A XUNTA ACHEGA ÁS UNIVERSIDADES GALEGAS O PROGRAMA ERASMUS+ 2014-2020

O directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, acompañada do director do INJUVE, Javier Dorado, visitou hoxe o Campus de Vigo

  • Durante a visita animaron aos universitarios vigueses a adquirir competencias e habilidades a través desta iniciativa ao tempo que completan a súa formación

 

Vigo, 3 de maio de 2017.- A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, acompañada do director do Instituto de la Juventud de España (INJUVE), Javier Dorado, participaron esta tarde no Campus Universitario de Vigo na xornada formativa e informativa organizada pola Xunta de Galicia co fin de difundir entre a comunidade universitaria o programa europeo Erasmus + 2014-2020. A actividade, que tamén se desenvolverá nos campus de Lugo, Ourense e Coruña, enmárcase nas actividades programadas con motivo da Semana Europea da Xuventude (do 1 ao 7 de maio) que, baixo o le “Crea o teu futuro, lánzate, víveo”, se desenvolve nos 33 países que participan no programa Erasmus+.

 

Así as cousas, Cecilia Vázquez lembrou en Vigo que o Erasmus + busca que os mozos e mozas podan desenvolver a través de estancias no estranxeiro novas experiencias en educación non formal, ampliar o seu coñecemento doutras linguas, culturas e costumes e incrementar o seu nivel de independencia e responsabilidade, “que son algunhas das aptitudes que máis lles van a axudar na busca do seu futuro profesional”, sostivo. Estas competencias serán logo certificadas oficialmente pola Xunta de Galicia de xeito que se poidan avaliar e incluír nos currículos e incrementar  así as posibilidades de atopar emprego.

 

Nesta liña, a directora xeral de Xuventude animou aos mozos e mozas participantes a seguir os pasos dos más de mil mozos galegos que no 2016 participaron no Erasmus +  nos 42 proxectos impulsados por Galicia, unha das rexións máis activas tanto no número de ideas presentadas e aprobadas como nos fondos recibidos da Unión Europea. E, ao fío, tanto Cecilia Vázquez como Javier Dorado aproveitaron a súa estancia no Campus para escoitar as propostas da mocidade sobre o futuro de Europa e das políticas de xuventude a desenvolver.  

 

Outros Campus

As xornadas contan con dúas actividades simultáneas: talleres de difusión e asesoramento sobre o programa e unha unidade móbil informativa a pé de rúa. Desenvólvense en horario de tarde, de 16:30 a 20:30 horas, do 2 ao 5 de maio en catro campus universitarios galegos: o martes na Aula e-Terra da Biblioteca Intercentros do Campus de Lugo; o mércores na Aula 1 do Edificio Miralles do Campus universitario de Vigo; o xoves no Salón de Graos da Facultade de Economía e Empresa no Campus de Elviña (A Coruña); e o venres na Aula 1.5 do Edificio de Ferro do Campus Ourense.

Pota en marcha de ‘Tropa Verde’

A CONCELLERÍA DE LIMPEZA PON EN MARCHA ‘TROPA VERDE’ UN PROXECTO QUE PRETENDE CONCIENCIAR ÁS PORRIÑESAS E PORRIÑESES DA IMPORTANCIA DA RECICLAXE PREMIANDO A SÚA BOA XESTIÓN DOS RESIDUOS

A empresa ‘Teimas Desenvolvemento’, en colaboración coa Concellería de Limpeza do Porriño, que dirixe Orlando Márquez, veñen de poñer en marcha o proxecto ‘Tropa Verde’ que ten coma finalidade concienciar ás veciñas e veciños do Porriño da importancia da reciclaxe e da correcta xestión dos residuos.

Esta iniciativa, como explicaron este mércores en rolda de prensa Marta Morán, dinamizadora de ‘Tropa Verde’, Ricardo Vila, socio de ‘Teimas Desenvolvemento’ e o propio Orlando Márquez, segue un proceso de participación moi sinxelo: os participantes teñen que inscribirse na web troparverde.org e cando leven os seus residuos a un punto limpo, ou avisen aos servizos municipais de limpeza que pasen a recoller algún obxecto dos coñecidos coma ‘voluminosos’, usen os colectores de aceite ou os ‘Mini Puntos Limpos’ para deixar neles pilas, lámpadas, cartuchos de impresora, toner ou CDS, entre outros obxectos, obterán un cheque cun código que deberán introducir na devandita web.

Entón, recibirán uns puntos, chamados ‘estrelas’, que poderán trocar por produtos e descontos no comercio e na hostalería local.

Coma indicou o concelleiro, ‘Tropa Verde’ conta coa colaboración de 25 establecementos do Porriño que son os encargados de ‘recompensar’ aos bos recicladores con ‘premios’ que abranguen varias categorías: Hostalería, Comercio, Cultura, Deporte, Saúde, Infantil ou Estética, de xeito que quen recicle pode lograr dende cortes de pelo de balde, pasando por descontos en tendas de moda, agasallos de libros ou galanos sorpresa.

Orlando Márquez subliñou que é “moi importante” lograr que as veciñas e veciños usen correctamente os Puntos Limpos, que empreguen os colectores de aceite, que reciclen, nos ‘Mini Puntos limpos’, cargadores, cartuchos de tinta, baterías ou teléfonos móbiles, e que fagan un bo uso do Servizo de Recollida de Voluminosos, “que pasa os días 1 e 15 de cada mes con so chamar ao Concello se calquera cidadán quere desfacerse de mobles, electrodomésticos ou obxectos de grande tamaño que non poden deixarse no lixo”.

‘Tropa Verde’, que xa funciona, ademais, nos concellos de Compostela, Lugo, Sarria, Ames e Redondela, estará colaborando co Concello do Porriño durante un prazo inicial dun ano, aínda que a intención do Goberno local é que ese tempo se prorrogue se a experiencia é positiva.

EN MAYO ATLANTIC DAYS CON BEST BOY

Los Atlantic Days de Alex Cooper y Sr. Chinarro han sido increíbles y nos han servido para estar en contacto con el público del Atlantic Fest durante todo el año.
Eso es justo lo que buscábamos cuando empezamos a organizar estos eventos en diferentes ciudades, entablar una comunicación directa con los asistentes al festival, una relación que se extienda más allá de los propios días en los que se realiza.
Retomamos el formato sesión vermú, que tanto nos gusta, para nuestro Atlantic Days del mes de mayo con Best Boy.

Una banda que  se encuentra cómoda en cualquier formato, desde un pequeño concierto acústico , íntimo para unos pocos amigos, hasta un gran festival donde sea necesaria la energía y la comunicación con grandes audiencias.

Se están convirtiendo en la banda revelación de la escena musical en Galicia. Su paso por Atlantic Fest el verano pasado, tocando en la Plaza de Abastos fue apoteósico, contagiando a todos los presentes de su gran energía.

Influencias: Todas. Desde el blue grass al funk más clásico , desde el soul de la Motown hasta el rock sureño, el pop, el jazz … es lo que tiene ser una banda “fronteriza” ( Tui, Galicia )

27 de mayo. Sala Riquela. Santiago de Compostela. 13:00 h. (Sesión Vermú)

Entradas:
Ya a la venta en www.atlanticfest.com/atlanticdays
Entradas físicas a la venta el día 8 de mayo.
Puntos de venta: Sala Riquela y A Reixa Tenda (Santiago de Compostela).

Precio de entradas: 10€* (ant.) 14€ (taq.)
*+ gastos

Los que ya hayan adquirido su entrada para el Atlantic Fest en promoción, y tengan su promo pack podrán usar el código de su tarjeta Atlantic Fest 2017para comprar las entradas  con un descuento del 15%.

A XUNTA OFERTA ÁS FAMILIAS MÁIS DE 9300 PRAZAS SOSTIDAS CON FONDOS PÚBLICOS EN ESCOLAS INFANTÍS NA PROVINCIA DA CORUÑA

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, visitou esta tarde o centro para menores de 0 a 3 anos situado no barrio coruñés de Elviña

 

  • A Coruña
    O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, visitará a Escola Infantil de Elviña
    03/05/2017
    Foto: Moncho Fuentes / AGN A Coruña

    A administración autonómica publicará a vindeira semana a listaxe provisional de admitidos na rede autonómica, que pon a disposición dos pais e nais un total de 22.439 prazas no conxunto das catro provincias

  • O responsable da área Social do Goberno galego lembrou que aquelas familias que non obteñan unha praza pública ou sostida con fondos públicos poden solicitar o Bono Concilia, axuda directa para contribuír a sufragar o custo dunha praza en escola privada

 

A Coruña, 3 de maio de 2017.- A Xunta pon a disposición dos pais e nais 9340 prazas públicas ou financiadas con fondos públicos en escolas infantís de 0 a 3 anos na provincia da Coruña, o que supón case o 42% do conxunto das catro provincias. Soamente na cidade herculina as prazas sostidas con fondos públicos ascenden a 1596.

 

Son datos aos que se referiu esta mañá o conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, durante a visita á escola infantil de Elviña, onde reiterou o compromiso do Goberno galego de continuar co despregue dos recursos de conciliación en toda Galicia. Ao respecto, Rey Varela indicou que a vindeira semana farase pública a listaxe provisional de admitidos nas 22.439 prazas para o próximo curso escolar que oferta a rede autonómica de escolas para nenos e nenas menores de 3 anos, unha cifra que sitúa a ratio de cobertura da comunidade autónoma nun 38% e case catro puntos por riba da aconsellada pola Unión Europea.

 

Nesta liña, lembrou que o último Consello da Xunta vén de aprobar a nova convocatoria do Bono Concilia, axuda directa ás familias que ten por obxecto contribuír a sufragar o custo dunha praza en escolas privadas a aquelas que non obtiveran praza nun centro con financiamento público ou que residan en concellos onde non hai un recurso deste tipo sostido con fondos públicos. “A finalidade é conseguir que todos os pais e nais que soliciten unha praza para a atención dos seus fillos a obteñan e que, ao igual que o curso pasado, non exista lista de espera”, apuntou o conselleiro.

 

A Consellería de Política Social destina máis de 3,4 millóns de euros a esta nova edición do programa Bono Concilia, do que se beneficiaron o ano pasado máis de 2.500 familias galegas que recibiron unha achega que oscilou entre os 45 euros mensuais para as rendas máis altas e os 250 euros para as máis baixas.

 

Ademais, a convocatoria deste ano, que se publicará no Diario Oficial de Galicia a vindeira semana, presenta importantes novidades na procura de chegar a un maior número de beneficiarios. Entre outras: habilítase a posibilidade de conceder a achega a nenos con necesidades específicas de apoio educativo que superen a idade máxima regulamentaria, ábrese a todas as familias nas que se produza un nacemento, acollemento ou adopción con posterioridade ao prazo de presentación das solicitudes e por primeira vez contémplase tamén o cambio de concello, de residencia ou de traballo da unidade familiar. Así mesmo, mantense a posibilidade de que opten ao Bono Concilia aquelas familias nas que as dúas persoas proxenitoras traballan en quenda de tarde ou en quendas rotativas e que con dereito a praza pública esta non lles resolva as súas demandas de horario.

 

O conselleiro manifestou que “ademais de seguir consolidando o xa feito, imos a reforzar as políticas sociais dirixidas a conciliación e a atención á primeira infancia”. Neste sentido, avanzou que os obxectivos desta lexislatura pasan incrementar en dous puntos máis a ratio de cobertura en escolas infantís ata chegar ao 40% e  por consolidar iniciativas como as Casas Niño, a apertura de escolas infantís en contornos empresariais ou o novo Bono Coidado. “Queremos que Galicia siga sendo unha das comunidades con maiores atencións ás familias e á infancia”, concluíu,

 

http://cig.gal/nova/a-folga-en-otis-chega-ao-septimo-dia-cun-seguimento-practicamente-total.html

El evento abrirá sus puertas este viernes con la celebración del congreso “Renovación Urbana y Nuevas Tecnologías”. El fin de semana estará dedicado al público final con entrada gratuita de 11:00 a 20:00 horas

 

Vigo, 3 de mayo 2017.- Con aires renovados y la vista puesta en la casi definitiva recuperación del sector, la sexta edición de SICO, el Salón de la Construcción de Galicia, llega a Vigo del 5 al 7 de mayo con un centenar de firmas expositoras en más de 4.000 metros cuadrados del IFEVI.

 

La organización de SICO, con Javier Arnau, director del Grupo Muéstralo, al frente, presentaba esta mañana el evento, que contó con la participación de David Regades, segundo teniente de Alcalde del Concello de Vigo; Ignacio López- Chaves, delegado de la Xunta de Galicia en Vigo, y José García Costas, presidente de la Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo y Vilagarcía de Arousa.

 

Arnau señaló que la jornada del día 5 de mayo estará dedicada a los profesionales del sector. El congreso “Renovación Urbana y Nuevas Tecnologías” abrirá el programa técnico y contará con la presencia de grandes arquitectos como Tomas Llavador o Pith Architectes. A ello se sumarán los referentes internacionales Marco Rizzeto o el estudio de Portugal Camarin, sin olvidar al responsable del proyecto de la Ciudad de la Justicia,  Alfonso Penela. Durante la mañana del viernes los asistentes tendrás varios ejemplos de cómo se están renovando cascos históricos, frentes marítimos o ciudades enteras, como ha sido el caso de Valencia. Por otro lado, la plataforma Passiv Haus ofrecerá otras jornadas técnicas durante el fin de semana, centradas en los principios para vivir mejor con menos energía.

 

Con respecto a la participación Jarvier Arnau destacó que la feria en esta edición tiene una “amplia representación de empresas de fuera de Galicia”, frente a otras ediciones con más firmas locales, que “para nosotros es un indicador de la recuperación de otras regiones como el Levante, Cataluña, Madrid o el propio Portugal”.

 

El presidente de la Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo y Vilagarcía de Arousa, José García Costas agradeció el apoyo del Concello de Vigo, la Xunta de Galicia y el Consorcio de la Zona Franca de Vigo para poder llevar adelante la feria ya que “gracias a ellos decidimos organizar esta nueva edición que se celebra desde hace más de 13 años en Vigo y en la que esperamos más de 8.000 visitantes”. García Costas recordó que la celebración de eventos feriales “es sumamente importante para la ciudad, y el hecho de que más de 100 firmas de toda España y Portugal hayan apostado por venir de nuevo a esta cita en IFEVI demuestran que las ferias siguen siendo una vía para generar negocio tanto en el sector que nos ocupa como en la ciudad”. Por este motivo, el presidente cameral aprovechó la oportunidad para felicitar el apoyo de las distintas administraciones públicas para ampliar el Instituto Ferial de Vigo, “algo creemos que indispensable especialmente para ferias de gran volumen como Conxemar o Navalia”, apuntó.

 

Por su parte Ignacio López-Chaves, delegado de la Xunta de Galicia en Vigo, destacó la importancia del sector de la construcción en nuestra economía, ya que supone el 6% del PIB y el pasado ejercicio 2016 superó los 3.500 millones de euros en facturación. López-Chaves adelantó que la Xunta de Galicia, a través del IGAPE, mostrará durante los días del evento, un conjunto de obras de construcción civil que el Gobierno autonómico llevará a cabo en los próximos años en Vigo.

 

Finalmente, David Regades, en nombre del Alcalde de Vigo, aprovechó la ocasión para felicitar a la organización por la celebración de SICO, “en un momento difícil en el que comienzan a percibirse síntomas de recuperación”. Regades destacó que el salón permitirá “mostrar la ilusión y el músculo de la ciudad” en relación con este sector e hizo un llamamiento a la participación en la feria, tanto de los profesionales, porque se abordarán temas de vital importancia para el sector, como de la ciudadanía, porque supondrá una gran oportunidad para encontrar información de ahorro energético u ofertas inmobiliarias que serán “exclusivas para la feria”.

 

FICHA TÉCNICA FERIA SICO 2017

  • FECHAS: 5,  6 y 7 de mayo de 2017
    • Viernes, 5 de mayo: PROFESIONALES (de 10:00 a 19:00 horas)
    • Sábado 6 y domingo 7 de mayo: PÚBLICO FINAL (de 11:00 a 20:00 horas)
      • Entrada gratuita
  • SUPERFICIE DE EXPOSICIÓN: 4.000 m2

 

A obra “El contador del amor ” en Vigo e Pontevedra

A produción teatral El contador del amor visitará Vigo e Pontevedra da man de Afundación e a súa Tempada de Teatro 2017. A obra, dirixida por César Lucendo e cun elenco formado por Natalia Sprenger, David Mora e Antonio Zabálburu, estará o sábado 13 de maio, ás 20.30 h, no Teatro Afundación de Vigo (Policarpo Sanz, 13) e o domingo 14 de maio, ás 20.00 h, no Auditorio da Sede Afundación de Pontevedra (Augusto González Besada, 2). As entradas están dispoñibles en Ataquilla.com ou no teléfono 902 504 500 para todas as persoas que non adquirisen un abono de tempada, que supón un aforro do 20 % con respecto ao importe das entradas soltas.

Concerto da Orquesta Sinfónica de Galicia no Teatro Afundación de Vigo

Mañá xoves 4 de maio, a partir das 20.30 h, o Teatro Afundación de Vigo (Policarpo Sanz, 13) acollerá un novo concerto da Orquesta Sinfónica de Galicia, incluído na Tempada de Música Clásica 2017. Nesta ocasión a agrupación estará dirixida por Giovanni Antonini e contará con Juan Ibáñez na frauta e David Villa ao óboe. O repertorio deste recital está formado por Sinfonía núm. 103 en mi bemol maior Hob 1/103, «Redobre de timbal» (catro movementos) de F. J. Haydn; Concerto para frauta, óboe e orquestra en do maior, op. 65, de F. Krommer; e Sinfonía núm. 4 en do menor D 417, «Tráxica» (catro movementos) de F. Schubert. As entradas están dispoñibles a través das vías de comercialización habituais da entidade: na web Ataquilla.com ou ben no teléfono 902 504 500.

Luis Piedrahita en Vigo, Pontevedra e Santiago de Compostela

O cómico Luis Piedrahita presenta en varias cidades galegas o seu espectáculo Las amígdalas de mis amígdalas son mis amígdalas. Deste xeito, Piedrahita estará os días 11 e 12 de maio, ás 21.00 h, no Auditorio ABANCA de Santiago de Compostela; o 13 de maio, ás 20.30 h, no Auditorio da Sede Afundación de Pontevedra (Augusto González Besada, 2) e os días 26 e 27 de maio, ás 20.00 h e 21.00 h respectivamente, no Teatro Afundación de Vigo (Policarpo Sanz, 13). As entradas pódense adquirir a través da web Ataquilla.com ou no teléfono 902 504 500.

A XUNTA OFERTA ÁS FAMILIAS MÁIS DE 9300 PRAZAS SOSTIDAS CON FONDOS PÚBLICOS EN ESCOLAS INFANTÍS NA PROVINCIA DA CORUÑA

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, visitou esta tarde o centro para menores de 0 a 3 anos situado no barrio coruñés de Elviña

 

  • A administración autonómica publicará a vindeira semana a listaxe provisional de admitidos na rede autonómica, que pon a disposición dos pais e nais un total de 22.439 prazas no conxunto das catro provincias
  • O responsable da área Social do Goberno galego lembrou que aquelas familias que non obteñan unha praza pública ou sostida con fondos públicos poden solicitar o Bono Concilia, axuda directa para contribuír a sufragar o custo dunha praza en escola privada

 

A Coruña, 3 de maio de 2017.- A Xunta pon a disposición dos pais e nais 9340 prazas públicas ou financiadas con fondos públicos en escolas infantís de 0 a 3 anos na provincia da Coruña, o que supón case o 42% do conxunto das catro provincias. Soamente na cidade herculina as prazas sostidas con fondos públicos ascenden a 1596.

 

Son datos aos que se referiu esta mañá o conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, durante a visita á escola infantil de Elviña, onde reiterou o compromiso do Goberno galego de continuar co despregue dos recursos de conciliación en toda Galicia. Ao respecto, Rey Varela indicou que a vindeira semana farase pública a listaxe provisional de admitidos nas 22.439 prazas para o próximo curso escolar que oferta a rede autonómica de escolas para nenos e nenas menores de 3 anos, unha cifra que sitúa a ratio de cobertura da comunidade autónoma nun 38% e case catro puntos por riba da aconsellada pola Unión Europea.

 

Nesta liña, lembrou que o último Consello da Xunta vén de aprobar a nova convocatoria do Bono Concilia, axuda directa ás familias que ten por obxecto contribuír a sufragar o custo dunha praza en escolas privadas a aquelas que non obtiveran praza nun centro con financiamento público ou que residan en concellos onde non hai un recurso deste tipo sostido con fondos públicos. “A finalidade é conseguir que todos os pais e nais que soliciten unha praza para a atención dos seus fillos a obteñan e que, ao igual que o curso pasado, non exista lista de espera”, apuntou o conselleiro.

 

A Consellería de Política Social destina máis de 3,4 millóns de euros a esta nova edición do programa Bono Concilia, do que se beneficiaron o ano pasado máis de 2.500 familias galegas que recibiron unha achega que oscilou entre os 45 euros mensuais para as rendas máis altas e os 250 euros para as máis baixas.

 

Ademais, a convocatoria deste ano, que se publicará no Diario Oficial de Galicia a vindeira semana, presenta importantes novidades na procura de chegar a un maior número de beneficiarios. Entre outras: habilítase a posibilidade de conceder a achega a nenos con necesidades específicas de apoio educativo que superen a idade máxima regulamentaria, ábrese a todas as familias nas que se produza un nacemento, acollemento ou adopción con posterioridade ao prazo de presentación das solicitudes e por primeira vez contémplase tamén o cambio de concello, de residencia ou de traballo da unidade familiar. Así mesmo, mantense a posibilidade de que opten ao Bono Concilia aquelas familias nas que as dúas persoas proxenitoras traballan en quenda de tarde ou en quendas rotativas e que con dereito a praza pública esta non lles resolva as súas demandas de horario.

 

O conselleiro manifestou que “ademais de seguir consolidando o xa feito, imos a reforzar as políticas sociais dirixidas a conciliación e a atención á primeira infancia”. Neste sentido, avanzou que os obxectivos desta lexislatura pasan incrementar en dous puntos máis a ratio de cobertura en escolas infantís ata chegar ao 40% e  por consolidar iniciativas como as Casas Niño, a apertura de escolas infantís en contornos empresariais ou o novo Bono Coidado. “Queremos que Galicia siga sendo unha das comunidades con maiores atencións ás familias e á infancia”, concluíu,

 

Se insta a una iniciativa parlamentaria y denuncia política a todos los grupos políticos y apertura de investigación por la Xunta de Galicia “TRAMA SOLAR CAMPO DA INSUA CAIÖN”

El Alcalde de Laracha José Manuel López Varela y Evaristo Lareo Viñas siguen “confabulando” bajo irregularidades para adueñarse del solar público de 15 mil metros en el centro de la Villa de Caión.

 

A pesar de ser advertido por la Xunta de empecinarse en obras ilegales, José Manuel López Varela no cesa en DILAPIDAR los fondos públicos de los laracheses en obras ilegales. Nueva Partida de 100.000 euros orquestada junto a Evaristo lareo Viñas usurpando un cargo de Presidente que no le corresponde en el GAC3, según la normativa de la Xunta de Galicia, cuando están sin pagar los créditos de otros proyectos ILEGALES y sin explicar de donde salieron las partidas económicas para la expropiación de terrenos a los vecinos de la Parroquia de Caión.

 

 

Evaristo Lareo Viñas preside el GAC3, firma y aprueba proyectos de forma ILEGAL, entre ellos su pretensión sobre el Solar del Campo da Insua en Caión ARC1 (PXOM LARACHA), cuando no esta pagado el ILEGAL (Según la Secretaría de Deportes de la Xunta de Galicia) proyecto del Campo de Fútbol de Xermaña, cuestión de proyectos e informes presuntamente ilegales cuando ya conocía el Alcalde y el Secretario que las obras eran ilegales, pero persistieron con créditos, expropiaciones y recalificaciones de terrenos.. El nuevo “ataque” al jugoso solar de a Insua ARC1, solar de 15.000 metros en el centro de Caión, les abre el “apetito inmobiliario a Evaristo Lareo Viñas ANCIANO JUBILADO y al Alcalde José Manuel López Varela”, para ello el ex patrón Mayor de Caión, Evaristo lareo de forma ILEGAL, se convierte en cargo electo del Grupo de Acción Costeira 3 gestor de fondos europeos FEDER, con el Alcalde de Laracha, y a través de un proyecto que se “auto-gestionan ellos mismos” de un pretendido local social para la cofradía en el solar (ocultan que más tiene el proyecto) y así “re-intentar” cambiar de “AMO” el solar público…

 

Pladesemapesga, a la vista de las pretensiones del Alcalde y del Sr Evaristo Lareo Viñas bajo formas presuntamente ILEGALES, ya a puesto en conocimiento de la Consellería de Política Social, Consellería do Mar y del propio Sr Evaristo lareo Viñas (que se ha negado a responder, aclarar o desmentir) las irregularidades del proyecto y en este momento en curso y bajo investigación. Informando la Directora de Desarrollo Pesquero, Sra. Susana Rodríguez Carballo que de momento solo esta en fase de estudio el proyecto, alegando que eso no significa que se apruebe el mismo.

 

Por otro lado PLADESEMAPESGA solicito el CESE FULMINANTE del Sr Evaristo Lareo Viñas del cargo de Presidente del GAC3 por estar desempeñando de forma ILEGAL (USURPANDO) un cargo que no le pertenece ni reúne las condiciones para su desempeño, solicitando en la misma denuncia la ANULACIÓN de todos los proyectos en los que haya intervenido el Sr Evaristo lareo Viñas por ILEGALES e intereses directos de ánimo de lucro, que la normativa de dichos grupos prohíbe expresamente.

 

Documentos descargables y comunicado completo en;

 

http://xornalgalicia.com/3764-el-alcalde-de-laracha-jose-manuel-lopez-varela-y-evaristo-lareo-vinas-siguen-confabulando-bajo-irregularidades-para-aduenarse-del-solar-publico-de-15-mil-metros-en-el-centro-de-la-villa-de-caion