O alcalde visita as instalacións de Termavi
![]() |
![]() |
O alcalde visita as instalacións de Termavi
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, visitou este martes as instalacións da empresa Termavi no Porto de Vigo. Acompañado polo presidente da compañía, Eduardo Vieira, o rexedor vigués fixo un percorrido polo peirao de Guixar, onde Terminales Marítimas de Vigo opera na carga e estiba de colectores marítimos.
O Concello promove as expropiacións necesarias para a terminal de bus e os accesos á estación do AVE
O Concello promove as expropiacións necesarias para a terminal de bus e os accesos á estación do AVE
Segundo explicou Caballero este martes, o Concello custea a expropiación duns 500 m2 «imprescindibles» para construír a estación de autobuses e os accesos á estación do AVE de Urzáiz. O alcalde anunciou que en febreiro virá a Vigo o arquitecto Thom Mayne para supervisar as obras e o encaixe do ascensor entre García Barbón e Vía Norte que proxecta o Concello a través da estación do AVE.
O goberno Central xa traballa na licitación do estudo técnico que solucionará o abastecemento de Vigo.
O goberno Central xa traballa na licitación do estudo técnico que solucionará o abastecemento de Vigo
Abel Caballero deu conta do avance dos pregos da licitación do estudo que buscará a mellor alternativa para solucionar o problema do abastecemento en Vigo. En rolda de prensa, tamén anunciou a súa presenza na conferencia que pronunciará mañá mércores o secretario de Estado de Medio Ambiente, Hugo Morán, responsable do departamento que licitará o devandito proxecto.
GALICIA XA LEVA NOVE MESES SENDO A COMUNIDADE AUTÓNOMA QUE MELLOR PAGA AS SÚAS FACTURAS, SEGUNDO OS DATOS OFICIAIS
GALICIA XA LEVA NOVE MESES SENDO A COMUNIDADE AUTÓNOMA QUE MELLOR PAGA AS SÚAS FACTURAS, SEGUNDO OS DATOS OFICIAIS
- O período medio de pago en Galicia baixa aos 14,2 días ao peche do mes de novembro, fronte aos 33,2 días da media autonómica
- A débeda comercial da Administración galega é a segunda máis baixa de España
Muy pronto volveremos con ….
Pronto reanudaremos la activación de nuestra página con muchas novedades!!!
Pronto….
Nuestra página seguirá muy pronto editando noticias…preparando nuevos cambios. Gracias por seguirnos.
Saída do número de verán da erregueté
A erregueté saca a rúa o seu número de verán
A Revista Galega de Teatro dedica o seu apartado TEMAS á reflexión sobre Galicia Escena Pro, cita ineludible para os profesionais da produción, a distribución e a programación galegas.
O número 91 da erregueté inclúe o texto de AveLina Pérez Os cans non comprenden a Kandinsky, que poderá verse na próxima Mostra de Teatro Cómico e Festivo de Cangas
Co verán chega o segundo número de 2017 da Revista Galega de Teatro. Coa atención posta na última edición do Galicia Escena Pro que se celebrou en Compostela do 12 ao 15 de xuño, a erregueté 91 quixo contribuír desde a sección TEMAS a reflexionar en conxunto sobre esta cita destacada das artes escénicas desde a mirada de diferentes profesionais da produción, a programación e a distribución.
De igual xeito, o segundo número do ano da Revista repasa tamén feitos relevantes da primavera como os Premios María Casares ou a décima edición do Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico e inclúe unha entrevista con Eduardo Alonso, gañador do Premio de Honra Marisa Soto deste ano e fundador de Teatro do Noroeste, que celebra o seu trinta aniversario.
Entre as seccións habituais da erregueté, podemos atopar un novo Pre-Texto do proxecto TRCDanza co que temos o pracer de colaborar (En Danza) ou descubrir o papel do teatro comunitario como estratexia para a creación de público nunha sala de teatro (Escena Aberta).
No apartado de creación, e dentro da nosa aposta por difundir a dramaturxia contemporánea, a revista ten o pracer de presentar o texto Os cans non comprenden a Kandinsky de AveLina Pérez, que poderemos ver en escenarios como o da Mostra de Teatro Cómico e Festivo de Cangas, que terá lugar do 30 ao 8 de xullo.
A erregueté tamén estará presente nesta Mostra: o venres 7 de xullo, ás 20.00 horas, presentaremos este número da revista na Capela do Hospital e organizaremos alí un diálogo aberto entre as últimas autoras editadas, AveLina Pérez (Os cans non comprenden a Kandinsky) e María Armesto (Winnie son eu). Esperamos contar coa vosa presenza nesta cita.
Aproveitamos para vos lembrar que tanto a crítica como a actualidade poden acompañarse desde a páxina web (http://www.erreguete.gal), o facebook (www.facebook.com/rgt.galegateatro) e o twitter (twitter.com/erreguete) da revista.
Baixada do paro no Porriño no mes de abril
O PARO NO PORRIÑO VOLVE A BAIXAR E SITUASE EN VALORES SEMELLANTES AOS DE HAI 8 ANOS, CUNHA TAXA DE DESEMPREGO 3 PUNTOS MENOR QUE HAI UN ANO
O número de parados descendeu o mes pasado no Porriño en 37 persoas, segundo os datos difundidos este xoves polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social. Dacordo cos mesmos, na vila hai 1.842 desempregados anotados na oficina do Servizo Galego de Emprego.
Isto supón que o paro situouse ao remate de abril no 20,3%, preto de 5 décimas menos que en marzo. En relación co mes de abril de 2016 o desemprego descendeu no Porriño en 285 persoas, pasando de 2.127 a 1.842 e, porcentualmente, do 23,4 ao 20,3%, tres puntos menos nun ano.
Isto sitúa o desemprego na vila en valores descoñecidos dende hai 8 anos, no 2009, cando o número de parados era semellante ao de hoxe e, isto engade un dato máis esperanzador: tendo en conta que aquel ano a poboación do Porriño era de 17.475 habitantes, 2.000 persoas menos que na actualidade.
Dacordo coas cifras oficiais sobre a evolución do paro, dende que actual Goberno local tomara posesión, o desemprego en O Porriño reduciuse de 2.139 persoas en xuño de 2015 a 1.842 este mes de abril, o que supón unha caída de preto de 3 puntos e medio.
A alcaldesa salienta que son boas novas e amósase segura de que as iniciativas impulsadas dende o Concello funcionan, como os acordos acadados con empresas para a formación de traballadores demandantes de emprego-que permitiu acadar traballo a varios veciños desempregados-, os convenios con outras Administracións, como os ‘Obradoiros de Emprego’ co-financiados coa Xunta de Galicia, e os ‘Plans de Emprego’ posibles logo da sinatura dun convenio coa Deputación de Pontevedra, e o investimento de fondos municipais-so no que vai deste ano máis de 350.000€-adicados integramente a poñer as condicións axeitadas para facilitar a empregabilidade de aquelas porriñesas e porriñeses que queren traballar.
Eva García de la Torre insiste en que no Goberno local “nunca estamos satisfeitos” e lembra que “temos coma prioridade número un a creación de emprego e non imos reparar en esforzos, iniciativas e inversións para que os veciños que están na procura dun traballo o atopen canto antes”.
O xurado do Concurso de beléns de Afundación destaca a alta calidade artística das pezas presentadas
Afundación decidiu onte á tarde os premiados do seu tradicional concurso de beléns, que cumpre xa a súa edición número 51, no que se outorgaron tres premios na categoría individual e outros tres na categoría de colectivos integrados por menores de 16 anos; así mesmo, concedeu dez accésits. O xurado que valorou as obras estivo integrado por Ramón Trigo Alonso, artista e ilustrador; Juana Amarelo Dourado, galerista de Dua2; Carlos López Bernárdez, crítico de arte, e Cristina Iglesias Pérez, coordinadora adxunta de Sedes da entidade e, actuando como secretaria, Paloma Vela Garicano, coordinadora adxunta da Área de Cultura de Afundación. O xurado decidiu conceder o primeiro premio da categoría individual ao centro de atención a persoas maiores Doral Residencias ; o segundo premio a José María Macías Sánchez e Cristina Macías Cortiña; e o terceiro galardón dentro desta sección a Aída Alonso Vázquez. Na categoría para colectivos integrados por menores de 16 anos o tribunal decidiu conceder o primeiro premio á Asociación Iniciativa Social Berce; o segundo á ANPA Nanette Primaria; e o terceiro ás Esclavas de la Virgen Dolorosa Crecente. Ademais concedéronse 10 accésits, o número máximo que permiten as bases.