archivo | Uncategorized RSS para esta sección

Afundación organiza en Vigo durante decembro tres cursos de cociña para celebrar as festas de Nadal co padal

Afundación presenta, a partir do 12 de decembro, a súa oferta de Nadal en materia de cursos de cociña na sede de Vigo (Policarpo Sanz, 24-26 ). Coa totalidade de prazas cubertas, os cursos están dirixidos tanto ao público infantil como adulto e teñen como principal obxectivo a preparación gastronómica das festas de Nadal. Un total de 3 obradoiros serán impartidos nas instalacións da entidade en Vigo: «Tradición e innovación na cociña. Festas de decembro», «Cociña para nen@s: contos e lendas de nadal na cociña», «Cociña paranen@s: aperitivos para os Reis Magos».

O ballet ‘A bela durminte’ en Afundación de Vigo e Pontevedra

Afundación acollerá nas cidades de Vigo e Pontevedra o espectáculo de ballet, A bela durminte, de man da compañía de ballet nacional ruso, dirixida por Serguei Radchenko. A función terá lugar o día 13 de decembro no Teatro Afundación de Vigo (Policarpo Sanz, 13) e na Sede Afundación de Pontevedra (Augusto González Besada, 2-4), o día 14, en ambos os casos, ás 20.30 h. A representación está estruturada en 4 actos e prólogo e intervirán os seguintes solistas: Maria Sokolnikova, Maria Klueva, Anna Zimovchenko, Olga Gudkova, Alexandra Krukova,Dmitri Sitkevich, Nurlan Kinerbaev, Alexander Daev e Ivan Zviagincev. As entradas xa están dispoñibles a través das vías habituais de comercialización da entidade: mediante a web de www.Ataquilla.com ou no teléfono 902 504 500.

A DIRECTORA XERAL DE XUVENTUDE PARTICIPA NA CLAUSURA DA CONFERENCIA DE ABEGONDO DO PROXECTO ON TOUR FOR EUROPE

 A iniciativa enmárcase no programa Europe for Citizens 2014-2020 que pretende fortalecer unha rede de cooperación entre as cidades participantes en temas vinculados á migración, os dereitos humanos e a cidadanía activa
 Cecilia Vázquez lembrou que a Consellería de Política Social mantén aberto os prazos para a participación de mozos e mozas nos programas de mobilidade Galeuropa e Campos de Traballo
 A titular autonómica afirmou que o fomento da mobilidade xuvenil en Europa é un dos eixes preferentes do Plan Estratéxico de Xuventude 2014-2016

Abegondo (A Coruña), 29 de abril de 2016.- A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez Suárez, recordou hoxe que a Consellería de Política Social mantén aberto os prazos para a participación de mozos e mozas de entre 18 e 30 anos nos programas de mobilidade Galeuropa e Campos de Traballo. Vázquez Suárez fixo este recordatorio durante a súa participación na clausura da Conferencia de Abegondo do proxecto On Tour for Europe. Esta iniciativa enmárcase no programa europeo Europe for Citizens 2014-2020, que pretende fortalecer unha rede de cooperación entre as cidades participantes en temas vinculados á migración, os dereitos humanos e a cidadanía activa. Nel participan representantes de institucións e de entidades procedentes de Bélxica, Francia, Alemaña, Italia, Lituania, Países Baixos, Reino Unido e España.
A titular autonómica asegurou que o fomento da mobilidade xuvenil en Europa é un dos eixes preferentes do Plan Estratéxico de Xuventude 2014-2016, xa que “as políticas máis modernas de Europa teñen a mobilidade como un dos instrumentos para que os mozos e mozas poidan adquirir novas capacidades e competencias, ampliando deste xeito o currículo a través dunha experiencia internacional”.
O programa Galeuropa enmárcase no Programa Operativo de Emprego Xuvenil cofinanciado pola Iniciativa de Emprego Xuvenil e o Fondo Social Europeo e ten por obxecto a concesión de axudas para a realización de prácticas formativas de entre 8 e 16 semanas en entidades ou empresas públicas ou privadas de 31 países europeos. Este programa conta cun orzamento de 2 millóns de euros que permitirá sufragar en torno a 500 mobilidades. O prazo de solicitudes está aberto ata o 9 de maio.
Pola súa banda, os Campos de Traballo para este verán contan con 588 prazas de acollida, nos 24 campos que se organizan en Galicia, e outras 370 de partida. Deste xeito, os mozos e mozas galegos poden participar tanto nos Campos de traballo galegos como nos que teñen lugar noutras comunidades autónomas (para os que se ofrecen 120 prazas), e nos que se celebran en 31 países de todo o mundo (250 prazas).
Os Campos de Traballo constitúen unha excelente ferramenta de educación non formal para a mocidade, xa que engloban experiencias de participación, de voluntariado e de mobilidade. Son accións voluntarias, que os rapaces e rapazas realizan de forma altruísta e solidaria, poñendo o seu gran de area para mellorar a nosa sociedade. Tamén promoven a participación e implicación da xuventude na sociedade e fomentan a mobilidade, pois ofrecen aos mozos e mozas a oportunidade de tomar parte en campos doutras Comunidades e países e viceversa.

Concello de Vigo

O alcalde asegura que “este territorio inicia una etapa nueva” coa Lei de Área Metropolitana

O alcalde felicitouse esta mañá pola aprobación na Xunta de Goberno da modificación de Lei de Área Metropolitana que abrirá “unha etapa nova neste territorio”. En todo caso, o goberno local tamén quixo deixar constancia das emendas que lle gustaría se incluiran no texto, especialmente, que Vigo sexa tratada como capital de provincia no tocante á dotación de servizos.

 

Caballero valora a “importante” oferta internacional do aeroporto co inicio de Boloña e Dublín

Este venres da comezo a ruta entre Vigo e Boloña operada por Ryanair, aeroliña que tamén arranca este domingo a conexión viguesa con Dublín. Ademais, o alcalde salientou que Peinador ten pechados directos con Londres, Lisboa, Bruxelas, Roma, Milán e Edimburgo, un “ámbito de voos internacionais certamente importante”.

 

O Concello cede ao IGVS parcelas por valor de 1.200.000 euros para construír vivenda social

A Xerencia de Urbanismo aprobou este venres a cesión gratuíta de dúas parcelas na avenida Ramón Nieto para a construción dun máximo de 22 vivendas en cada unha delas e a doazón dun terreo na rúa Canicouva na que se poderá erguer unha edificación de 4 alturas. Ámbalas propiedades do patrimonio municipal suman un valor de 1.200.000 euros e nelas o Instituto Galego de Vivenda e Solo construirá vivendas de promoción pública.

 

O Concello adica 96.000 euros a clubs deportivos e subvenciona catro contratos da Rede de Mulleres

Segundo informou Caballero, o goberno de Vigo aprobou convenios co Sárdoma CF (23.000 euros), o Club Balonmán Seis do Nadal (30.000 euros), o Halcones (15.000 euros) e co Vigo Rugby (28.000 €), ademais doutro acordo coa Rede de Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos para apoiar a contratación de catro profesionais con 41.000 euros.

 

As fontes da rúa Aragón tínguense de azul no Día Mundial do Autismo

Con motivo do Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo que se celebra este sábado 2 de abril, o Concello súmase á acción internacional “Ilumínao de azul” a petición da Fundación Menela. Esta media noite as fontes da rúa Aragón lucirán a cor azul identificativa da xornada.

 


O Concello cooperará coa organización do 25 aniversario da Facultade de Ciencias do Mar

O alcalde de Vigo avanzou hoxe venres a cooperación do Concello coa celebración que a Facultade de Ciencias do Mar está a organizar con motivo do seu 25 aniversario o próximo curso académico. Logo de manter un encontro coa decana, María Amelia Coello, e co catedrático emérito Federico Vilas, Caballero eloxiou o cuarto de século de presencia na cidade dunha facultade “cun historial de investigación e docencia excepcional”.

 


O alcalde recibe a camiseta da Vig-Bay 2016

Abel Caballero mantivo un encontro este venres con Pilar Ruíz e Mar Mariño, da organización da Vig-Bay, que lle entregaron a camiseta desta décimo sétima edición e con quen o rexedor tivo a oportunidade de “constatar que a organización marcha perfectamente”. A media maratón celébrase o próximo 10 abril percorrendo os municipios Vigo, o punto de saída, Nigrán e Baiona, o punto de meta.

 


Festa da Reconquista da Vila de Vigo

O Casco Vello acolle un ano máis a Festa da Reconquista da Vila de Vigo 2016, con actos e actividades que se celebrará o sábado 2 e domingo 3 de abril.

 


“Paseo polo Vigo literario”

A Concellaría de Normalización Lingüística e a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega organizan este paseo polo Vigo literario o sábado, 9 de abril, ás 11.30 horas guiado por Fran P. Lorenzo.Saída da rúa Privada Moderna. Duración do paseo: 1 hora e 45 minutos

 

 

Obradoiro de improvisación teatral

A Concellaría de Normalización Lingüística vai levar a cabo un obradoiro de improvisación teatral, de 21 horas que terá lugar os días 12, 19, 26 de abril; 3, 10, 24, 26 de maio; de 17:00 a 20:00, no Instituto Municipal de Educación-IME (camiño do Chouzo, 2)Este obradoiro está destinado a adolescentes ou persoas adultas non profesionais no eido das artes escénicas.

 


Curso de escritura creativa para adultos Obradoiro literario “Aliteraclara”

A Concellaría de Normalización Lingüística organiza o curso de escritura creativa para adultos “obradoiro literario Aliteraclara” impartido pola escritora Clara do Roxo e terá lugar o 25 de abril; 2, 9, 23 de maio; de 18:30 a 21:00 no Centro Municipal de Distrito de Casco Vello (rúa Oliva, 12).Para se inscribir deben enviar os seus datos (nome completo e teléfono) ao correo electrónico claradoroxo@gmail.com

 

 

Medidas de tráfico por obras

 

IMPOSTO DE VEHÍCULOS DE TRACCIÓN MECÁNICA 2016

Almudena Villegas impartirá o vindeiro mes en Afundación un obradoiro de cociña fusión Andalucía-Galicia

A Fundación Galicia Obra Social (Afundación) acollerá o vindeiro día 1 de abril, de 17.00 a 19.00 h na aula de cociña da Sede Afundación de Vigo (Policarpo Sanz, 26), un obradoiroshowcooking de cociña fusión Andalucía-Galicia a cargo da escritora, Premio Nacional de Gastronomía, Premio da Academia Internacional de Gastronomía e Gourmand World Cookbook Award2008 e 2015, Almudena Villegas, e coa colaboración da directora da Escola de Cociña Harina Blanca, Elena Zulueta. Todas aquelas persoas interesadas en participar pódense inscribir a través da web https://www.ideaspropiaseditorial.com.

A XUNTA EXPÓN AOS CONCELLOS PORTUGUESES DO ALTO MINHO O ÉXITO DO PLAN DE TRANSPORTE METROPOLITANO, QUE LLES PERMITIU AOS GALEGOS AFORRAR 35 MILLÓNS DE EUROS NOS SEUS DESPRAZAMENTOS

  • 20160219_111823_resizedA conselleira de Infraestruturas e Vivenda destaca que desde que entrou en funcionamento este sistema no ano 2011 se emitiron máis de 335.000 tarxetas, coas que se aboaron 42 millóns de viaxes subvencionadas
  • Destaca que o Plan de Transporte Metropolitano é sobre todo “un plan social” con importantes ventaxas tamén económicas e ambientais
  • Manifesta a conveniencia de que o transporte urbano do Concello de Vigo se integre neste sistema, co obxectivo de que os cidadáns desta cidade e da súa área metropolitana poidan beneficiarse plenamente das ventaxes Plan

 

Santiago, 19 de febreiro de 2016.- A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, acompañada da directora xeral de Mobilidade, Helena de Lucas, mantivo unha reunión con representantes da Comunidade intermunicipal do Alto Miño, para expoñerlles o éxito do funcionamento e as vantaxes do Plan de Transporte Metropolitano de Galicia. Segundo manifestou, este sistema de transporte público permitiulles xa aos galegos aforrar 35 millóns de euros nos seus desprazamentos.

 

Pola súa banda, en representación da Comunidade do Alto Minho, o vicepresidente da Cámara Municipal de Arcos de Valdevez, Helder Barros, agradeceu ao Goberno galego a celebración desta xornada explicativa e manifestou o interese da agrupación de concellos de replicar este sistema de transporte metropolitano na súa comarca.

 

Ethel Vázquez subliñou que “desde que entrou en funcionamento o Plan de Transporte Metropolitano se puxeron en  circulación máis de 335.000 tarxetas TMG e se expediron case 55 millóns de billetes, dos que 42 millóns foron aboados con esta tarxeta o que supón que  3 de cada 4 billetes emitidos nas áreas onde está implantado o transporte metropolitano tiveron bonificación”.

 

Durante a xuntanza explicou as vantaxes ambientais, económicas e, sobre todo, sociais que supón este plan, unha iniciativa que xa beneficia a 65 concellos e a 1,5 millóns de galegos, que dispoñen dun sistema tarifario moito máis sinxelo.

 

Así mesmo, remarcou que, “en total, xa son máis de 33,5 os millóns de euros investidos no plan de transporte metropolitano desde o ano 2011, deles máis de 27 M € , e dicir, o 80%, foron achegados pola Xunta”.

 

Ethel Vázquez sinalou que todos estes datos se traducen en prezos máis económicos, con descontos que se sitúan no entorno dos 600 euros anuais, ademais de melloras na accesibilidade e na mobilidade de miles de cidadáns,” ao garantirlles unha alternativa real á utilización do vehículo particular; e maior benestar para os galegos, xa que estamos a fomentar o uso do transporte colectivo, liberando de tráfico o centro das cidades, coa conseguinte redución de contaminación e a mellora da calidade do aire”.

 

A conselleira destacou tamén que os números demostran a efectividade desta medida e a boa acollida que está a ter por parte dos cidadáns e animan á Xunta a seguir traballando por estender as vantaxes deste sistema polo resto de Galicia.

 

 

Unha tarxeta única que lles permite aboar a súa viaxe en diferentes medios e compañías con grandes beneficios: aforros medios do 50% nos seus desprazamentos urbanos; transbordos gratuítos co transporte urbano; bonificacións adicionais para usuarios recorrentes e familias numerosas.

 

O Plan de Transporte Metropolitano botou a andar no ano 2011 nas áreas da Coruña, de Santiago e de Ferrol e no ano 2012 se estendeu a Lugo, mentres que desde o mes de abril do ano pasado tamén está operativo en 12 concellos da área metropolitana de Vigo.

 

Actualmente, a Xunta está a avanzar na tramitación para poñer en  marcha este mesmo ano o Plan de Transporte Metropolitano en oito concellos da área de Ourense.

 

A conselleira de Infraestruturas manifestou tamén o seu desexo de que o transporte urbano do Concello de Vigo se integre neste sistema, co obxectivo de que os cidadáns desta cidade e da súa área metropolitana poidan beneficiarse plenamente das ventaxes Plan de Transporte Metropolitano.

 

GALICIA CUMPRIU EN 2015 O OBXECTIVO DE DÉFICIT E CONSEGUIU REBAIXALO AO 0,67% DO PIB

  • O conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, presentará en rolda de prensa o avance de execución orzamentaria.

    O conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, presentará en rolda de prensa o avance de execución orzamentaria.

    O conselleiro de Facenda avanza que a Xunta axustouse ao obxectivo do 0,7% fixado para todas as Comunidades Autónomas

  • O Goberno galego reduciu un 31% o déficit respecto de 2014
  • Valeriano Martínez lembra que o cumprimento do déficit ten efectos prácticos e beneficiosos para a cidadanía galega
  • “Galicia é a proba de que é posible cumprir o déficit público”, indicou
  • A Xunta dispuxo de preto de 150 millóns de euros adicionais grazas ao cumprimento da estabilidade orzamentaria e o aforro nos xuros da débeda
  • Galicia mantén blindado o gasto social ao tempo que está á cabeza de comunidades en esforzo investidor

 

Santiago, 17 de febreiro de 2016.- O conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, avanzou hoxe que Galicia pechou o exercicio 2015 cun déficit público do 0,67% do PIB, o que significa que a Comunidade galega volveu cumprir o obxectivo de estabilidade orzamentaria para o ano pasado, fixado no 0,7% polo Consello de Política Fiscal e Financeira (CPFF) para todas as Comunidades Autónomas.

 

En rolda de prensa, o conselleiro indicou que o dato provisional de déficit público de Galicia situouse no 0,67% ao peche de 2015. Isto supón unha redución do 31% respecto ao peche do ano anterior, no que Galicia rexistrou un déficit do 0,98%, tamén por debaixo do 1% autorizado polo CPFF para 2014.

 

O titular de Facenda sinalou que “desta maneira, un ano máis Galicia estará entre as comunidades cumpridoras”, unha vez que o Ministerio de Hacienda publique os datos de déficit do conxunto das autonomías. “En 2014 Galicia xa foi unha das catro comunidades que cumpriu o déficit”, lembrou.

 

Valeriano Martínez advertiu de que Galicia “é a proba de que é posible cumprir o déficit público”. Tamén indicou que é unha comunidade solvente que mantén a súa autonomía financeira, e reiterou que o cumprimento do obxectivo de déficit “ten efectos prácticos e beneficiosos para a cidadanía galega”.

 

Así, Valeriano Martínez explicou que a Xunta de Galicia dispuxo de preto de 150 millóns de euros adicionais en 2015 grazas ao cumprimento da estabilidade orzamentaria –que permitiu obter 85 millóns por parte do Estado- e o aforro nos xuros da débeda, que acadou os 56 millóns de euros, uns recursos que puideron ser destinados a gastos produtivos.

 

Menos débeda e máis investimentos

O conselleiro de Facenda explicou que o cumprimento do déficit público non consiste só en axustarse a unha cifra, senón que significa “ser responsables e non gastar por riba do que pode asumir unha Administración”. Ademais, recordou que cumprir o déficit serve tamén para sustentar un crecemento san. “O obxectivo é conseguir unha evolución positiva da nosa economía e do noso benestar sen poñer en risco o noso futuro”, indicou.

 

Valeriano Martínez sinalou que, xunto o cumprimento do déficit, o control da débeda pública e outra das bases dese modelo de crecemento san ao que aspira a Xunta. Sobre isto, engadiu que Galicia mantén controlada a débeda pública e destacou que ten cinco puntos menos de ratio débeda/PIB que a media de comunidades. De feito, Galicia é a comunidade onde menos medrou a débeda na actual lexislatura. Ademais, en 2008 era a cuarta autonomía con máis débeda, mentres que agora é a sexta con menos débeda.

 

A Comunidade galega tamén mantén blindado o gasto social, tanto en orzamentos decrecentes como no vixente, que medra en máis dun 4% respecto ao ano anterior. A Xunta está a destinar case 8 de cada 10 euros a sanidade, educación e servizos sociais.

 

Galicia mantense igualmente á cabeza de comunidades en esforzo investidor. Ata o mes de novembro o esforzo investidor de Galicia acadou o 10,7% do total de gasto non financeiro, o que supón case duplicar a media autonómica (5,7%).

AS FAMILIAS GALEGAS QUE TIVERON OU ADOPTARON UN NENO OU UNHA NENA NO QUE VAI DE ANO COMEZARÁN ESTA SEMANA A RECIBIR A TARXETA BENVIDA

  • Na actualidade, a administración autonómica rexistrou preto de 1.000 solicitudes desta axuda económica directa de 100 euros mensuais para a compra de produtos de alimentación, de hixiene e farmacéuticos
  • A Tarxeta Benvida forma parte dun ambicioso paquete de medidas de apoio á familia e á infancia que está a desenvolver o Goberno galego ao abeiro do Programa de Apoio á Natalidade (PAN). Estas abranguen dende deducións fiscais ata exención de pago nas escolas infantís ou accións de conciliación como o Bono Concilia, entre outras

 

Santiago, 16 de febreiro de 2016.- A Xunta de Galicia entregará esta semana as primeiras cen Tarxetas Benvida aos pais e nais que tiveran solicitado esta axuda económica directa de 100 euros mensuais por un ano. O obxectivo deste medida é contribuír a sufragar os gastos básicos que supón o nacemento ou adopción dun fillo ou filla durante os seus primeiros doce meses de vida.

 

Así, a Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, dependente da Consellería de Política Social, comezou hoxe a remitir a través de correo postal o primeiro centenar destas tarxetas moedeiro unha vez resoltas de maneira favorable as peticións das mesmas. Na actualidade, a administración autonómica ten recibido preto de 1.000 peticións de Tarxeta Benvida correspondentes aos nacementos e adopcións producidos no que vai deste 2016, e en vindeiros días continuará coa entrega das mesmas a aqueles pais e nais que cumpran cos requisitos.

 

Neste sentido, cómpre lembrar que teñen dereito á Tarxeta Benvida aquelas familias que acrediten a través da súa última declaración en Facenda que a renda da unidade familiar non supera os 45.000 euros; e nos casos en que si se supera esta cantidade, cando a renda per cápita non sexa superior aos 13.500 euros. A previsión do Goberno galego é que un mínimo de 8 de cada 10 familias galegas están en disposición de recibir esta tarxeta moedeiro cargada con 100 euros mensuais para a compra de produtos de alimentación, de hixiene ou farmacéuticos.

 

Apoio ás familias e á infancia

A Tarxeta Benvida é unha das novas medidas de apoio á familia e á infancia que a Xunta está a desenvolver ao abeiro do Programa de Apoio á Natalidade (PAN). Trátase dun ambicioso paquete de iniciativas coas que se procura dar resposta ás necesidades dos pais, garantir o benestar das familias e apoialas de maneira continua.

 

Deste xeito, dentro das accións que contempla o PAN están a dedución fiscal por nacemento ou adopción, o pagamento único por fillos/as menores de 3 anos, a exención de pago nas escolas infantís para o segundo fillo, o incremento das prazas na rede pública de escolas infantís, a posta en marcha das Casas Niño no rural, o bono coidado, o bono concilia,  a incorporación da flexibilidade do horario laboral e o teletraballo na función pública galega”.

 

A XUNTA DE GALICIA INCREMENTA AS AXUDAS TANTO ÁS ESCOLAS INFANTÍS DE INICIATIVA SOCIAL COMO ÁS FAMILIAS PARA FACILITAR A CONCILIACIÓN E GARANTIR PRAZAS AOS NENOS E NENAS DE 0 A 3 ANOS

  • O conselleiro de Pol’tica Social, JosŽ Manuel Rey Varela, realizar‡ unha visita ‡ Escola Infantil Casa do Neno

    O conselleiro de Pol’tica Social, JosŽ Manuel Rey Varela, realizar‡ unha visita ‡ Escola Infantil Casa do Neno

    O Goberno Autonómico mantén aberta ata o vindeiro luns, día 15 de febreiro, a convocatoria de axudas para as escolas infantís de iniciativa privada, que este ano supera por primeira vez os 3 millóns de euros

  • A Xunta financia a través desta orde o mantemento de 47 centros educativos de infantil e 2.700 prazas
  • Ademais, os pais e nais poderán solicitar a partir do vindeiro mes de maio o Bono Concilia, cuxa contía global en 2016 duplícase ata chegar aos 3,4 millóns de euros. Este reforzamento económico permitirá aumentar en 1.400 máis o número de prazas públicas ou sostidas con fondos públicas en escolas infantís
  • O Bono Concilia é un programa de axudas económicas directas ás familias para colaborar no pago dunha praza de escola infantil naqueles casos de solicitantes que non consigan nunha escola pública ou nunha financiada con fondos públicos; ou ben residan nunha localidade na que non existan prazas públicas
  • Galicia conta actualmente con máis de 20.500 prazas en escolas infantís sostidas con fondos públicos, de xeito que hoxe ofrecen cobertura a 1 de cada 3 nenos/as e se cumpre coa cobertura aconsellada pola Unión Europea (UE)

 

Santiago, 8 de febreiro de 2016.- A Xunta de Galicia mantén aberto durante toda esta semana e ata o vindeiro luns, día 15 de febreiro, o prazo para solicitar as axudas para o mantemento das escolas infantís de 0 a 3 anos de iniciativa social. O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, visitou esta mañá no bario compostelán de San Lázaro as instalacións do centro escolar “Casa do Neno”  onde recordou que a contía da convocatoria deste ano incrementouse un 2% con respecto a 2015, superando por primeira vez os 3 millóns de euros  ata chegar a un total de 3.068.822.

 

Rey Varela explicou que estas axudas teñen como finalidade contribuír ao mantemento destas escolas infantís co obxecto de compensar os gastos producidos dende o 1 de xaneiro ata a data de xustificación, así como os gastos que figuren como abonados durante ese período nos conceptos de gastos de persoal, alimentación ou outros gastos xerais de conservación do centro. A través desta orde de axudas o Goberno autonómico garante o mantemento de 47 escolas infantís de iniciativa social e sen ánimo de lucro, o que equivale a unhas 2.700 prazas financiadas con fondos públicos.

 

A axuda anual para gastos de mantemento calcularase en función do número de unidades en funcionamento autorizadas da escola infantil de 0 a 3 anos e da prestación do servizo de comedor. Así, nos centros con servizo de comedor, a contía anual será de 18.873 euros para centros que teñan de 1 a 3 unidades; 18.011 euros para centros que teñan de 4 a 6 unidades; 17.149 euros para centros con 7 ou máis unidades; e por último, 15.340 euros para aqueles centros sen servizo de comedor. Co fin de dotar dunha maior liquidez ás entidades subvencionadas a convocatoria prevé un anticipo  do 50% cando a subvención supere os 18.000 euros e do 80% se é inferior a esta cantidade.

 

Apoio á infancia e ás familias

O titular da carteira autonómica de Política Social indicou que as escolas infantís “son un piar fundamental para avanzar cara a unha conciliación real da vida familiar, laboral e social”. Neste sentido, destacou que Galicia conta actualmente con máis de 20.500 prazas en escolas infantís sostidas con fondos públicos, de xeito que hoxe ofrecen cobertura a 1 de cada 3 cativos e permiten cumprir coa cobertura aconsellada pola Unión Europea (UE).

 

Pero ademais desta convocatoria dirixida ás escolas infantís de iniciativa social, o Goberno autonómico tamén avoga por incrementar as axudas directas aos pais e nais por medio do Bono Concilia. Ao respecto, Rey Varela adiantou que as familias galegas poderán solicitar esta axuda a partir do vindeiro mes de maio, que é cando se prevé a publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia (DOG). O Bono Concilia é un programa de axudas económicas directas ás familias para colaborar no pago dunha praza de escola infantil naqueles casos de solicitantes que non consigan nunha escola pública ou nunha financiada con fondos públicos; ou ben residan nunha localidade na que non existan prazas públicas.

 

Neste ano 2016 o crédito inicial desta axuda económica directa ás familias galegas ascenderá a 3,4 millóns de euros, o que supón duplicar a partida económica da convocatoria do exercicio pasado. Este reforzo económico do Bono Concilia permitirá aumentar ao longo deste ano en 1.400 máis o número de prazas públicas ou sostidas con fondos públicos en escolas infantís. O obxectivo é conseguir que non existan lista de agarda de cara ao vindeiro curso académico.

 

PAN Concilia

Este tipo de medidas enmárcanse dentro da área PAN-Concilia do Programa de Apoio á Natalidade (PAN Galicia), un programa que procura dar resposta ás necesidades das nais e dos pais galegos, garantir o benestar das familias e apoialas de xeito integral e continuo mediante axudas e incentivos fiscais para afrontar os gastos que supón o nacemento dun fillo ou filla, o desenvolvemento de medidas de conciliación que faciliten o acceso e a permanencia no mercado de traballo e a posta a disposición de recursos e servizos tanto sociais como sanitarios. Deste xeito o PAN estrutúrase en tres grandes áreas de acción como son o PAN-Axudas, o PAN-Concilia e o PAN-Servizos.

 

O PAN-Concilia  alberga accións de sensibilización e medidas como o incremento de prazas na rede pública de escolas infantís, as casas niño, as axudas para accións de conciliación, o distintivo para establecementos que apoien á atención dos nenos e nenas, o Bono Coidado, o Bono Concilia, un proxecto para a apertura de escolas infantís en parques empresariais ou a aposta pola flexibilidade horaria e o teletraballo.

 

JOSÉ MANUEL REY VARELA CONTINÚA A SÚA QUENDA DE ENCONTROS COS REXEDORES MUNICIPAIS PARA ACADAR MELLORAS QUE BENEFICIEN Á POBOACIÓN NO EIDO LOCAL E AUTONÓMICO

  • Avanza coa alcaldesa de Melide na próxima posta en servizo da ampliación de prazas da residencia de maiores
  • Estuda co rexedor de Vilanova novas fórmulas para a axuda a domicilio así como o aumento do número de prazas da escola infantil no caso de que se detecte unha maior demanda

 

O conselleiro de Pol’tica Social, Jose Manuel Rey Varela, manter‡ un encontro co alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Dur‡n.

O conselleiro de Pol’tica Social, Jose Manuel Rey Varela, manter‡ un encontro co alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Dur‡n.

Santiago, 1 de decembro de 2015.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, continua coa súa quenda de encontros cos representantes locais dos municipios galegos con dúas novas reunións de traballo cos rexedores de Melide (A Coruña), Dalia García Souto, e Vilanova de Arousa (Pontevedra), Gonzalo Durán. Estes encontros enmárcanse na liña de diálogo da Consellería de Política Social coas demais administracións públicas de Galicia para xuntar esforzos no ámbito social e acadar melloras que beneficien á totalidade da poboación, tanto no eido local como no autonómico.

 

Nas reunións que tiveron lugar no despacho do conselleiro en San Caetano, os mandatarios galegos abordaron os temas de índole social de cadanseu concello e afondaron, xunto ao conselleiro, na cooperación entre ambas institucións co obxectivo de incrementar os contactos para mellorar a atención aos cidadáns.

 

No caso de Melide, alcaldesa e conselleiro revisaron o estado das principais infraestruturas sociais do concello coruñés e avanzaron na próxima posta en servizo da ampliación de prazas da residencia de maiores.

 

Respecto ao concello pontevedrés de Vilanova de Arousa, o rexedor e o titular de Política Social salientaron a importancia da colaboración para mellorar o benestar dos cidadáns. Así, abordaron cuestións como o servizo de axuda a domicilio, coincidiron na conveniencia de aumentar o número de prazas da escola infantil no caso de que se detectara unha maior demanda, e valoraron a posibilidade de que o conselleiro visite en próximas datas  o club de xubilados do municipio pontevedrés para comprobar o funcionamento das instalacións.