Archivo | sucesos RSS for this section

A CIG solidarízase cos dous afiliados acusados de causar danos durante a folga xeral do 29 de marzo de 2012

2014 03 04 ProtestaXuizoFolgaXeralVigo01

Delegados/as da central concentráronse está mañá ás portas dos Xulgados de Vigo coincidindo coa celebración do xuízo

A CIG desenvolveu está mañá unha concentración ás portas dos Xulgados de Vigo para solidarizarse cos dous afiliados que foron acusados de causar danos durante a folga xeral convocada o 29 de marzo de 2012. A protesta coincidiu co xuízo no que se lles reclama o pago dunha multa a pesar de que non se puido acreditar a súa participación nos feitos denunciados.

A concentración solidaria con Miguel e Laureano, os dous afiliados da CIG-Metal acusados de danos durante a folga xeral do 29-M, desenvolveuse ás portas dos Xulgados a partir das 9.00 horas, coincidindo coa celebración do xuízo. No lugar despregouse unha faixa co lema “Defendérmonos como clase é un dereito, non un delito” e barráronse e berráronse consignas como “Non, non , non á represión” ou “Non pode ser, obreiros na cadea e corruptos no poder”.

Xa no xuízo constatouse que a acusación está sustentada unicamente nas declaracións das dúas persoas denunciantes, o dono dun establecemento e o condutor dun turismo, xa que ningún dos oito axentes da Policía e española que compareceron como testemuñas dixeron ter observado os acusados cometer os feitos que se lles imputan, a roturas do cristal dun coche e dun escaparate. De igual xeito, ningunha das probas practicadas os relaciona directamente co sucedido.

Con todo, ao remate da sesión celebrada no Xulgado do Penal número 2 de Vigo, mantívose a petición de multa económica para os dous acusados.

os “Despidos galegos” de GADIS a doentes de baixa

GADIS despide traballadoras/es de baixa mediante “despedimentos disciplinares”, empregados/as que en moitos casos están nesa situación como consecuencia da súa actividade laboral. En resposta a isto, a CIG está a organizar mobilizacións e ocupacións de supermercados, como acontececeu este venres 21 en Vigo, reivindicando a readmisión e o cese dos abusos por parte dunha empresa que fachendea de “galega” mentres acomete todo tipo de abusos ao seu persoal.

Ligazón ao video: http://youtu.be/wDJxoTWZwHk

Avantar-Videos 
Departamento Audiovisual da CIG-Comunicación

Noticias CIG

Protesta San Francisco.

Ligazón: Nova protesta ás portas dun centro de San Francisco en Vigo para reclamar o mantemento do emprego

2014 01 23 ProtestaAutomocionInspeccion01 imaxes da concentración e posterior peche da Coordinadora do Automóbil da CIG na Inspección de Traballo en Vigo para denunciar a precarización das condicións laborais no sector. Dende a central nacionalista critican o silencio da autoridade laboral diante dos incumprimentos das empresas como o non recoñecemento das enfermidades profesionais e advirten da cada vez maior implantación das ETT.

Unha representación da central nacionalista mantivo unha xuntanza o responsábel da Inspección para abordar esta problemática mentres ducias de delegados/as sindicais do sector permanecían pechados no interior do edificio tras concentrarse uns minutos na entrada principal, onde despregaron unha faixa na que se podía ler “Precariedade laboral. Silencio da Inspección).

 

Pladesemapesga denuncia ante la Fiscalía Europea presuntas irregularidades orquestadas bajo la Fundación Fremss con los fondos europeos.

Un informe del Tribunal de Cuentas Europeo confirma el fraude masivo del Fondo Europeo de Pesca.

 

La Plataforma solicita llamar a declarar a la Conselleira de Medio Rural e do Mar Rosa Quintana, Alcalde de La Coruña Carlos Negreira, Presidente de la Diputación Diego Calvo y al Presidente de la Autoridad Portuaria  Enrique Losada.

 

Pladesemapesga considera “un desprecio y aberración al sector marítimo-pesquero de Galicia” un Congreso en Palexco los días 6 y 7 de Noviembre de 2013 orquestado por la Fundación Fremss con fondos europeos de la pesca y fundada bajo presuntas irregularidades que se le atribuyen al Sr Alfonso García Magariños, Secretario xeral de Medio Rural e do Mar en colaboración o conocimiento de altos cargos de PP de Galicia, por lo que ha remitido toda la documentación a la Fiscalía Europea ( OLAF ),para que investigue los hechos que se niegan a publicitar al sector marítimo-pesquero de Galicia a través de la Plataforma . Leer Más…

CIG – Vigo

unnamed (1)protesta Caixa Geral Vigo.

http://www.galizacig.com/avantar/novas/25-11-2013/delegadosas-da-cig-banca-en-ngb-reclaman-no-concello-de-vigo-a-paralizacion-da-poxa

unnamed (2) O VI Congreso da CIG-Administración Pública reelixe a María Carme López Santamariña como secretaria nacional

Na sesión celebrada esta fin de semana en Allariz tamén se escolleron os/as integrantes da nova Executiva e os/as membros do Consello Confederal

ALLARIZ/23-11-2013

O VI Congreso da federación de Administración Pública celebrado esta fin de semana en Allariz baixo o lema ‘Recuperar dereitos, defender o público, manter a dignidade’ reelixiu a María Carme López Santamariña como secretaria nacional con 104 votos. Na sesión tamén se escolleron os/as integrantes da nova Executiva e os/as membros que integrarán o Consello Confederal. Na clausura da sesión, na que participou o secretario xeral, Suso Seixo, a responsábel nacional da CIG-Administración reclamou “compromiso, forza e unidade na defensa dos servizos públicos”.

López Santamariña, cuxa candidatura competía con outras dúas, incidiu durante a súa intervención nos efectos da crise económica sobre as condicións laborais, en especial nas agresións padecidas polos empregados e empregadas das Administracións públicas en Galiza, “nomeadamente as abusivas reducións salariais e perda de dereitos laborais decretados desde que comezou a crise”.

Neste senso alertou sobre a situación na que se atopa o sector público, que ve perigar a súa supervivencia e calidade pola falta de persoal tras a imposición de taxas de reposición do 0% e por mor do proceso de privatizacións emprendido polos gobernos do PP en Galiza e no Estado español. Fronte a isto, reclamou “compromiso, forza e unidade” na defensa dos servizos públicos e amosou especial preocupación polas precarias condicións de traballo ue padecen os empregados dos entes autónomos e fundacións públicas. “Cando se loita nunca se perde, aínda que ás veces non se gañe”, lembrou.

Ao mesmo tempo, apostou por promover alianzas de colaboración con organizacións sindicais afíns e por afondar nas relacións internacionais, salientando a presenza neste VI Congreso de organizacións sindicais de Portugal (STAL-CGTP e SNTFPS-CGTP), Euskal Herria (ELA e LAB), Catalunya (CATAC-IAC) e País Valencià (Intersindical Valenciana). O sindicato catalán CSC remitiu un comunicado escusando a súa presenza e saudando o Congreso da CIG-Administración.

Pola súa banda, o secretario xeral da CIG, Suso Seixo, fixo fincapé na perda de dereitos sociais e laborais que está a provocar a crise económica e nos milleiros e milleiros de mozos/as que teñen que emigrar en busca dunha oportunidade laboral.

Fronte a isto, apostou por afondar na organización da clase traballadora, para o que considera necesario reforzar a central sindical; tamén na mobilización e contestación social; e finalmente por intentar mudar a correlación de forzas políticas que lexislan no Parlamento galego para lograr medidas favorábeis á clase traballadora. Finalmente, incidiu na necesidade de loitar por un novo modelo económico e social máis xusto e solidario no que se garanta un reparto equitativo da riqueza.

A nova Executiva Federal queda conformada por:

1. María Carme López Santamariña

2. Xosé C. Crespo Santiago

3. María Xosé Santos Paz

4. Delmiro Durán Garrido

5. Fernando R. García Fernández

6. Carolina Castro Baamonde

7. Antonio Baliño Vázquez

8. Roberto Tizón Miguens

9. Gerardo Alvaredo Maceda

Os membros do Consello Confederal son:

1. María Carme López Santamariña

2. Xosé C. Crespo Santiago

3. Mª Cristina Ermida Moinelo

4. Francisco Xavier Picón Picallos

5. Fernando R. García Fernández

6. Mª Consuelo Rodríguez Rodríguez

7. Xaime Rei Vázquez

8. Gerardo Alvaredo Maceda

Informe de Xestión

A análise de toda a problemática laboral dos empregados/as públicos/as ocupa un lugar destacado no Informe de Xestión da Executiva saínte, que foi aprobado por 96 votos a favor, 16 en contra e 64 en branco. No documento faise fincapé en que o período de catro anos dende a celebración do anterior Congreso da CIG-Administración foi “de consecuencias destrutoras e negativas para a clase traballadora, debido á crise do sistema capitalista, que, no seu actual modelo neoliberal, se manifestou nunha crise económica e financeira moi fonda, pero tamén nunha crise política e institucional”.

 

Unha crise con repercusións máis graves nos estados periféricos como o Estado español e devastadora para Galiza, pola falta de soberanía e por sufrir un goberno sen proxecto para o país, ao servizo dos intereses económicos das clases dominantes e alleas, da españolización e dunha ideoloxía reaccionaria extrema e perseguidora dos dereitos sociais e democráticos.

 

Este foi tamén un período de recortes sociais e desmantelamento dos servizos públicos, de eliminación de dereitos laborais e de rebaixas salariais, de contrarreformas laborais, de limitación e anulación da negociación colectiva, de ampliación da idade de xubilación, de aumento de horario laboral, de eliminación de ofertas de emprego, de despedimentos de persoal de todas as Administracións, etc.

 

Fronte a isto, a CIG-Admón. participou, protagonizou, canalizou e dirixiu a grande maioría da conflitividade e reivindicación nas Administracións públicas asumindo, case en exclusiva, o traballo informativo e de axitación sindical nos centros de traballo.

O esencial reside na capacidade para organizar a resistencia nos centros de traballo e tamén para promover saídas lexislativas que impulsen o benestar social e limiten, ou radicalmente eliminen, as desigualdades de renda e a capacidade de influencia política dos oligopolios financeiros.

 

Finalmente, fronte á ofensiva forte pero non imbatíbel dos poderosos/as as opcións da clase traballadora galega pasan pola autoorganización, pola soberanía nacional, pola República galega e por un estado socialista galego.

 

Tamén se aprobaron os Relatorios de Organización (94 votos a favor, 0 en contra e 10 abstencións) e Acción Sindical (44 a favor, 0 en contra e 6 abstencións), así como unha modificación dos Estatutos da federación (159 a favor, 0 en contra e 1 abstención).

 

 

 

 

 

 

Protesta Asemblea Persoas Desempregadas

descarga  protesta da Asemblea de Persoas Desempregadas da CIG de Vigo hoxe diante da oficina de emprego de López Mora. Aquí tedes tamén un vídeo sobre a mobilización: http://www.youtube.com/watch?v=WRSVykgzuhE

Protesta limpeza Xeral-Cíes

descarga (5)  protesta que desenvolveu hoxe o persoal de limpeza do Xeral-Cíes de Vigo para rexeitar a intención da nova concesionaria do servizo, Clece, de non aplicar o convenio colectivo de empresa, o que suporá unha importante perda de dereitos laborais. As afectadas/os concentráronse por espazo de media hora no hall do edificio e posteriormente trasladaron a protesta ás zona de Urxencias, onde berraron consignas en defensa das condicións de traballo. As mobilizacións continuarán a diario en horario de mañá e tarde coincidindo coa hora do bocadillo.

http://www.galizacig.com/avantar/novas/2-9-2013/empregadasos-da-limpeza-do-hospital-xeral-cies-mobilizaranse-contra-a-intencion-da-no

CIG- Povisa

descarga (1)

Povisa no edificio da Xunta de Vigo

As traballadoras demandan ser recibidas por Beatriz Mato ou algunha outra responsábel da consellaría de sanidade sen veren atendida a súa demanda. Boa parte das.manifestantes abandonaron xa o edificio ante a.ameaza de desaloxo policial. Dentro quedan rodeadas por un dispositivo  membros do comité,que foron identificadas, así como outras persoas que se atopaban no interior. A ameaza de despexo continúa.

A policía pon fin ao peche de POVISA no edificio da Xunta en Vigo

descarga (2) A policía desaloxou o peche que traballadoras/es do hospital privado POVISA mantiñan desde as 11 da mañá no edificio da Xunta en Vigo. Fronte as demandas de seren ouvidas pola delegada autonómica en Vigo, Bravo Bosch, ou por outra persoa da administración, denuncian o “desproporcionado operativo policial” que as rodeou nas instalacións, realizando identificacións -que poderían dar lugar a sancións- e finalmente despexando o predio ás 13:30 horas. No entanto, a loita contra a imposición do convenio provincial, que recorta até un 40% as condicións salariais, segue o seu camiño, e dará lugar este xoves 8 de agosto ás 10:30h da mañá a unha nova xornada de protestos que partirá desde a farola de Príncipe.

Comunicado por falecemento de Dª Blanca Padín

cres (2)Desde o BNG de Tui queremos expresar a nosa profunda dor polo falecemento da Profesora tudense Dª Blanca Padín,  na traxedia  ferroviaria de Compostela. Transmitimos as nosas máis sentidas condolencias á súa familia, nomeadamente aos seus fillos,  Débora  e Carlos , compañeiro de corporación no Concello de Tui. No BNG temos o convencimento  de  que  unha vida dedicada ao ensino de forma tan exemplar  ficará na memoria de centos de tudenses que tiveron o privilexio de seren os  seus alumnos e alumnas.  Que a terra lle sexa leve.