PROGRAMA DE ACTOS DO DÍA INTERNACIO​NAL DAS MULLERES. CONSELLO MUNICIPAL DA MULLER VIGO

Este sábado vémonos na Praza da Constitución na FESTA do Día Internacional das Mulleres . Non faltedes! B aixo o lema «Os dereitos das mulleres son os dereitos do mundo» , o Consello Municipal da Muller celebrará este ano o día 8 de Marzo, Día Internacional das Mulleres .Os actos conmemorativos terán lugar principalmente en dúas datas, o sábado día 3, e o mesmo día 8. Deste xeito, o sábado día 3 haberá unha Festa polo Día Internacional das Mulleres , con música variada folk, hip-hop, soul, rap. A cita será na Praza da Constitución, desde as 13:00 horas ata as  19:00 horas. Para o día 8 de Marzo, xoves , o Consello Municipal da Muller de Vigo convoca a toda a cidadanía a participar nunha manifestación polos dereitos das mulleres . Para reafirmar o seu carácter reivindicativo en prol das mulleres, convidamos ás persoas e entidades participantes a portar nela simboloxía feminista. A manifestación sairá ás 20:00 horas desde a farola de Urzáiz e rematará na Praza da Constitución. Desde o 1 ao 31 de marzo está aberto o prazo para participar na convocatoria do Concurso de Microvídeos. As bases están disponibles no espazo web www.igualdadevigo.org/concursovideos                                                                                                                                                  ;                            Ademais, ao londo do mes de marzo, desenvolveranse outras actividades complementarias , como son dúas proxeccións de cine infantil no Verbum-Casa das Palabras (os domingos 11 e 18), e a proxección do documental «As silenciadas» dirixido por Pablo Ces e con Aurora Marco como coguionista, coprodutora e narradora, que terá lugar no MARCO o vindeiro día 13 de marzo ás 20:00h.     Nos arquivos adxuntos pódese consultar o programa completo destas actividades e actos.         AGARDÁMOSVOS!

 Séguenos en:
http://www.facebook.com/igualdadevigo
www.igualdadevigo.org
www.enlazavigo.com

Concellería de Igualdade

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: