O PARLAMENTO APROBA SOLICITAR AO GOBERNO CENTRAL QUE MELLORE A REGULACIÓN DA PUBLICIDADE SANITARIA PARA EVITAR ANUNCIOS ENGANOSOS
Encarna Amigo sinalou que a transformación e promoción publicitaria das últimas décadas motiva unha necesaria regulación específica da publicidade de centros, establecementos e servizos sanitarios
- “Se o principio de veracidade constitúe unha das bases do dereito á publicidade, cando se refire a produtos ou servizos médicos esta esixencia debe ser levada ao seu extremo”, apuntou
Santiago, 24 de maio de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei, impulsada polo Grupo Popular, a través da que se solicita ao Goberno central que mellore e clarifique a regulación da publicidade sanitaria no relativo a centros, establecementos, bens e servizos, para evitar anuncios enganosos e limitar especialmente todo aquilo que poda constituír un risco para a saúde, contando para elo cos colexios profesionais.
A deputada Encarna Amigo afirmou que “temos leis e decretos sobre publicidade e promoción comercial de produtos, actividades e servizos con pretendida finalización sanitaria, pero pensamos que pola transformación e promoción publicitaria das últimas décadas a regulación específica relativa á publicidade de centros, establecementos e servizos sanitarios precisa desenvolverse”.
“Analizando ao usuario dun servizo sanitario en sentido amplo, non debemos esquecer que os poderes públicos deben despregar unha actividade protectora dos dereitos dos consumidores e usuarios, prioritariamente no ámbito dos bens e servizos de uso ou consumo común”, manifestou.
ATENCIÓN ESPECIAL
Neste sentido, indicou que “a publicidade no ámbito sanitario esixe, por estar en xogo non só intereses económicos dos consumidores, senón tamén o seu dereito á saúde, unha atención especial por parte dos poderes públicos”. “Se o principio de veracidade constitúe unha das bases do dereito á publicidade, cando se refire a produtos ou servizos médicos esta esixencia debe ser levada ao seu extremo”, apuntou.
“Nunha sociedade que busca con avidez novas médidas que anuncien fórmulas cuasi-máxicas na prevención, curación e predición de enfermidades, e ten tendencia a crer cegamente nelas, a protección dos poderes públicos debe acentuarse desde a fase publicitaria”, sinalou a deputada popular. Deste xeito, indicou que “debemos amparar ao consumidor ou usuario con normas que persigan a publicidade enganosa, que se manifesta neste ámbito como un dos principais riscos para a saúde dos cidadáns”.
O TRAMABÚS chegou a GALICIA – Arranca hoxe de VIGO ás 15:00 H, dende a porta principal do Hospital Álvaro Cunqueiro.
O TRAMABÚS chegou a GALICIA – Arranca hoxe de VIGO ás 15:00 H, dende a porta principal do Hospital Álvaro Cunqueiro. |

Begoña Herminda (Secretaria de Participación PG), Carmen Santos (Secretaria Xeral PG) e Juan Merlo(Secretario de Organización PG)
Queridas inscritas e inscritos:
O Tramabús xa chegou a Galicia e vai percorrer os principais lugares do noso país; pois a Trama, malia que ten o seu epicentro en Madrid, extendeu a súas ramificacións, ou tentáculos a Galicia. É máis, nós consideramos que, desafortunadamente, a Trama ten «Denominación de Orixe Galega”.

Pero para visibilizar todos os casos de corrupción en cada recuncho do territorio precisamos que nos axudes. Como? A través do noso Tramabús recortable aquí https://drive.google.com/open?id=0B7zWpg9o-THtTVd2U0xjWDl3WTg: imprímeo e lévao de paseo aos puntos de corrupción máis destacados da túa cidade, vila ou parroquia, faite unha foto e súbea ás túas redes sociais (facebook, twitter, instagram, etc) co hashtag #TuTramaBus.

O TRAMABÚS arranca HOXE de VIGO ás 15:00 H, dende a porta principal do Hospital Álvaro Cunqueiro, gran símbolo do negocio indecente do PPdG a costa da sanidade dos galegos e galegas.

Informaremos da ruta a través das redes sociais oficiais de Podemos Galicia!
Por último, adxuntamos o cartaz da manifestación do #20M para difundir nas vosas redes e deste xeito apoiar a#MociónDeCensura e a #MociónCidadá.
Unha forte aperta!

O PARLAMENTO INSTA Á XUNTA A CONTINUAR APOIANDO AO SECTOR LÁCTEO GALEGO, TANTO A NIVEL NACIONAL COMO EN EUROPA
José González afirmou que “a rendibilidade das explotacións virá tanto polo incremento dos prezos de venta como pola maior eficiencia na xestións dos custes da produción”
- Indicou que “temos que reforzar aos produtores, para que sexan fortes e con suficiente información; ao tempo que temos que incrementar a base territorial das explotacións”
Santiago, 12 de abril de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, a iniciativa do Grupo Popular, instar á Xunta de Galicia a continuar co seu apoio ao noso sector lácteo mediante o mantemento das medidas e axudas xa implantadas, ao tempo que manteña o seu papel activo na defensa do sector lácteo, tanto no ámbito nacional coma no da Comunidade Europea.
O portavoz do Medio Rural do Grupo Popular, José González Vázquez, fixo un repaso polas numerosas medidas levadas a cabo nos últimos anos polo Goberno galego na defensa do sector lácteo. “Trátase dun conxunto de medidas vertebradoras e orientadas a garantir a pervivencia das explotacións lácteas a través da súa rendibilidade, que virá tanto polo incremento dos prezos de venta como tamén pola maior eficiencia na xestión dos custes de produción”, apuntou.
CONTROIS
José González concretou que a Consellería do Medio Rural vén realizando nos últimos anos todos os controis que tiña asignados no desenvolvemento do Plan Nacional de Controis do Paquete Lácteo para velar pola axeitada aplicación do mesmo. Neste sentido, manifestou que “as infraccións detectadas, en función de quen é o órgano competente para a súa tramitación, ou ben son denunciadas á AICA ou ben son tramitadas como expedientes sancionadores por esta administración”.
Así mesmo, salientou que na aplicación en España da última Reforma da PAC conseguiuse establecer unha axuda acoplada para o sector lácteo cunha dotación de 94 millóns de euros, o que representa un incremento do 56 por cento respecto da contía anterior.
“A Consellería do Medio Rural tamén tivo moi presente a este sector no deseño do PDR 2014-2020 o que se traduce en apoios a través de axudas para o apoio á implantación de métodos de produción máis extensivos ou para as explotacións en zonas con limitacións naturais”, explicou.
O portavoz do Medio Rural tamén fixo referencia ás medidas postas en marcha polo Goberno central ao longo do último ano, tanto de apoio ás organizacións produtoras, como de promoción do consumo, a concesión de créditos a gandeiros de vacún de leite, a divulgación dos contratos lácteos, a potenciación do papel do INLAC ou o Plan estratéxico para a industria láctea.
“Xa está ben de dicir que non facemos nada, porque queda manifestado que non é así, como tamén é certo que se poden facer máis cousas, para as que xa temos a orientación do traballo a facer”, sinalou González Vázquez.
Máis en concreto, indicou que “temos que reforzar aos produtores, para que sexan fortes e con suficiente información; ao tempo que temos que incrementar a base territorial das explotacións”.
O PARLAMENTO INSTA Á XUNTA A IMPULSAR, XUNTO COA FEGAMP, A CREACIÓN DE CEMITERIOS QUE ATENDAN OS SOTERRAMENTOS CONFORME AOS REQUISITOS DAS CONFESIÓNS MINORITARIAS
Esta proposición non de lei “resolve un problema de carácter humano, avanzando no exercicio dos dereitos civís das minorías de Galicia”, sinalou Alberto Pazos
- Pazos concretou que “queremos facer unha defensa do modelo democrático, que aposta decididamente por outorgar un estatus público ao feito relixioso, de calquera confesión”
- “Á Xunta correspóndelle o impulso para abordar un problema que afecta a un bo número de familias galegas, pero non podemos esquecer que a de cemiterios é unha competencia básica da administración local”, explicou
Santiago, 5 de abril de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe unha proposición non de lei, a iniciativa do Grupo Popular, a través da que se insta a Xunta de Galicia a impulsar, conxuntamente coa FEGAMP, a creación de cemiterios de carácter supramunicipal que podan atender a demanda de enterramentos conforme aos criterios das confesións relixiosas minoritarias con maior arraigamento en Galicia. Así mesmo, demándase a modificación do Decreto 151/2014 de sanidade mortuoria de Galicia, para regular aqueles soterramentos que teñan que ser feitos en contacto coa terra.
O deputado Alberto Pazos explicou que con esta iniciativa parlamentaria preténdese dar unha solución á problemática que padecen cidadáns, tanto estranxeiros como un crecente número de cidadáns galegos, para dar sepultura aos seus seres queridos cumprindo cos requisitos establecidos polos seus respectivos credos relixiosos.
“Nalgúns casos óptase por subscribir un seguro que permita a repatriación dos seus restos mortais ao seu país de orixe, pero cando as posibilidades económicas non permiten a subscrición deste seguro, son os outros membros da comunidade os que deben argallar distintas solucións para poder repatriar eses restos funerarios, asumindo unha tarefa administrativa moi complexa, ademais de sufragar uns custos de traslado certamente importantes, que oscilan entre os 5.000 e os 14.000 euros”, indicou.
RESOLVER PROBLEMA HUMANO
Alberto Pazos sinalou que esta proposición non de lei “resolve un problema de carácter humano, avanzando no exercicio dos dereitos civís das minorías de Galicia”. “O PPdeG defende o principio de liberdade relixiosa e de cooperación dos poderes públicos coas confesións, consagrado no artigo 16 da Constitución Española”, sinalou.
“Nun tempo no que os ataques a proxección pública de calquera elemento relixioso parece estar xustificada baixo o falso argumento de que a perfección democrática só se alcanza a través da aplicación dos principios laicistas, queremos facer unha defensa do modelo democrático, que aposta decididamente por outorgar un estatus público ao feito relixioso, de calquera confesión, e sen mais límite que o que establece o único libro que a todos nos representa e a todos nos obriga: a Constitución Española de 1978”, manifestou.
COMPETENCIA DA ADMINISTRACIÓN LOCAL
O deputado popular indicou que “á Xunta de Galicia correspóndelle o impulso para abordar un problema que afecta a un bo número de familias galegas, ben sexa de orixe, ben sexa polo seu sentimento de pertenza a esta terra; pero non podemos esquecer que a de cemiterios é unha competencia básica da administración local”.
Porén, a pesar do incremento no número de cidadáns que profesan relixións minoritarias, dificilmente os concellos poderían dar solución a esta problemática de modo individual, debido fundamentalmente á dispersión xeográfica desta poboación e a falta de masa crítica que xustifique a creación de cemiterios destas características en cada un dos concellos galegos ou incluso en concellos puntuais.
“Por iso creemos que a mellor maneira de abordar esta cuestión e mediante a colaboración coa FEGAMP, lexítima representante do conxunto do municipalismo galego, a fin de buscar a solución mas acaída a cada caso de maneira conxunta e mais racional”, asegurou Alberto Pazos.
O PARLAMENTO INSTA Á XUNTA A DOTAR DE SERVIZOS DE BANDA LARGA ULTRARRÁPIDA A AUTÓNOMOS E EMPRESAS ILLADAS DO RURAL
- “Queremos dar un paso máis na equiparación da calidade de vida entre o rural e as contornas urbanas, axudando na fixación de habitantes e empresas no medio rural”, manifestou Moisés Blanco
Santiago, 16 de marzo de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe unha proposición non de lei, a iniciativa do Grupo Popular, a través da que se insta á Xunta á posta en marcha de actuacións que permitan dotar de servizos de banda larga ultrarrápida a aqueles autónomos e empresas illadas situadas no rural que se atopan en situación de desigualdade dixital fronte ás empresas das zonas máis urbanas.
O portavoz de Novas Tecnoloxías, Moisés Blanco, lembrou que o Plan de Banda Longa 2010-2013 da Xunta de Galicia permitiu que a práctica totalidade da poboación galega dispuxera de cobertura de cando menos 2 megabytes e que a metade da poboación tivera cobertura de redes de nova xeración de máis de 100 megabytes.
MELLORA DA COMPETITIVIDADE
“Porén, a rápida evolución das tecnoloxías fai preciso, ademais dunha cobertura universal, velocidades de banda larga moito máis elevadas para garantir o acceso a novos e cada vez máis sofisticados servizos dixitais, que posibiliten a mellora da competitividade das empresas, un aspecto fundamental na innovación e o progreso do rural”, indicou.
Por este motivo, o Goberno galego puxo en marcha o Plan de Banda Larga de Galicia 2020. Neste momento xa se está a levar a cabo a primeira das actuacións deste Plan, coa que se dotará de redes de banda larga ultrarrápida a 81 polígonos industriais que non contan con cobertura nin previsión de dispoñer deste servizo. “En concreto, está previsto que para 2018 un total de 130 polígonos, nos que se concentra case o 93 por cento da superficie empresarial ocupada, disporán de acceso a redes de máis de 100 Mbps”, dixo.
Moisés Blanco sinalou que, “lonxe de conformarnos, con esta iniciativa queremos dar un paso máis na equiparación da calidade de vida entre o rural e as contornas urbanas, axudando na fixación de habitantes e empresas no medio rural”. “A dotación destes servizos de banda longa ultrarrápida ás zonas máis illadas do rural facilitarán a igualdade entre as empresas das zonas urbanas e do rural”, apuntou.
O PARLAMENTO SOLICITA A CREACIÓN DUNHA LISTA DE REFERENCIA COAS EMBARCACIÓNS INTERESADAS EN PARTICIPAR NAS PESQUERÍAS NO CALADOIRO DO CANTÁBRICO E NOROESTE
Santiago, 14 de febreiro de 2017.- O Parlamento galego aprobou hoxe dirixirse ao Goberno central para que impulse a creación dunha lista de referencia, de xeito similar á que xa existe para a flota do bonito, na que as embarcacións amosen con carácter previo o seu interese en participar nas distintas pesqueirías dentro do plan de xestión do Caladoiro Nacional Cantábrico e Noroeste.
O portavoz do Mar do Grupo Popular, Carlos López Crespo, lembrou que máis dun cento de embarcacións con porto base en Galicia, entre elas palangreiros de superficie, algúns cerqueiros e flota de artes menores, participan cada ano na costeira do bonito. Para facelo, os interesados remiten á Administración española unha solicitude a fin de que esta elabore unha lista de aspirantes e a remita, unha vez pechada, á Unión Europea e ao ICCAT (Organismo internacional que xestiona e controla as pesqueirías de túnidos no Atlántico).
MODELO MOI ÚTIL
“Este modelo resulta moi útil tanto para os profesionais que participan na costeira, como para as entidades encargadas de facer o seguimento e xestión da campaña que, na maioría das ocasións, son as propias federacións de confrarías”, indicou López Crespo, quen apuntou que a creación dunha lista de referencia “pode ser beneficiosa noutras pesqueirías, como é o caso das que se desenvolven ao abeiro do plan de xestión do caladoiro Nacional Cantábrico Noroeste”.
Carlos López sinalou que coa posta en marcha desta lista de referencia “atendemos os intereses e as demandas do propio sector”, ao tempo que explicou que a inclusión nesta lista “deberá ser opcional, de tal xeito que os armadores das distintas embarcacións poidan amosar, coa súa solicitude, o interese en participar nesta campaña, pero sen vincular ou obrigar a formar parte efectiva nela unha vez que esta dea comezo”.
O GRUPO POPULAR SALIENTA O ANUNCIO DA XUNTA DE NEGOCIAR COS SINDICATOS UNHA OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO DE 3.000 PRAZAS PARA O PRESENTE ANO 2017
- “A Xunta continúa a traballar tratando de manter o equilibrio entre a prestación de servizos e a creación de emprego”, indicou o deputado Jacobo Moreira
Santiago, 8 de febreiro de 2017.- O deputado do Grupo Popular, Jacobo Moreira, salientou hoxe que a Xunta negociará coas organizacións sindicais a aprobación neste ano dunha oferta de emprego público de arredor de 3.000 prazas para reforzar especialmente os servizos de sanidade, educación e sociais.
Ademais, Jacobo Moreira indicou que entre as medidas que se tomarán neste ano figura a reanudación do pago do complemento específico nas pagas extras ao conxunto dos empregados públicos da Administración galega, unha medida pactada coas organizacións sindicais e que beneficiará ao persoal da Xunta, da sanidade, o ensino, as universidades e o ensino concertado.
MANTER O EQUILIBRIO
“A Xunta continúa a traballar tratando de manter o equilibrio entre a prestación de servizos e a creación de emprego, ao tempo que a intenta conxugar coa pronta restitución dos dereitos dos empregados públicos afectados durante a crise económica, sen poñer en risco os obxectivos de estabilidade orzamentaria e de fomento da competitividade en materia de emprego público”, indicou.
Jacobo Moreira lembrou que a Xunta de Galicia foi recuperando progresivamente algunha das medidas adoptadas durante a crise económica. En concreto, procedeuse á recuperación da totalidade da paga extra e adicional do 2012, e os permisos por asuntos particulares e vacacións en función da antigüidade.
“Para o resto dos permisos e vacacións así como sobre as retribucións en todos os supostos de incapacidade temporal estase a aplicar en Galicia o máximo que permite a normativa básica estatal, ao igual que sucede coa taxa de reposición de efectivos, que na Comunidade galega acada o limite máximo que permite a Lei de orzamentos estatal”, explicou.
PEDRO PUY AVANZA QUE “APOIAREMOS OS ORZAMENTOS PORQUE SON EXPANSIVOS, EQUITATIVOS, PRUDENTES, EQUILIBRADOS E CONTRIBÚEN A SEGUIR CRECENDO “
- Sinalou á oposición que “puxeron moi difícil pactar emendas porque non coincidimos na diagnose da situación e piden unha suba xeneralizada de impostos”
Santiago, 6 de febreiro de 2017.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, afirmou hoxe que “imos apoiar os orzamentos da Xunta para 2017 porque son expansivos; equitativos tanto pola vía do ingreso como do gasto; son prudentes nas súas previsións; son equilibrados porque non incorren en déficit; e están contribuíndo a que, unha vez abandonada a recesión, poidamos seguir crecendo e redistribuíndo os resultados dese crecemento para que ninguén en Galicia teña problemas”.
No debate para a aprobación dos orzamentos da Xunta que se celebra hoxe no Parlamento, Puy asegurou que estas contas públicas “son unha mostra da estabilidade política, pero tamén do traballo dun Goberno e dos grupos parlamentarios, dando unha imaxe de absoluta normalidade institucional”.
NOTICIA SIGNIFICATIVA
Neste sentido, cualificou de “noticia significativa” a aprobación destes orzamentos, cando máis de 180 concellos galegos están sen presuposto. Así, subliñou que “Galicia aínda padece as consecuencias da crise, pero está en mellores condicións para saír desta situación”, apuntando que Galicia é unha das tres comunidades autónomas que baixou a taxa de pobreza durante a crise”.
“Estes orzamentos reflicten o fin da recesión, cun crecemento san, cumprindo os compromisos do déficit, onde o investimento crece por riba do gasto corrente e cun marcado compromiso social”, asegurou Pedro Puy.
O portavoz popular manifestou que coa negativa da oposición a apoiar estes orzamentos, “van votar que non a que Galicia manteña as taxas universitarias máis baixas de España, que sexa a cuarta comunidade con menor taxa de abandono escolar, que se incrementen as intervencións cirúrxicas ou se baixen as listas de espera sanitarias; que se atendan a máis de 40.000 usuarios de dependencia; que se incremente a RISGA, así como as prazas de gardería e residencias de maiores; que nos manteñamos como a cuarta comunidade autónoma con menos desafiuzamentos; ou que se incrementa un 30 por cento as partidas para a loita contra a violencia de xénero”.
PUXERON MOI DIFÍCIL PACTAR
Pedro Puy sinalou á oposición que “puxeron moi difícil pactar emendas porque non coincidimos na diagnose da situación”. En concreto, apuntou que “seguen dubidando de que algunha das políticas que facemos teña capacidade redistributiva, ao tempo que non cremos que sexa o momento para un incremento xeneralizado da presión fiscal”.
“O que nos piden é que se suban os impostos da renda e do patrimonio; nos piden unha suba do imposto de sucesións do 30 por cento, un imposto de grandes superficies comerciais, un imposto sobre vertidos de auga, outro sobre emisións de óxido nitroso, e gravames sobre protección civil e loita contra a fraude”, indicou o portavoz popular, quen engadiu que “todo moi inconcreto pero que acabará trasladándose á capacidade de consumo e de aforro das familias, prexudicando o crecemento da economía”.
Así mesmo, Puy sinalou que nas súas emendas a oposición “saca cartos de gasto corrente que non é posible”. A modo de exemplo, indicou que deixan aos conselleiros sen asesores, sen comunicacións telefónica ás consellerías, suprimen na súa totalidade a partida orzamentaria para material de oficina e informática dos xulgados ou retiran cartos que financian a cobertura de TDT ao medio rural galego.
CUMPRIR OS COMPROMISOS
Outra das cuestións salientables das emendas da oposición é que retiran o financiamento aos centros educativos concertados para destinalos a colexios públicos, “pero non din que se vai facer cos 80.000 alumnos que están na educación concertada en Galicia”.
O portavoz popular tamén criticou que a oposición propoña deixar de cumprir os compromisos adquiridos pola Administración galega. En concreto, dixo que “sacan partidas que figuran nos orzamentos para cubrir gastos comprometidos do pasado; anuncian novas obras viarias con cargo ás anualidades do Goberno bipartito ou financian gastos suprimindo as concesións das autoestradas de peaxe”.
REUNIÓN GRUPO MUNICIPAL PP DE VIGO CON PENSIONISTAS VENEZOLANOS
La portavoz popular, Elena Muñoz, acompañada del concejal Miguel Fidalgo, ha mantenido hoy un encuentro con pensionistas venezolanos residentes en Vigo. Muñoz ha podido así escuchar directamente las preocupaciones de un colectivo que atraviesa una situación muy difícil y delicada, y les ha mostrado todo el respaldo y el apoyo que pueda dar el Partido Popular en la búsqueda de posibles soluciones. Muñoz ha abogado por buscar alternativas que permitan paliar, al menos de forma temporal, el «drama humano» que están viviendo.
O PARLAMENTO SOLICITA Á XUNTA ELABORAR UN PROGRAMA DE AXUDAS ESPECÍFICO PARA AS FAMILIAS MONOPARENTAIS
Santiago, 25 de xaneiro de 2017.- O Parlamento galego aprobou hoxe unha unha proposición non de lei, impulsada polo Grupo Popular, a través da que se insta á Xunta a elaborar un programa de axudas específico para as familias monoparentais, “reforzando as políticas dirixidas ao benestar das familias e, sobre todo, das familias de especial consideración”, manifestou a portavoz de Asuntos Sociais, Marta Rodriguez Arias.
Na súa intervención, a portavoz popular sinalou que a Xunta de Galicia, xunto coas entidades e asociacións, está a traballar na posta en marcha do Plan galego de política familiar, no que se atenden dereitos fundamentais que repercuten directamente na vida familiar como o emprego, a vivenda, a sanidade, a educación ou a protección social. “Este plan contempla, entre outras medidas, a creación dun rexistro de familias monoparentais e un sistema de beneficios para estas familias”, apuntou.
ESPECIAL CONSIDERACIÓN
Marta Rodríguez lembrou que as familias monoparentais xa están integradas nas consideradas de especial consideración por parte da Lei de apoio á familia e á convivencia en Galicia.
Esta norma establece un trato preferente para este tipo de familias; na adxudicación de prazas nas escolas infantís; na convocatoria de axudas do bono concilia e bono coidado; no acceso ás casas-niño; na valoración necesaria para acceder á Risga; nos programas de fomento de emprego e nas axudas destinadas á inserción laboral; e no Plan galego de vivenda.