso do galego, e denunciar o incumprimento da Lei de normalización lingüística, que vén de cumprir tres décadas da súa aprobación.

 

Desde a comarca de Vigo fletaranse autobuses para desprazarse até Compostela. Para solicitar praza nos mesmos facilítase o teléfono 986 82 79 00 e os locais do sindicato CIG. Toda a información está dispoñíbel no sitio web www.queremosgalego.gal

______

En Galiza asináronse 74.091 contratos no mes de abril, pero o paro reduciuse só en 5427 persoas

 

  • A temporalidade e a rotación do emprego son as principais características dun mercado laboral galego cada vez máis precarizado

 

VIGO/04-05-2017

No noso país asináronse durante o mes de abril un total de 74.091 contratos, mais o descenso do número de parados/as foi unicamente de 5427, o que amosa ben ás claras a principais características do mercado laboral galego: a temporalidade e a rotación. Ademais, a baixada do paro foi máis acusada no conxunto do Estado (un 3,49% de media fronte ao 2,58%). Deste xeito, o número de persoas rexistradas nos servizos públicos de emprego en Galiza sitúase nas 204.629.

 

Abril é un mes no que tradicionalmente ten lugar un descenso do desemprego, mais este ano, ao coincidir coa Semana Santa, esta baixada foi lixeiramente máis acusada que en anos precedentes. As cifras rexistradas neste período amosan que o 70% deste descenso foi no sector servizos, mentres que o 75% dos contratos asinados foron tamén neste sector.

 

Ao mesmo tempo, os datos deixan ver de novo unha tendencia que continúa imparábel: a perda constante na calidade do emprego, tal e como se desprende do feito de que o 91,6% dos contratos contabilizados o mes pasado foi rexistrado baixo algunha das modalidades de contratación temporal. De feito, máis do 30% dos contratos duran menos dunha semana.

 

A alta rotación dos postos de traballo é outro dos lastres que pesan sobre o noso mercado laboral, xa que neste período asináronse 74.091 contratos pero o paro reduciuse unicamente en 5427 persoas. Ademais, a protección social dos desempregados/as continúa a descender, xa que a porcentaxe de parados/as que percibe algún tipo de prestación baixou do 48,5% ao 47,6%, case un punto menos.

 

En resumo, o lixeiro descenso do paro rexistrado no mes de abril grazas á estacionalidade do emprego vinculado ao sector servizos vai ligado a un incremento da precariedade e da desprotección social ás persoas desempregadas. Paralelamente, continúa a consolidarse a figura do traballador/a pobre, que vai camiño de converterse en estrutural.

 

Derrogación das reformas e cambio de políticas

 

O secretario confederal de Emprego e Industria, Miguel Malvido, sinala que detrás deste comportamento negativo atópanse as últimas reformas laborais aplicadas por PSOE e PP, “que só serviron para afondar na precarización do emprego e na perda de dereitos laborais e sociais”. Así, para o responsábel sindical calquera recuperación do mercado laboral e da calidade do emprego ten que pasar pola súa derrogación e por un cambio de políticas.

 

Finalmente, lembra que a central nacionalista achegou unha serie de medidas alternativas neste sentido a través dunha Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) que incluía 100 medidas para o crecemento económico e a creación de emprego en Galiza que foi defendida no Parlamento galego polo secretario xeral antes de ser rexeitada cos votos do PP.

 

A CIG presenta conflito colectivo contra o prezo das horas extras en Vitrasa ao entender que é “ilegal” por ser inferior ao das ordinarias

A sección sindical da empresa de transportes viguesa rexeita tamén o sistema de contratación “por precario e fraudulento”

 

Vigo/29-04-2017

A sección sindical da CIG en Vitrasa, concesionaria do servizo de transporte urbano de Vigo, vén de presentar denuncia por conflito colectivo contra o prezo das horas extra recollido no novo convenio, ao entender que é ilegal xa que se pagan por debaixo das ordinarias. Ao mesmo tempo, puxeron en coñecemento da Inspección de Traballo a crecente precarización na política de contratación da empresa, que consideran fraudulenta xa que se utilizan distintos traballadores/as eventuais para cubrir os mesmos postos co obxectivo de evitar o período de tempo necesario para convertelos/as en fixos/as e que xeneren antigüidade.

 

A sección sindical da CIG na compañía viguesa de transportes decidiu presentar o conflito colectivo ao entender que o convenio asinado pola maioría do comité (CCOO, USO e UGT), de seis anos de duración, é ilegal no referente ao prezo das horas extras, xa que as retribucións por este concepto pactadas son moi inferiores ás das horas ordinarias, incumprindo o artigo 35.1 do Estatuto dos Traballadores/as, que establece que teñen que ser alomenos ao mesmo prezo. “O abuso é maiúsculo se temos en conta que o convenio nos obriga en calquera suposto a realizar as horas que marque o servizo asignado”, indican.

 

Esta circunstancia provoca que, coa finalidade de aforrar custos, o número de horas extras sexa desmesurado, “penalizando así a contratación”. A situación prodúcese a pesar de que esta irregularidade foi posta en coñecemento da Xunta por parte da CIG antes de rexistrar o convenio, “mais incomprensibelmente procederon a inscribilo sen modificar”.

 

Sistema de contratación fraudulento

 

Ao mesmo tempo, a sección sindical volveu denunciar ante a Inspección de Traballo o que consideran un sistema de contratación fraudulento xa que se utilizan distintos empregados/as temporais para cubrir os mesmos postos, incumprindo o artigo 15.5 do Estatuto dos Traballadores/as. Despois envíaselles ao paro cada certo tempo para evitar que xeneren antigüidade na empresa e esquivando os períodos de contratación necesarios (24 meses nun período de 30) para quedar fixos/as.

 

“Solicitamos unha actuación contundente da autoridade laboral, xa que a pasividade e inacción habituais ante as denuncias que presentamos contra a concesionaria impídenos defender os dereitos laborais dos nosos compañeiros/as”. Neste senso, sosteñen que a deixadez é tal que as últimas denuncias presentadas en Inspección de Traballo foron contestadas “de maneira vaga e ambigua”, evitando intervir para solucionar os problemas expostos.

O mercado laboral galego destruíu 16.000 postos de traballo no primeiro trimestre do ano

 

  • A poboación activa de menos de 35 anos reduciuse en 9400 persoas

 

Vigo/27-04-2017

O noso país perdeu un total de 16.000 empregos nos tres primeiros meses de 2017, mentres que o número de parados/as rexistrados/as foi de 12.900, segundo os datos da Enquisa de Poboación Activa (EPA). Neste período tamén se produciu un descenso da poboación activa en 3000 persoas con respecto ao trimestre anterior, dato que resulta aínda máis preocupante entre a xente nova, onde a caída de activos/as foi de 9400. A isto hai que sumar o aumento do número de fogares con todos os seus membros activos no paro, un total de 4300 máis que nos tres meses anteriores.

A continúa perda de poboación activa, xunto á caída da ocupación, é o dato máis preocupante do mercado de traballo en Galiza; esta situación agravouse nestes últimos anos ao sumarlle a esta menor incorporación de activos o fenómeno da emigración.

A redución da poboación activa no último trimestre foi de 3000 persoas con respecto ao período anterior. Este dato é aínda máis preocupante se analizamos a evolución dos activos/as por grupos de idade, xa que novamente nos atopamos que entre a poboación máis nova -menores de 35 anos- a caída é moito maior: 9.400 activos/as menos.

2016/I 2016/IV 2017/I Variación I2017/IV2016
Total 2.351,10 2.349,30 2.347,30 -2,00
Activos 1.249,00 1.253,80 1.250,80 -3,00
Poboación ocupada 1.021,10 1.049,60 1.033,60 -16,00
Poboación parada 227,9 204,2 217,1 12,90
Inactivos 1.102,20 1.095,50 1.096,60 1,10

Fonte: IGE. EPA. Datos en milleiros.

Ao mesmo tempo, esta perda de activos paliou o incremento do paro, xa que se ben se perderon 16.000 postos de traballo en tan só un trimestre, o número de parados/as incrementouse en 12.900.

Xunta á perda de poboación activa, a destrución de 16.000 empregos nun só trimestre é outro dato a ter en conta, sobre todo neste momentos de elevadas taxas de paro e emigración. No mesmo período do ano anterior a poboación ocupada descendera en 11.000 persoas, polo que o preocupante non só é a perda de emprefo en si senón o feito de que semella que esta tendencia se está a agravar.

A perda de emprego afectou a todos os sectores produtivos, sendo nos servizos onde se produciu a maior baixada, cun total de 10.100 ocupados/as menos.

Outro dato relevante amosa que o 62% dos postos de traballo destruídos foron na provincia da Coruña; poboación ocupada aumentou unicamente en Lugo, pero en tan só 300 persoas. Outra cuestión moi preocupante ten que ver con que a maioría dos empregos destruídos -concretamente o 91%- era a xornada completa.

Esta forte perda de emprego implicou un incremento da taxa de paro de máis dun punto, situándose no 17,4% da poboación activa (17,2 a masculina e 17,5 a feminina), cando no trimestre anterior acadaba o 16,3%. Paralelamente, isto fixo que de novo se incrementara o número de fogares na que todos os activos/as están no paro, acadando os 73.900, un total de 4.300 máis que no trimestre anterior.

Precarización, empobrecemento e exclusión

O secretario confederal de Emprego e Industria da CIG sinala en primeiro lugar a incidencia que a perda da poboación activa está a ter sobre todo entre a xente nova, o que amosaría o fracaso do Plan de Garantía de Emprego Xuvenil, iniciativa financiada con fondos europeos. Neste senso, Miguel Malvido considera que “perdemos a oportunidade de aplicar un verdadeiro plan de emprego xuvenil, xa que queda demostrado que este non cumpriu os obxectivos”.

Outro dato moi preocupante para o responsábel sindical ten que ver con que a maior parte dos empregos destruídos neste período eran a xornada completa, “o que deixa ver a cada vez maior precarización do mercado do traballo que padecemos, e que é resultado directo das sucesivas reformas laborais impostas, unhas reformas que dende a CIG reclamamos sexan derrogadas”.

Finalmente, o secretario confederal de Emprego e Industria lembra que este tipo de políticas están a afondar no empobrecemento da clase traballadora, o que multiplica os casos de situación de emerxencia e exclusión social. Fronte a isto, chama ao conxunto da sociedade galega a participar nas mobilizacións convocadas pola CIG este Primeiro de Maio para reclamar a recuperación dos dereitos sociais e laborais roubados coa escusa da crise.

A CIG-Ensino fai un chamamento a participar na concentración deste mércores 26 de abril na Guarda en solidariedade cos traballadores despedidos e contra da represión no Centro San Xerome

A CIG-Ensino fai un chamamento a participar na concentración convocada este mércores 26 de abril na Alameda da Guarda, ás 12 da mañá, unha concentración de solidariedade e apoio aos dous traballadores despedidos no Centro de atención a persoas con discapacidade, San Xerome Emiliani.

Despídenos alegando causas económicas, mais estes traballadores están subrogados do Concello da Guarda para realizar o traballo de mantemento de zonas verdes e a CIG-Ensino ten constancia de que o concello está completamente ao día nos pagos. Un dos despedidos é delegado de persoal da CIG-Ensino.

As pácticas represivas exercidas polo Xerente, Feliciano Valcárcel, son o pan de cada día no centro. Desde que accedeu ao posto en 2008 sucédense os conflitos, sirva como exemplo o intento de despedimento dun traballador que foi ditaminado como nulo polo xulgado ou o intento reiterado de modificación da xornada sen ter en conta o que di o Convenio e pola que a CIG-Ensino tivo que unha demanda de conflito colectivo que gañamos. Para a CIG-Ensino, Valcárcel está a actuar como o peor dos empresarios, perseguindo e coaccionando os traballadores e traballadoras cun acoso permanente. Desmantelou o posto de traballo do presidente do Comité de empresa, carpinteiro de profesión, para poñelo a traballar desbrozando camiños, un traballo que deberían facer, como de feito fixeron até este ano, os xardineiros do Centro especial de emprego, que agora pretende desmantelar este xerente. E estes despedimentos súmanse aos cinco habidos en anos anteriores e ás varias rescisións de contratos e marchas voluntarias habidas no centro, estas últimas como resultado dunha situación de represión insufríbel.

Valcárcel actúa con total impunidade, talvez porque se considera ben amparado polo PP, con que mantén estreitos lazos, como se puido comprobar na última campaña electoral en que chegou facer un acto político con Louzán dentro do centro, reunindo a todas as familias, ante as que o político prometeu grandes melloras no centro se votaban polo PP.

E por que sucede isto? Para a CIG-Ensino está moi claro: preténdese entregar a xestión do centro á iniciativa privada, buscando facer do servizo un negocio lucrativo para uns poucos. Témolo claro porque no centro San Xerome estanse a dar os mesmos pasos que antes se deron en ASPROMOR, outro centro de atención a persoas con discapacidade que era xestionado por unha asociación sen ánimo de lucro, mais que foi entregado a unha empresa privada que realizou un ERE extintivo por medio do cal se pechou o Centro Especial de Emprego. Hai coincidencias alarmantes: o intento de despedimento de delegados, o peche do taller de carpintaría para ser substituído por un taller de plásticos ou que o asesor do San Xerome sexa o mesmo que asesorou a Aspromor. O resultado desa maneira de xestionar Aspromor deu lugar ao endebedamento do centro, incremento de despedimentos e empeoramento do servizo. Por iso a CIG-Ensino considera que a propia Asociación propietaria do centro debería preocuparse polo que está a suceder, pola intención oculta de privatizalo, mais tamén porque se están a dilapidar os cartos que recibe o centro, entre outros da Xunta de Galicia, é dicir, diñeiro público, no pago de indemnizacións.

Para a CIG-Ensino esixe que se resolva a situación dos dous traballadores despedidos que deben volver ao seu posto de xardineiros e, neste sentido, agarda e demanda que o concello da Guarda apoie a estas persoas que viñeron realizando este traballo desde hai moitos anos.

A CIG-Ensino considera tamén que a solución aos problemas do San Xerome pasa polo cambio da xerencia, para finalizar coa represión e os atropelos aos dereitos das traballadoras e os traballadores, e que a Xunta de Galicia actúe corresponsabelmente para garantir que os fondos que destina ao centro non son dilapidados en despedimentos.

 

 

A Guarda, 25 de abril de 2017

CIG-Ensino Baixo Miño