archivo | Deporte RSS para esta sección

Proba ciclocross

porrino-cxISABEL CASTRO E SAMUEL GONZÁLEZ TAMÉN SE AMOSARON INTRATABEIS NA COPA GALICIA DE CICLOCROSS, NO PORRIÑO

Os dous corredores con mellor golpe de pedal a día de hoxe no ciclocross galego dominaron as carreiras Elite e Sub23 do ‘Trofeo Horacio Barros’. Isabel Castro e Samuel González  prolongaron as súas xeiras de vitorias na décima e penúltima cita puntuable da Copa Galicia disputada en O Porriño. A ciclista do Fornelos sentenciou o ranking feminino co seu sexto triunfo parcial desta campaña e o representante do Salvaterra impúxose por quinta xornada consecutiva.

No resto de categorías os gañadores foron Mario Fernández (O Rosal) e Andrea García (Cambre) en cadetes; Guillermo García (Marín) e Sara Yusto (Bioracer-EK) en juniors; Andrés Calvete (Cambre) en Máster-30; Juan José Saborido (Compostelano) en Máster-40; e Marcial Rodríguez (Québici-Marcisport) en Máster-50/60. A 40ª edición desta clásica do ciclocross autonómico estivo organizada polo Concello do Porriño, o Clube Ciclista Spol e a Federación Galega de Ciclsimo (FGC). No circuíto do Velódromo reuníronse máis de 200 participantes.

O plan inicial de Samuel González para esta fin de semana non era correr no Porriño. O sub23 do Salvaterra atopábase de camiño a Valencia para disputar a última proba da Copa de España. Por mor do mal tempo esa competición anulouse e o ciclista vigués chegou a tempo ao Trofeo Horacio Barros tras regresar en tren dende Madrid.

O seu triunfo resultou incontestable. Dende o bandeirazo inicial marchouse xunto ao seu compañeiro e líder da xeral Mauro González. Na segunda volta Samuel González quedouse en solitario e a partir de aí “rodei bastante cómodo, sen arriscar moito e ampliando diferencias. Foi máis doado que outras veces”.

Cun tempo de 52 minutos e 32 segundos colleitou o seu quinto triunfo deste curso. A segunda posición, a 54”, correspondeulle a Mauro González, primeiro Elite e que chega á última xornada con 80 puntos de vantaxe sobre Samuel González. A terceira praza, a 1:02 do gañador, foi para Raúl Fernández (Fornelos).

Un guión diferente seguiu Isabel Castro para adxudicarse a carreira Elite e Sub23 feminina. De saída, a súa filla e compañeira Desirée Duarte asumiu o mando da proba. Castro descolgouse, pero pouco pouco foi recurtando a diferencia ata alcanzar a cabeza: “Desirée tirou durante toda a carreira e na penúltima volta decidín probar. Adianteina nunha recta e ela non me aguantou o ritmo. A carreira gustoume moito, foi tan dura como bonita”.

A líder ergueu os brazos despois de 47 minutos e 35 segundos de esforzo. Duarte rematou 11” despois e Sandra Moral (Cidade de Lugo) ocupou a terceira posición a 2:11 de Castro. Con este triunfo, a ciclista do Fornelos xa é gañadora matemática do ranking feminino.

A falta dunha xornada para que a Copa Galicia 2016 finalice o vindeiro sábado en Maceda, o único ranking que rexistra variacións no máis alto é o cadete feminino. Andrea García arrebatoulle o primeiro posto a Noela Saa (Maceda). Nas outras clasificacións xerais non hai cambios. Mario Fernández continúa como líder nos cadetes; Sara Trigo (Cidade de Lugo) e Pablo Álvarez (Cambre) en juniors; Andrés Calvete en Máster-30; Manuel Armada (Asociación Galega) en Máster-40; e Javier de la Fuente (Betanzos) en Máster-50/60.

O PAVILLÓN MUNICIPAL DE DEPORTES DO PORRIÑO ACOLLEU ESTE MÉRCORES UNHA NOVA XORNADA DA LIGA GALEGA DE BALONCESTO ORGANIZADA POLA FEDERACIÓN GALEGA DE DEPORTE ADAPTADO

baloncesto1Este mércores, dende as 10 e media da mañá, o Pavillón Municipal do Porriño foi o escenario dunha nova xornada da Liga Galega de Baloncesto organizada pola Federación Galega de Deporte Adaptado.

En total 170 xogadoras e xogadores de 17 equipos, Aspanaex, Asdan, San Rafael, San Xerome,, en competición masculina, Esclavas ‘A’, Esclavas ‘B’ e San Xerome, en competición feminina, San Rafael, Asdan, Juan XXIII e Méndez Núñez , en Adaptada Masculina, e Prioriño, Méndez Núñez, Saiar, Aceesca, Aspanaex e Aspavi, en Adaptada Mixta, xogaron un total de 17 partidos, ata preto das 2 da tarde, para decidir quen se levaba o trunfo.

Os encontros, en categoría de ‘Competición’, se xogaron en 4 tempos de 8 minutos, en campo regulamentario, e en ‘Adaptada’, 5×5, se disputaronn en 4 tempos de 6 minutos.

Á finalización da xornada o primeiro tenente de alcalde e concelleiro de Deporte, Manuel Carrera, felicitou a todos os participantes ao que transmitiu “o meu orgullo e admiración polo voso esforzo e afán de competición”. Carrera volveu a poner á dispor das xogadoras e xogadores as instalacións deportivas e a hospitalidade do Porriño, “estades na vosa casa, porque O Porriño é iso: a vosa casa, que está e estará sempre aberta para vós”, concluiu.

II Enduro BTT Faro de Budiño

enduro-bttO DOMINGO SE DISPUTA O ‘II ENDURO BTT FARO DE BUDIÑO’, ÚLTIMA PROBA DA TEMPADA, ORGANIZADO POLA ASOCIACIÓN DEPORTIVA A FORNA COA COLABORACIÓN DO CONCELLO DO PORRIÑO

O vindeiro domingo, día 16, se celebra no Porriño o II Enduro BTT Faro de Budiño, organizado pola Asociación Deportiva A Forna coa colaboración da Concellería de Deportes.

Este venres o primeiro tenente de alcalde e concelleiro de Deportes, Manuel Carrera, acompañado polo director da proba, Jorge Romero, e o presidente da Comunidade de Montes de Budiño, Luis Martínez, presentou esta competición, a última da tempada do Open Galego.

Manuel Carrera agradeceu a colaboración dos organizadores, dos participantes e da Comunidade de Montes de Budiño por facer posible esta proba que, subliñou, “é unha das citas máis importantes do calendario”. O concelleiro lembrou a vocación deportiva do Porriño, que destaca en distintas modalidades, como amosan os resultados dos seus clubes ano tras ano.

Pola súa banda, Jorge Romero indicou que a proba constará de cinco tramos cronometrados que contará coa participación de destacados especialistas, coma os campións de España Toni Pérez, Máster 30, Desiré Rodríguez, campiona feminina,  Óscar Martínez, Open Xtreambike, e Jossé Carlos Táboas, subcampión de Máster 50.

Este II Enduro BTT Faro de Budiño, se desenrolará nun percorrido de 36 quilómetros, que se iniciará ás 9 da mañá en A Forna,sobre un desnivel acumulado de 1.050, como engadiu o concelleiro Manuel Carrera, ex ciclista profesional, quen invitou a todos os amantes do deporte a presenciar esta “espectacular modalidade de ciclismo que está en pleno desenrolo”.

Marisquiño Viernes 12 – Vigo

Fotos: Manuel Carballo Crespo.(2) (14) (16) (26) (39) (68)

O obxectivo desta iniciativa é o de recabar a súa opinión e ideas aos efectos de analizar as necesidades, descubrir as oportunidades e propiciar un intercambio de coñecementos Santiago, 6 de xullo de 2016.- A Consellería de Política Social continúa coas xuntanzas de traballo “Talento Xove”, unha folla de ruta impulsada pola Xunta de Galicia para avaliar cos axentes implicados as posibilidades de desenvolvemento do talentos dos mozos e mozas galegos. Xuntanzas destas características xa se celebraron en Lugo, Ourense e Vigo. Hoxe o edificio administrativo de San Caetano, en Santiago, acolleu a última destas reunións, onde participan, ademais da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, asociacións de empresarios, universidades, técnicos de xuventude doutras administracións e directivos de selección de persoal de varias empresas. O obxectivo desta iniciativa é o de recabar a opinión e as ideas dos principais axentes que traballan coa xuventude en Galicia, aos efectos de analizar as necesidades, descubrir as oportunidades e propiciar un intercambio de coñecementos. Estas xuntanzas terán unha duración de hora e media para analizar e reflexionar dende diferentes puntos de vista sobre como o talento da nosa mocidade pode reverter no tecido empresarial galego. Unha vez celebrada esta reunión ábrese un período de posta en común das reflexións de todos os foros, que darán paso a un documento único de conclusións que se expoñerán nunha mesa única.

terminator_rueda_prensa2016El día 15 de Octubre 2016, Vigo se transforma en la capital del desafío y de la aventura con Terminator Race. Por primera vez en VIGO una carrera de obstáculos realmente EXTREMA, 7km y 26 obstáculos.

 

La carrera se realiza en el monte de Cabral siendo la salida en las instalaciones de Ifevi. El monte de Cabral fue el lugar escogido porque es aquel que reúne las mejores condiciones en Vigo para la realización de la Terminator Race. La prueba tiene inicio a las 10h y se  prolongara todo el día.

 

Se esperan cerca de 2500 participantes. Contamos con corredores de toda a Galicia y norte de Portugal. Para poder participar es necesario tener cumplidos los 18 años en el momento de celebración de la prueba. La carrera se disputa mediante un sistema de tandas. Cada 15 minutos, aproximadamente, tomará la salida un grupo de unos 150 corredores. El número de integrantes de cada tanda puede variar dependiendo, por ejemplo, del número de componentes que tengan los equipos que participan en ella. 

 

Para quien le gusta la aventura, deportes radicales y desafíos, la Terminator Race es la carrera ideal para participar. Es proyectada para ser una experiencia única en la vida de los participantes. Quien participa va tener de superar e redefinir sus limites en todo momento. La carrera requiere bastante energía, fuerza de superación y cooperación entre los participantes. El recorrido será único y cuenta con obstáculos como alambres de púas, fuego, pozos de barro, paredes verticales, trincheras, rampas, entre muchos otros.

 

Espacio para las empresas

 

La Terminator Race también está pensada para que las empresas realicen acciones de team building. Es una acción de grupo diferente, que permite a los trabajadores o colaboradores de una empresa a desenvolver diferentes competencias de equipo y cooperación cuyo objetivo es convertir el grupo mas integrado, reforzando el espíritu de equipo y el sentimiento de integración en el grupo. Mejora la forma de integrarse y trabajar en equipo.

 

Impacto para la ciudad de Vigo

 

La organización de Terminator Race espera crecer en los próximos años, principalmente con la participación de corredores de otras regiones de España y Portugal. Este crecimiento permitirá un aumento del impacto económico para la ciudad de Vigo, recibiendo visitantes que vienen a disfrutar la prueba y, consecuentemente, la ciudad.

 

El impacto económico de este tipo de eventos deportivos y de placer es grande para las ciudades, comienza con los hoteles, pasando por restauración, por compra de recuerdos turísticos, etc. Asociados a estos eventos están otros negocios y empresas del área como el turismo, publicidad y marketing, aseguradoras, comunicación social, tiendas de material deportivo y hasta recogida de fondos para instituciones sociales.

 

Valores da inscripción

De                                a

01/07/2016 31/07/2016 29,00€
01/08/2016 31/08/2016 33,00€
01/09/2016 10/10/2016 36,00€

 

Incluye: Inscripción, camiseta, medalla (al final de la prueba) y agua e fruta a lo largo de la carrera.

 

Medalla de prata ao Mérito Deportivo da Federación Española de Balonmán para Julio Bernárdez

Julio BernardezJulio Bernárdez, responsable do Servizo de Deportes do Concello do Porriño, ven de ser distinguido, como recoñecemento á súa traxectoria, e a súa “inestimable aportación”, coa Medalla e Insignia de Prata ao Mérito Deportivo da Federación española de Balonmán, unha distinción que lle foi entregada polo presidente da Federación, Francisco Blázquez.

Bernárdez, licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, é Especialista en Xestión de Organizacións e Servizos Deportivos pola Universidade Politécnica de Madrid.

Cunha carreira vencellada ao ensino e ao deporte, Julio Bernárdez foi adestrador dos equipos de baloncesto, Obradoiro de Santiago, Real Club Celta de Vigo,( Masculino e Feminino), Bosco de Vigo, Baloncesto Porriño e, Amfiv Vigo de baloncesto en cadeira de rodas, entre outros, ademais de seleccionador galego de baloncesto. Tamén foi xogador de baloncesto do Obradoiro e de rugby Rugby nos equipos da Universidade de Santiago e da Universidade de Vigo e colaborador en distintos medios de comunicación no eido deportivo.

 

Pado da Volta a España polo Porriño

A VOLTA CICLISTA A ESPAÑA 2016 PASARÁ POLO PORRIÑO O VINDEIRO 21 DE AGOSTO, DURANTE A DISPUTA DA SEGUNDA ETAPA ENTRE OURENSE E BAIONA

Segundo ven de informar ao Concello a organización da Volta Ciclista a España, a segunda etapa da mesma- que unirá Ourense e Baiona nun percorrido de 159 quilómetros- pasará polo Porriño. A Volta, que este 2016, na súa 71ª edición, sae de Ourense e na que se disputarán sete xornadas en territorio de Galicia, terá na segunda etapa a primeira en liña do seu itinerario, logo da contrarreloxo por equipos do primeiro día.

Dacordo cos datos facilitados pola organización, os ciclistas pasarán polo Porriño entre as 16:21 e as 16:37 do vindeiro domingo 21 de agosto, circulando pola estrada N-120 ao seu paso pola vila, aínda que a caravana que acompaña aos deportistas transitará polo concello unha hora antes do paso dos deportistas.

A Volta 2016 se disputará do sábado 20 de agosto ao domingo 11 de setembro ao longo de 21 etapas, cun percorrido total de máis de 3.277 quilómetros. Haberá 7 etapas chas, dúas con final en alto, 12 etapas de media e alta montaña, unha cotrarreloxo por equipos e outra individual. Os ciclistas terán que pasar 51 portos de montaña, cubrir 39 quilómetros crono en solitario e preto de 30 por equipos.

Campionato de España de clubes de Baloncesto de categoría infantil feminina

Segue a disputa, no Porriño e Tui, do Campionato de España de Clubes de Baloncesto de categoría infantil feminina, que empezou o luns e que rematará o vindeiro domingo, día 18.Baloncesto

En total 36 equipos e preto de 400 deportistas se miden nesta competición que este venres, día 17, chega ás semifinais, que se xogarán no pavillón municipal de 16 a 18 h. e da que sairán os dous finalistas, que xogarán polo título o sábado, día 18 ao mediodía.

Os enfrontamentos dos cuartos mediron ao Movistar Estudiantes – Luther King, con logo da victoria para das primeiras, dando a sorpresa, sobre Gran Canaria 57-45; Basket Almeda-UVA Ponce, tras a eliminación do Sant Josep; Celta de Vigo- Snatt’s Femení, despois de que o Snatt’s non deixaran opcións, 78 – 45, ao Araba Gasteiz Basket, e Valencia – Femení Maresme.

IV TRIATLON CONCELLO DO PORRIÑO

Martin Carrera campión absoluto do IV Tríatlon Concello do Porriño

ganador_masc podium

Uns 250 triatletas competiron esta tarde na edición máis dura da proba debido ás condicións meteorolóxicas

 

A deportista local Iria Rodríguez impúxose na categoría feminina facendo gala do seu título de campiona de España

 

Martín Carrera do Club Natación Riveira proclamouse campión absoluto do IV Triatlon Concello do Porriño.  Na proba participaron 250 triatletas, dos 298 inscritos en total, que retaron ao mal tempo grazas ao seu espíritu deportivo.

 

En total foron 209 os que finalizaron correctamente a proba, xa que o río Miño tornouse este ano costa arriba para a proba de natación, xa que no momento da primeira saída comezou a caer unha tromba de auga que dificultou o desenrelo da mesma, provocando o abandono de varios participantes.

 

O traxecto en bicicleta transcorreu sen contratempos, encabezada en todo momento polo vencedor absoluto Martín Carrera (Club Natación Riveira), que facía a súa entrada en meta cun tempo total de 1:01:46; seguido do seu compañeiro de equipo Jorge González cun crono de 1:02:19; e en terceiro lugar Ismael López (Tríatlon Vilagarcía /Aten) que rexistrou 1:02:23.

 

Na categoría feminina na que a nova triatleta do Club Atletismo Porriño e Campiona de España non defraudou. Iria Rodríguez, foi a gañadora cun tempo de 01:09:25, seguida de Inés Castaño (Arcade Inforhouse Santiago) con 1:13:54 e de Carmen Belo (Cidade Lugo Fluvial) con 1:19:24 de tempo total.

 

Sorprendía tamén outro deportista porriñés, xa que estamos máis afeitos velo sobre unha moto, Xacob Agra entraba polo arco de meta en décimo cuarta posición cun tempo 1:06:57.

 

Os encargados de entregar os trofeos aos vencedores foron os concelleiros de Deportes do Porriño e Tui, Manuel Carreira e Laureano Alonso, respectivamente; e o Comandante Naval do Miño, Enrique García.

 

Velando pola seguridade de todos os participantes na proba, contouse con 200 voluntarios entre O Porriño e Tui, situados nos distintos puntos de acceso ao vias polas que transcorría o circuíto.

 

Máis dun cento de deportistas no Porriño para xogar a segunda xornada da Liga de Baloncesto organizada pola Federación Galega de Deporte Adaptado

Baloncesto1O Pavillón Municipal do Porriño acolleu a segunda xornada da Liga Galega de Baloncesto organizada pola Federación Galega de Deporte Adaptado (FGDA), na que participaron máis dun cento de xogadoras e xogadores integrantes dos equipos de Aceesca, Asdan, Aspanaex, Aspavi, Esclavas V.D., Juan XIII, Méndez Núñez, Prioriño, Saiar, San Rafael e San Xerome.

Á competición, que se disputou en forma de liga de 10 e media da mañá a 2 da tarde deste mércores, día 24, asistiron a concelleira de Educación, Lourdes Moure, e o concelleiro de Deportes, Manuel Carrera, coma na primeira xornada, disputada o pasada mes de marzo. O campionato concluirá en outubro, mes no que os quintetos se medirán na terceira e última xornada.

Manuel Carrera salientou o “magnífico traballo” que levan a diante adestradores, directivos e, “especialmente, os deportistas” que contenden a este campionato e, logo de felicitarlles pola seu esforzo, reiterou que o Concello do Porriño quere que a vila sexa a sede permanente desta liga polo cal asinará un acordo coa Federación Galega de Deporte Adaptado (FGDA) para que este desexo sexa unha realidade e os mellores xogadores galegos da categoría se dean cita cada ano no Porriño.