archivo | Partidos Políticos. RSS para esta sección

O PARLAMENTO APROBA INSTAR Á XUNTA A REDACTAR AS NORMAS TÉCNICAS DE PLANEAMENTO QUE

“Estaremos axudando na interpretación das normas urbanísticas non só aos técnicos redactores, senón aos propios concellos e a todos os cidadáns”, afirmou Jaime Castiñeira

 

  • O deputado popular concretou que o obxectivo é “cumprir os principios que se establecen na Lei do Solo de transparencia, publicidade, claridade, simplificación administrativa, seguridade xurídica e aplicabilidade”

 

Santiago, 17 de xaneiro de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, a iniciativa do Grupo Popular, unha proposición non de lei a través da que se insta á Xunta a redactar as normas técnicas de planeamento que complementen ao regulamento da Lei do Solo, recentemente aprobado, como ferramenta ao servizo dos concellos.

 

O deputado popular Jaime Castiñeira explicou que o obxectivo é “cumprir os principios que se establecen na Lei do Solo de transparencia, publicidade, claridade, simplificación administrativa, seguridade xurídica e aplicabilidade”. “Deste xeito, estaremos axudando na interpretación das normas urbanísticas non só aos técnicos redactores, senón aos propios concellos e a todos os cidadáns”.

 

UNIFICAR CRITERIOS

 

Jaime Castiñeira indicou que estas normas de planeamento urbanístico “terán por obxecto unificar os criterios técnicos para a elaboración dos documentos de planeamento  urbanístico, a cartografía, a terminoloxía e os conceptos urbanísticos xerais, así como calquera outra cuestión que precise aclaración ou orientación técnica en materia de planeamento”.

 

“Estas novas normas serán elaboradas pola Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, previo sometemento a informe da Comisión Superior de Urbanismo de Galicia e escoitada a Federación Galega de Municipios e Provincias”, apuntou.

 

O PRESIDENTE DA XUNTA COMPARECERÁ NO PLENO DA VINDEIRA SEMANA PARA INFORMAR DOS ACORDOS DA CONFERENCIA DE PRESIDENTES

  • O Grupo Popular defenderá a elaboración dun programa de axudas para as familias monoparentais e a regulación do réxime de contratación do persoal investigador laboral da Administración galega

 

Santiago, 17 de xaneiro de 2017.- O Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, comparecerá no Pleno da vindeira semana para informar dos acordos acadados na Conferencia de Presidentes que se celebra hoxe en Madrid, segundo se acordou esta mañá na reunión da Xunta de Portavoces. Así mesmo, o portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, informou que a Comisión de investigación sobre as caixas de aforro galegas constituirase o vindeiro luns co obxectivo de rematar os traballos realizados durante a pasada lexislatura.

 

Pedro Puy manifestou que  o Presidente da Xunta comparecerá na sesión plenaria para informar dos acordos de colaboración “de suma relevancia” entre a Administración central e as comunidades autónomas que no día de hoxe se acaden na Conferencia de Presidentes en ámbitos como o financiamento autonómico, a atención á dependencia, o pacto educativo, a crise demográfica, a participación das comunidades autónomas nos asuntos da Unión Europea ou a mobilidade dos empregados públicos.

 

Así mesmo, o portavoz popular indicou que o vicepresidente da Xunta dará comezo no Pleno da vindeira semana ás comparecencias de todos os conselleiros para explicar os plans dos seus departamentos durante a presente lexislatura, unha vez que xa interviñeron na Comisión 3ª para dar conta dos orzamentos de cada consellería.

 

REMATAR OS TRABALLOS

 

Por outra banda, Puy indicou que o Presidente do Parlamento comunicou aos portavoces que o vindeiro luns, ás 10 horas, procederase á constitución da Comisión de investigación para analizar e avaliar a evolución económico-financeira das antigas caixas de aforro e as causas e responsabilidades da súa transformación en bancos, incluíndo as indemnizacións millonarias dos seus ex-directivos.

 

“O que se trata non é de facer unha comisión distinta, nin de facer unha comisión que teña outros obxectivos, senón de rematar os traballos da Comisión de investigación desenvolvidos na pasada lexislatura”, concretou o portavoz popular. Neste sentido, explicou que a comisión de investigación “estivo aberta ata o fin da pasada lexislatura” e como mostra disto lembrou que o Grupo Popular solicitou no seu momento a incorporación da sentenza da Audiencia Nacional a raíz da que os ex directivos entraron onte en prisión.

 

Puy apuntou, ademais, que “o Presidente da Xunta e o Parlamento solicitamos, cando soubemos a contía desas indemnizacións, que fosen devoltas á Obra Social das antigas caixas”, pero lamentou que “naquel momento o Banco de España non fixo nada”.

 

“Queremos informar á cidadanía galega do que pasou, cales foron os distintos chanzos que implicaron que as antigas caixas se transformasen nunha entidade bancaria”, concretou Puy, quen asegurou que “se hai responsabilidades políticas ou institucionais constarán no informe, pero non imos converter a comisión nun aproveitamento oportunista dalgunhas circunstancias, como pode ser o cumprimento dunha sentenza”.

 

AXUDAS FAMILIAS E CONTRATACIÓN INVESTIGADORES

 

Pedro Puy informou, por outra parte, que o Grupo Popular defenderá na sesión plenaria da vindeira semana dúas proposicións non de lei. A primeira delas ten que ver coa elaboración dun programa de axudas específico para as familias monoparentais, mentres que a segunda solicita á Xunta a regulación do réxime de contratación do persoal investigador laboral da Administración da Comunidade galega.

 

Así mesmo, o Grupo Popular preguntará ao Goberno galego sobre os datos do último Informe PISA referentes a Galicia, sobre o que está a facer para informar e formar ás persoas consumidoras e usuarias ante as súas preocupacións coa factura da luz; e sobre si a venta das instalacións da Solana e do Hotel Finisterre en A Coruña por parte da Autoridade Portuaria garante a conxugación do uso e aproveitamento público dos terreos portuarios coa viabilidade económica e social do porto.

 

Irene Garrido presidirá la mesa del Congreso del PP de Vigo

  • Las intervenciones de Alberto Núñez Feijóo, Alfonso Rueda y del nuevo presidente electo clausurarán el Congreso provincial do PP de Vigo.
  • Asistirá además al cónclave la Presidenta del Congreso de los diputados, Ana Pastor

Vigo, 16 de diciembre de 2016.-

 

El Centro Social Afundación, en la calle Policarpo Sanz, acogerá el sábado día 17, el XII Congreso Local del Partido Popular de vigo, en el que participarán un total de 1.061 afiliados con derecho a voto para elegir al nuevo presidente del Comité Ejecutivo Local.

 

La presidenta del Comité Organizador, Sagrario Franco, explicó que a partir de las 10:00 horas podrán acreditarse los distintos compromisarios e invitados, y que la apertura del Congreso será a las 10:15 horas.

 

A continuación, el siguiente paso en el cronograma será la constitución del Pleno con la propuesta y la votación de la Mesa del Congreso que estará presidida por Irene Garrido.

 

Seguidamente, a las 10:30 horas tendrá lugar la presentación del primer comunicado “Vigo Metropolitano”, a cargo de Marta Fernández Tapias Núñez, y justo después será el turno de Javier Dorado, que leerá el segundo comunicado “Vigo Horizonte 2020”. Finalizadas dichas lecturas, el Secretario General Miguel Fidalgo se encargará de la presentación del Informe de Gestión, que resume las líneas maestras de actuación del partido desde la celebración del último Congreso Local en 2012.

 

A las 11:15 horas se presentarán las distintas candidaturas y a las 12:00 horas comenzará la votación que se prolongará hasta las 16:00 horas, para lo que la organización habilitará distintas mesas. Posteriormente se procederá al escrutinio. El resultado de la votación se conocerá alrededor de las 17:00 horas, momento en el cual se proclamará al candidato electo.

 

Los encargados de clausurar el Congreso Local de Vigo serán, por este orden, el Presidente saliente, Jose Manuel Figueroa, el nuevo Presidente elegido y el Presidente provincial del PP de Pontevedra, Alfonso Rueda. Cerrará el acto el Presidente del PPdeG y de la Xunta, Alberto Núñez Feijóo

 

Está previsto que asista al cónclave la Presidenta del Congreso de los Diputados, Ana Pastor

JULIA RODRÍGUEZ, CARLOS GÓMEZ E MARIÁN GARCÍA TOMAN MAÑÁ POSESIÓN DOS SEUS ESCANOS COMO DEPUTADOS DO GRUPO POPULAR

  • O Pleno debaterá, a proposta do Grupo Popular, a creación dunha comisión de investigación sobre as antigas caixas galegas, para rematar os traballos realizados durante a pasada IX lexislatura
  • A iniciativa do Grupo Popular, tamén se solicitará á Xunta o desenvolvemento dunha Estratexia de Infraestrutura Verde e a creación dunha tarxeta específica para os peregrinos a Compostela

Santiago, 12 de decembro de 2016.- Julia Rodríguez Barreira, pola provincia de Lugo; Carlos Gómez Salgado, por Ourense; e Marián García Míguez, por Pontevedra, tomarán mañá ao inicio do Pleno posesión dos seus escanos no Parlamento galego como novos deputados do Grupo Popular.

Estes tres novos deputados suplirán a marcha ao Goberno galego de Susana López Abella (como secretaria xeral de Igualdade), Antonio Rodríguez Miranda (novo secretario xeral de Emigración) e María Nava Castro Domínguez (Directora da Axencia Galega de Turismo).

REMATAR OS TRABALLOS

Así mesmo, o Grupo Popular defenderá na sesión plenaria que se celebra mañá e o mércores dúas proposicións non de lei, ademais da solicitude para a creación dunha comisión de investigación para analizar e avaliar a evolución económico-financeira das antigas caixas de aforro e as causas e responsabilidades da súa transformación en bancos, incluíndo as indemnizacións millonarias dos seus ex-directivos.

O obxectivos desta comisión de investigación será rematar os traballos realizados ao longo da pasada IX lexislatura, cando compareceran cerca de 50 persoas e se remitira ao Parlamento galego abundante documentación, principalmente por parte da Xunta de Galicia, sobre as antigas caixas de aforro galego, pero quedou pendente a elaboración do ditame e o seu debate e aprobación.

ESTRATEXIA VERDE E TARXETA PEREGRINO

Ademais, o Grupo Popular defenderá no Pleno o desenvolvemento dunha Estratexia de Infraestrutura Verde que cree unha rede de espazos naturais e seminaturais deseñada e xestionada para protexer a biodiversidade, proporcionar servizos ecosistémicos e incrementar a resiliencia dos ecosistemas.

En segundo lugar, tamén se demandará á Xunta a creación dunha tarxeta dirixida especificamente aos peregrinos a Compostela, que aglutine diferentes servizos de interese para os peregrinos e inclúa, entre outros, entrada única nos museos, facilidades no transporte público e descontos en actividades culturais de ocio e restauración, en comercios e tendas de produtos galegos e de artesanía de Galicia e nos mercados de abastos.

O Comité Organizador do Congreso confirma as candidaturas de Elena Muñoz e Javier Guerra e autoriza o inicio da campaña electoral interna

 

Vigo, 19 de novembro de 2016.- A presidenta do Comité Organizador do XII Congreso do Partido Popular de Vigo, Sagrario Franco, confirmou esta mañá a proclamación definitiva de 2 candidatos Elena Muñoz e Javier Guerra, para optar á presidencia local desta formación e relevar ao actual presidente, José Manuel Figueroa.

Os dous aspirantes teñen superado o número mínimo de apoios válidos -70 militantes- previsto no artigo 19 do Regulamento de Organización do Congreso.

Lucía Molares presentou na tarde de onte a súa renuncia como candidata.

CAMPAÑA INTERNA

Sagrario Franco informa tamén que, en aplicación do disposto na normativa de organización do Congreso, dácomezo a campaña electoral interna, que se inicia o próximo luns, 21 de novembro e finaliza o domingo 11 de decembro.

Durante a campaña a Comisión Organizadora garantirá aos 2 candidatos a igualdade de oportunidades, asegurará a neutralidade da organización e velará pola transparencia de todo o proceso.

RECOLLIDA DE AVAIS

O Comité Organizador do Congreso explica ademais que a data para a presentación de avais rematará o 15 de decembro ás 11.00 horas. E cada candidatura terá que estar avalada por un mínimo de 200 sinaturas de militantes que esteanaocorrente de pago das cotas de afiliados e que no caso de que un militante avalara a máis de un candidato, o COC declarará nulos eses avais.   

PUY AFIRMA QUE O TEITO DE GASTO PARA 2017 REFLICTE A EVOLUCIÓN POSITIVA DA ECONOMÍA, AFIANZANDO O CRECEMENTO CON MÁIS GASTO PÚBLICO E REFORZANDO O ESTADO DO BENESTAR

Nunha entrevista en RNE, o portavoz popular saudou “a volta á normalidade democrática” amosada polos grupos da oposición

  • Reiterou a predisposición ao diálogo do Grupo Popular para “tomar decisións conxuntas, de maneira que non haxa bandazos no futuro e consolidar políticas necesarias para o país”

Santiago, 20 de novembro de 2016.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, afirmou hoxe que o teito de gasto da Xunta de Galicia para 2017 “reflicte a evolución positiva da economía galega” e permitirá “afianzar o crecemento con máis gasto público e reforzar o Estado de Benestar”. Puy saudou “a volta ao que debe ser a normalidade democrática” amosada polos grupos da oposición neste inicio de lexislatura e reiterou a predisposición ao diálogo do Grupo Popular para “tomar decisións conxuntas, de maneira que non haxa bandazos no futuro e consolidar políticas necesarias para o país”.

Nunha entrevista en Radio Nacional, Pedro Puy lembrou que o teito de gasto será debatido e votado no Pleno ordinario que se celebra a vindeira semana. “Reflicte unha situación económica mellor, na que a Xunta vai ter máis capacidade de gasto, arredor de 250 millóns de euros, co que afianzar o crecemento e reforzar o Estado do Benestar”, apuntou.

NOVA LEI DE EMPREGO

Cuestionado sobre a elaboración dunha nova Lei de emprego, sinalou que “a idea fundamental é que o Servizo Público de Emprego de Galicia dea mellor resposta ás demandas das persoas que están buscando traballo”. Neste sentido, manifestou que “falamos dunha previsión da evolución da economía que permita crear na lexislatura entre 80.000 e 100.000 empregos, un emprego que non depende dunha burbulla como a inmobiliaria, senón do afianzamento dos sectores produtivos galegos”.

Pedro Puy avogou porque “o ton distinto” amosado polos portavoces da oposición neste inicio da lexislatura “sexa un cambio de actitude en xeral cara as institucións e non un cambio motivado por outro tipo de circunstancias”. “Un debate pode ser duro, con acusacións políticas grosas, porque é o normal no parlamentarismo; o que non é normal é a algarabía ou a descualificación persoal”, dixo.

“Confiamos que esa actitude, que contrasta claramente con aquela do ano 2012 de non dar nin cen días nin cen minutos de tregua ao Goberno, sexa frutífera, non para ninguén en concreto senón para todos coa achega de solucións a problemas do país, como a crise demográfica”, salientou. Ademais, sinalou que “a propia situación social e económica está reconducindo a actitude daqueles grupos que chegaron a ter máis sona e representación como consecuencia da crise económica”.

DECISIÓNS CONXUNTAS

O portavoz popular reiterou a disposición do PPdeG de chegar a acordos coa oposición e lembrou que “xa amosamos esa vontade de diálogo”. Así, lembrou que “a pasada lexislatura foi na que máis leis a iniciativa dos grupos da oposición se tramitaron e se aprobaron na Cámara, en contraste con outras etapas de goberno nas que nin unha soa das proposicións de lei presentadas pola oposición foron tramitadas”.

En concreto, concretou que “sería bo que nalgunhas cuestións que van máis aló da propia lexislatura, como o ámbito educativo, o financiamento autonómico ou a demografía, tomásemos decisións conxuntas, de maneira que non haxa bandazos no futuro para poder consolidar políticas necesarias para o país”.

Respecto da configuración do novo Goberno galego, xustificou o continuísmo dos seus membros en que “hai apenas un ano que se fixeron modificacións significativas na estrutura e nas persoas atendendo tanto as necesidades do Goberno como a evolución da economía”. Ademais, subliñou que “o Goberno foi enteiro nas listas do Partido Popular ás eleccións galegas, mantendo o número de escanos e incrementando o número de votos”.

CON GANAS E FORZA

“Ademais, en terceiro lugar e pensando no futuro, estamos nun momento no que é urxente traer os orzamentos á Cámara, polo que calquera modificación do organigrama ou das persoas que están á fronte das conselleiras podería provocar unha innecesaria paralización na tramitación das contas públicas”, sinalou.

Cuestionado sobre a posible sucesión de Alberto Núñez Feijóo, Puy asegurou que “o debate non está aberto” e manifestou que “o Presidente está con ganas e con forza para darlle un bo pulo ao goberno nunhas circunstancias máis favorables”. Así, engadiu que “levamos gobernando unha situación na que a tendencia era a reducir o gasto como consecuencia da crise económica pero agora hai máis capacidade e marxe para facer políticas en positivo, con novos recursos para impulsar cousas que no pasado non se podían facer como consecuencia da escaseza de recursos”.

Para rematar, sobre a solicitude de constitución da comisión de investigación sobre as antigas caixas galegas, o portavoz popular explicou que “queremos que se saiba cales eran as conclusións da comisión e, polo tanto, a nosa iniciativa é que sexa retomada onde estaba para elaborar e aprobar o ditame”.

 

. Alcaldes do PP esixen a Carmela Silva diálogo no reparto dos fondos provinciais

  • “Non vimos aquí por pasear, queremos falar de un asunto que para os concellos non é menor,  algo tan importante como o reparto dos fondos económicos para o próximo ano”, sinala Luis López.
  • “As reunións cos alcaldes debería ser unha relación normalizada e algo habitual, pero ela coa súa actitude o está convertendo en algo extraordinario”, engade.
  • Nidia Arévalo apunta que “é un erro poñer de novo en marcha un plan concellos a espaldas dos alcaldes da provincia, e por iso lle pedimos que abra a porta da Deputación de Pontevedra”.

Pontevedra, 15 de novembro de 2016.- Alcaldes do Partido Popular da provincia, acompañados polos deputados provinciais, acudiron esta mañá á Deputación de Pontevedra para esixir á presidenta Carmela Silva diálogo para falar do reparto dos fondos provinciais. “Non vimos aquí para saudala, nin por pasear, nin a preguntarlle como lle vai a vida, queremos falar de un asunto que para os concellos non é menor,  queremos falar de algo tan importante como o reparto dos fondos económicos da Deputación para o próximo ano”, explicou Luis López, o alcalde de Rodeiro, que falou en representación do resto de rexedores populares.

“Temos propostas que facerlle, que estamos seguros que poderían  repercutir en beneficio de todos os concellos desta provincia, e por iso queremos que nos escoite. Como xestores de unha administración moi próxima aos veciños, coñecemos as súas necesidades e as aportacións que poidamos dar os alcaldes son importantes”, engadiu. Apuntou que queren propoñer un plan novo, participativo, un plan xusto con todos, obxectivo e non baseado na discrecionalidade, no que se incrementen os fondos económicos de forma que ningún concello perda con este novo bipartito.

Luis López entende que as reunións da presidenta cos alcaldes “debería ser unha relación normalizada e algo habitual, pero que ela coa súa actitude o está convertendo en algo extraordinario”. Recordou que os alcaldes populares levan meses esperando a que os reciba, e ata o día de hoxe non obtiveron nin unha soa reposta. “As peticións de entrevistas que fixemos os alcaldes do PP tiveron como resposta o silencio no mellor dos casos, porque en máis de unha ocasión a resposta foron insultos e ata ameazas. As faltas de respecto son contínuas”.

Por iso, insistiu en pedir a Carmela Silva que “se deixe de autoritarismos e aposte polo diálogo e por unha Deputación que aposte pola colaboración e non polo bloqueo institucional. Se este goberno é tan obxectivo e tan transparente que empece de unha vez a demostralo”.

“Somos todos malos? Non. Somos alcaldes que gañamos unhas eleccións, que representamos aos nosos veciños e que somos merecentes de ser escoitados”, manifestou.

Pola súa parte, a voceira do grupo provincial do PP e alcaldes de Mos, Nidia Arévalo, considera que é unha falta de respecto a actitude da presidenta. “Representamos aos veciños dos nosos concellos e por iso esiximos diálogo, porque está acostumada a dicir unha cousa e facer a contraria”. Ademais, apuntou que lles parece “un erro poñer de novo en marcha un plan concellos a espaldas dos alcaldes da provincia, e por iso lle pedimos que abra a porta da Deputación de Pontevedra”.

Xusto cando os alcaldes saíron do Pazo Provincial, unha persoa do gabinete da presidencia chamou a Nidia Arévalo para trasladarlle que a presidenta, nunha conversa telefónica, acababa de dicirlle que non os vai a atender nin agora nin nunca.

Muñoz presenta 600 apoyos un día antes de que finalice el plazo oficial

  • La actual portavoz municipal apunta que su equipo, aunque sólo se precisaban 70 firmas, ha realizado un “buen trabajo” y da por concluida esta primera fase pese a que “seguimos recibiendo apoyos hasta el final del plazo”

 

  • “Quiero agradecer a todos la confianza que han depositado en mi persona para construir juntos este gran proyecto para Vigo”, subraya

 

  • Hace un llamamiento a toda la militancia para trabajar unidos en este proceso que concluirá en el Congreso Local del 17 de diciembre con el objetivo de “ofrecerle a Vigo el mejor Partido Popular posible”dav

    Vigo noviembre de 2016.- La candidata a la presidencia del Partido Popular de Vigo, Elena Muñoz, ha presentado hoy, un día antes de la conclusión del plazo oficial, 600 apoyos a su candidatura. “Hemos realizado un buen trabajo, y damos por concluida esta primera fase en la que buscábamos acercar nuestro proyecto a la inmensa mayoría de la militancia. A partir de este momento, y aunque continuaremos recibiendo apoyos hasta el final del plazo, seguimos trabajando con la voluntad de construir un proyecto conjunto en el que todos tienen cabida”, ha incidido.

    Este número de apoyos, entregado en la tarde de hoy al Comité Organizador del Congreso (COC), supera con creces las 70 firmas que, según el Reglamento del Congreso, resultaba necesario presentar antes de mañana a las 12 horas para poder ser nombrado pre-candidato.

    En este marco, la actual portavoz municipal ha querido “agradecer a todos la enorme confianza” que han depositado en su persona de cara a “construir juntos el gran proyecto que tenemos para Vigo”.

    “Quiero dar las gracias públicamente a toda la militancia. Es un gran honor y una gran responsabilidad. Les prometo que no les voy a fallar”, ha resaltado.  

    Muñoz Fonteriz ha recordado que tanto ella como su equipo han trabajado mucho, “y vamos a seguir haciéndolo”. “Somos un gran partido, y sabemos que Vigo confía en que de este proceso salga un Partido Popular más fuerte, capaz de ofrecer a la ciudad la alternativa que necesita”, ha explicado.

    Sobre esta base, Muñoz Fonteriz ha prometido que, durante la semana que queda antes de que el COC, según los plazos fijados, pueda hacer oficial su precandidatura, seguirá manteniendo contactos con todos los militantes y afiliados. “Y después también. Hasta el día 17 de diciembre tenemos tiempo para reforzar nuestro proyecto. Un proyecto sólido y de futuro basado en un Partido Popular de Vigo fuerte y unido en el que queremos escuchar a todos y contar con todos”, ha señalado.

    Así, y tras presentar estos 600 apoyos, Muñoz Fonteriz intensificará su trabajo con el objetivo de “continuar trabajando cerca de la gente y abrirles las puertas” de un proyecto “en el que todos tienen cabida”.    

Resposta ao Partido Popular do Porriño sobre a xestión dos orzamentos municipais

AS CRÍTICAS DO PARTIDO POPULAR AO RETRASO NOS ORZAMENTOS SON UN EXERCIZO DE CINISMO CONSIDERANDO QUE, CON MAIORÍA, PRORROGOU AS CONTAS MUNCIPAIS DE 2012 A 2015

O Goberno local recibiu con estupefacción que o grupo municipal do Partido Popular, precisamente o grupo municipal do PP, sexa quen de tentar dar leccións sobre a elaboración e aprobación dos orzamentos municipais.

Este feito  é unha proba, definitiva, do cinismo dos populares considerando que cando estaban no goberno local, e tendo maioría absoluta na Corporación, non so non foron quen de aprobar os orzamentos, e non dun ano, senón de tres, ademais, nin sequera puideron xestionar o seu artellamento véndose na obriga de prorrogalos dende 2012 a 2015.

Agora, os concelleiros do PP, que en tres anos e con maioría absoluta durante a súa xestión, maila a ser do mesmo partido, nin se puxeron da cordo nin tiveron a capacidade de elaborar durante máis da metade do mandato uns orzamentos para O Porriño, teñen o descaro de cualificar de ‘incompetente’ á alcaldesa e, facendo bulra das veciñas e veciños, pretenden ensinar qué son e como se fan uns presupostos.

O Goberno local quere lembrar ás veciñas e veciños do Porriño o seguinte: o anterior alcalde o actual voceiro do PP e os seus concelleiros, votaron en contra de que 1,3 millóns de euros, se destinasen a inversións necesarias para as porriñesas e porriñeses, preferindo que esta cantidade fose a parar aos bancos.

Non so iso: os concelleiros do Partido Popular tamén votaron en contra dunha ampliación do creto para facer fronte a gastos de funcionamento do Concello, pretendendo impedir, pensando só nos seus intereses políticos, que se atendese aos veciños ou que se deixase de pagar a provedores, moitos deles pequenas empresas que dependían para subsistir das cantidades  que tiña que abonarlles  o Concello.

Isto é o que pretendía o Partido Popular que, antes das Eleccións Municipais de maio de 2015, e matinando  exclusivamente no seu posible beneficio electoral e desentendendose, de xeito  desprezábel, das necesidades dos veciños, xa deixara esgotadas  partidas de gasto do Concello para todo o ano.

 

O PROXECTO DE LEI DO PLAN GALEGO DE ESTATÍSTICA 2017-2021 RECIBE A APROBACIÓN DA COMISIÓN E QUEDA PENDENTE DO SEU DEBATE DEFINITIVO EN PLENO

Santiago, 1 de xullo de 2016.- A Comisión 3ª do Parlamento galego aprobou hoxe o ditame do proxecto de lei do Plan galego de estatística 2017-2021, quedando pendente da súa aprobación definitiva en sesión plenaria.

 

O deputado do Grupo Popular Pedro Arias manifestou que “a sociedade galega precisa información documentada” e para isto este novo Plan galego dará un paso máis na consolidación do sistema estatístico de Galicia, avanzando na transparencia, na accesibilidade e na calidade da información.

 

OBXECTIVOS

 

Pedro Arias apuntou que este plan de estatística recolle obxectivos informativos, instrumentais e de calidade, destacando a obriga de considerar a perspectiva de xénero na información que se ofrece.
Respecto das emendas realizadas pola oposición, que se abstivo na votación do ditame, Arias indicou que “non houbo ningún punto do espírito das emendas que fora rexeitado”