Archive | marzo 2011

Noticias Ayuntamiento de Vigo – 31-03-2011


O alcalde anuncia que «en próximos días» extenderase a norma contra o botellón á rúa Chao

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o subdelegado do Goberno na provincia, Delfín Fernández, mantiveron hoxe xoves unha reunión de «coordinación» sobre a «alarma social» causada na rúa Chao, no Casco Vello, derivada da «marxinalidade» que a frecuenta. O primeiro edil adiantou que o Concello tramitará ampliar á ordenanza contra o chamado botellón á zona, e «non escatimaremos esforzos» nin «ningunha medida» para rebaixar a «tensión» xerada no entorno, afirmou Caballero.

 


O alcalde salienta a «calidade excepcional» da auga viguesa no balance de xestión de aqualia en 2010

Caballero felicitou a aqualia polo seu traballo, sobre todo pola «dificultade» do abastecemento, xa que Vigo ten «a metade» de rede de abastecemento de auga que Madrid, pese a ter unha décima parte da poboación. O primeiro edil recordou que as humanizacións incluíron a renovación dos servizos soterrados. O balance de 2010 arroxa que cada vigués consume unha media de 133,14 litros/día, unha cifra por debaixo da media autonómica e estatal.

 


Benestar Social destina 106.300 euros a cinco entidades que traballan nos eidos da discapacidade e a cooperación

A concelleira de Benestar Social, María Méndez, presentou este xoves os convenios asinados con cinco entidades sen ánimo de lucro da cidade que traballan no campo da discapacidade e a solidariedade internacional, como son as asociacións Doa, Down, Fundación Menela, Asociación de Persoas Xordas de Vigo e Solidariedade Galega co Pobo Saharaui. A edil do BNG salientou que a contía total destes convenios é de 106.300 euros, que supoñen «un empuxe necesario para as asociacións e porque nas subvencións fallan outras administracións».

 


Iolanda Veloso presenta o abano de actividades programadas pola Casa das Mulleres e o Centro de Recursos Feministas

A concelleira de Igualdade, Iolanda Veloso, presentou este xoves as actividades programadas pola Casa das Mulleres e o Centro de Recursos Feministas para os vindeiros dous meses, que inclúen xornadas, ciclos sobre saúde, cine, presentación de libros, exposicións e un obradoiro literario, entre outras propostas. «Con estas iniciativas preténdese chegar a toda a cidadanía, de diferentes idades e distintos intereses en dous espazos emblemáticos, e que permitan camiñar cara a unha sociedade máis xusta e igualitaria», destacou a concelleira nacionalista.

 


Vigozoo organiza un curso de xestión e conservación da flora e fauna en Galicia

Vigozoo abre o prazo de inscrición nun curso de carácter divulgativo no que se pretende dar unha imaxe xeral da situación actual da xestión e conservación da flora e fauna na Comunidade Galega en particular, e na Península Ibérica en xeral.

 

Educación e a Escola Municipal de Teatro presentan as II Xornadas de Teatro Escolar

Do 4 ao 8 de abril o Auditorio da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia albergará, baixo a dirección técnica da Escola Municipal de Teatro, as II XORNADAS DE TEATRO ESCOLAR, nas que participarán preto de 300 noveis actores e actrices pertencentes a 12 centros de educación primaria e aos grupos da Escola Municipal de Teatro de Vigo. Cada un dos centros de ensino participantes ofrecerá unha representación teatral.

 

Bando do Alcalde co gallo do Día da Reconquista 2011

Discurso do alcalde con motivo da gala dos Vigueses Distinguidos 2011

 

O tenente de alcalde reivindica o papel de Vigo na política de cohesión europea polo seu “enclave estratéxico”

Bruxelas 31 de marzo de 2011.- O tenente de alcalde, Santi Domínguez, participou hoxe en Bruxelas nas xornadas “As nosas nacións e rexións na futura política de cohesión” onde puxo de relevo o papel que Vigo ten que xogar na cohesión territorial europea “como cidade transfronteiriza con Portugal e enclave estratéxico da fachada atlántica”. O nacionalista demandou tamén que na futura política de cohesión se teña en conta o factor marítimo, así como a situación territorial, social e económica de territorios e nacións como Vigo e Galiza á hora do reparto dos fondos estruturais.Santi Domínguez participou nas xornadas, organizadas pola Alianza Libre Europea, para amosar a experiencia de Vigo e a transformación que a cidade ten experimentado nos últimos anos. Na súa intervención, titulada “Vigo, o caso dunha cidade da periferia atlántica de Europa”, fixo fincapé na necesidade de que as cidades cobren maior protagonismo á hora de definir o reparto dos fondos de cohesión. A este respecto, apuntou que “son moitos os filtros que hai antes de que cheguen a nós e así resulta complexo poder empregalos para atender aquelas cuestións dos nosos sectores básicos que realmente precisamos resolver”.  Leer más…

THE GIFT LLEGAN POR PRIMERA VEZ AL Nº1 DEL TOP NACIONAL DE VENTAS CON EXPLODE

Con 17 años de existencia, The Gift ya habían vendido más de 100.000 copias de los álbumes VINYL, FILM, AM-FM y FÁCIL DE ENTENDER en varios países
Pero alcanzan por primera vez en su carrera el nº 1 del top nacional de ventas en Portugal con su nuevo trabajo, EXPLODE, editado el 17 de marzo y después de:
. La presentación de EXPLODE con cinco directos en el Teatro Tívoli de Lisboa (uno de ellos con audio-descripción para invidentes y traducción simultánea para sordos)
. Un mes después de que vendieran el disco al precio que cada usuario quisiera pagar en su web.
. Tres semanas después de anunciar que «Lukas/Lucas» era un proyecto ficticio y que la canción «Made for You» era del nuevo disco de The Gift, y no del proyecto de los actores Lukas Haas e Isabel Lucas
. Un año después de la sesión fotográfica en el Holi Festival de la India, que forma parte del arte del disco. El número 1 del Top Nacional de Ventas no cambiará nada en la carrera de esta prestigiosa banda, como nada cambia en las carreras de todos los artistas que semanalmente lo alcanzan, pero The Gift no puede dejar de dar la gracias a todos aquellos que comprando EXPLODE en su país les han ayudado a alcanzar este puesto

LA OMIX DE PORRIÑO INFORMA DE LA PUESTA EN MARCHA DEL PLAN DE FORMACIÓN DE JUVENTUD 2011

Convocado por la Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, el programa se estructura en tres bloques: formación en actividades de ocio alternativo, tiempo libre y asociacionismo; formación continua de técnicos de juventud y actividades en el campo del voluntariado Para más información, todas las personas interesadas pueden acudir a las dependencias de la OMIX en el centro cultural municipal o consultar la web www.xuventude.net

Video de Tierra pisada en Teatro Ensalle Vigo

subido la función que El Canto de la Cabra nos hizo gozar la pasada semana en Teatro Ensalle.
Hacer click en http://www.youtube.com/watch?v=6KVuGMWkfsQ

PREVISIONES PLAY-DOC VIERNES 1 DE ABRIL / PREVISIÓNS PLAY-DOC VENRES 1 DE ABRIL

Marcel Lozinski (10-20 horas), nominado al Oscar en 1994 por A 89 mm. de Europa, presenta su primera retrospectiva en España. El sábado dará una clase magistral sobre su método de trabajo, que mezclaba ya ficción y documental en los años 70, práctica ahora de moda pero revolucionaria en su tiempo. Lozinski estuvo censurado en Polonia muchos años por su vinculación con el sindicato Solidaridad, que fue clave para la caída del régimen soviético en su país.
Tachenko y David López, de Limbo Starr (18-21 horas), presentan el documental Limbo Starr: diez, cuenta atrás, sobre la discográfica madrileña de música independiente, que cumple diez años como el valor más seguro de la industria indie nacional.
Aaries (17-21 horas) darán su primer concierto en España, presentando las canciones del que será su primer disco, Best Kept Secrets. Fabulosas voces que beben directamente de Lionel Ritchie o Quincy Jones, entre otros.

O BNG solicita aclaracións sobre a redución das beirarrúas en Mariano Ordóñez

O BNG entende o urbanismo como un instrumento ao servizo do pobo, con centros urbanos onde prime a presenza dos peóns sobre os vehículos A Guarda, 31 marzo 11. O portavoz municipal do BNG, Xan Lois Lomba, presentou un escrito no concello da Guarda solicitando aclaracións sobre o drástico recorte das beirrarúas en Mariano Ordoñez.
As obras de urbanización deste vieiro, que conta cun orzamento de máis de 220.000€, están a piques de rematar. O proxecto orixinal contemplaba unha calzada de 3,50 m. e unhas beirarrúas de 1,80 m. Tendo así,como resultado final, unha rúa con prioridade peonil. Neste intre, o proxecto mudou e as beirarrúas só teñen ao redor de 1m. O BNG na Guarda quere saber a que se debe esta modificación e que criterios se están a ter en conta, dado que a modificación proxecto cambia de totalmente a estrutura da rúa. Leer más…

Convocatoria de axudas para mellorar a capacidade innovadora das Pemes. Programa Innoempresa

O programa Innoempresa desenvólvese a través de tres liñas básicas de actuación: Innovación organizativa e xestión avanzada; Innovación tecnolóxica e calidade; e Proxectos de innovación en colaboración. As tres liñas están baseadas na utilización de instrumentos e procedementos de xestión xa contrastados para impulsar a promoción da competitividade das pemes mediante a innovación. As axudas aplicables nesta convocatoria sonas seguintes: Leer más…

Balance aqualia 2010

Equivale aproximadamente a dúas veces a distancia entre Vigo e Mos  

Vigo substituíu máis de 21.000 metros de rede de abastecemento, saneamento e pluviais na cidade durante o último ano

Cada vigués consume unha media de 133,14 litros/día, unha cifra por debaixo da media autonómica e estatal Preto de 5.000 vigueses solicitaron en 2010 a e-factura, un 43% máis que en 2009. Máis de 66 millóns de m 3 de auga depurados En 2010, captáronse 36.130.503 m 3 de auga. O servizo municipal de auga de Vigo dispón de tres captacións diferenciadas para a auga de subministración domiciliaria, o manancial de Bembrive – Beade e as presas de Eiras e Zamáns. En concreto, a presa de Eiras que tivo un volume máximo de 20,69 Hm3 contou cun nivel medio de capacidade do 86,45% en 2010. Pola súa banda, a presa de Zamáns ten un volume máximo de 1,99 Hm  e durante o pasado ano, tivo unha capacidade media de 93,90%. O máximo subministrado en 2010 foi de 112.320 m3/día. As dúas Estacións Depuradoras de Augas Residuais (Lagares e Teis) depuraron en 2010 un  total de 66.275.908 m3de auga.

O INSTITUTO CERVANTES DE BRUXELAS INAUGURA HOXE A EXPOSICIÓN DO “PROYECTO NEUSTON”, CREADA POLO MUSEO DO MAR DE GALICIA

A mostra  estará en itinerancia por distintas sedes do Instituto Cervantes, grazas a un convenio de colaboración asinado entre o Museo do Mar de Galicia, o Instituto de Investigacións Mariñas (CSIC) e o Instituto Cervantes
O proxecto se exhibirá tamén nos Institutos Cervantes de Fez (Marrocos) e  Sidney (Australia)
            O Instituto Cervantes de Bruxelas exhibirá, a partir de hoxe, a exposición “Proyecto Neuston. Experimento1. Explorando la interfase”, como resultado do convenio de colaboración alcanzado en febreiro entre o Museo do Mar de Galicia, o Instituto de Investigacións Mariñas (CSIC) e o Instituto Cervantes.
            O obxectivo do acordo é establecer a itinerancia da mostra por distintas sedes que o Instituto Cervantes posúe no exterior. Así, a partir de verán, a exposición terá como novo destino  o Instituto Cervantes de Fez (Marrocos), onde permanecerá ata finais de ano. Xa no 2012 será trasladada a Sidney (Australia).
            A mostra do “Proyecto Neuston” xurdiu en Vigo da man do Museo do Mar de Galicia, como resultado dun experimento  multidisciplinar no que participaron quince científicos do Instituto de Investigacións Mariñas (CSIC) e quince artistas.
            En concreto, o proxecto explora a interfase ciencia-aire, orixinando un diálogo no contorno do mar e das ciencias mariñas en Galicia, tomando como metáfora o neuston, que define a comunidade de organismos que viven asociados á superficie, na interfase agua-aire.
             O resultado deste experimento recolleuse nesta exposición, no que ambas linguaxes aparecen comparadas en forma de dípticos.