Archive | enero 2011

sinatura plan de emprego 2011

PRETO DE 400 DESEMPREGADOS FORMALIZAN OS SEUS CONTRATOS NA DEPUTACIÓN PROVINCIAL PARA TRABALLAR DURANTE SEIS MESES NOS CONCELLOS DA PROVINCIA

Cerca de 400 desempregados da provincia de Pontevedra formalizaron hoxe na Deputación os seus contratos para traballar durante seis meses nos concellos da provincia de Pontevedra. Esta iniciativa, que conta cun orzamento de 2,5 millóns de euros, enmárcase dentro dun novo Plan de Emprego aprobado pola Deputación Provincial co fin de mitigar os efectos da situación económica do país cun crecente número de parados. O presidente da institución, Rafael Louzán, aproveitou a convocatoria para xuntarse cos novos contratados e para desexarlles sorte nesta andaina profesional. Así mesmo, apelou á responsabilidade dos traballadores para que “cumpran debidamente os seus horarios e entre todos facer un ben á sociedade”. Estas persoas desenvolverán a súa actividade ata o 31 de xullo de 2011. A oferta de emprego axustouse ó perfil de postos de traballo solicitados polas administracións locais en función do servizo ou función a desempeñar. A preselección de candidatos realizouna o Instituto Nacional de Emprego (INEM). Finalmente, á hora de elixir ós candidatos valoráronse aspectos como os coñecementos teóricos e prácticos sobre o posto de traballo ofertado (manexo de determinadas ferramentas ou condución de maquinaria); a experiencia profesional; a proximidade xeográfica ó lugar de traballo; a dispoñibilidade horaria; o tempo de permanencia en desemprego e a situación familiar. As previsións iniciais da Deputación son que cada concello poida contratar unha media de cinco persoas para realizar os traballos que cada concello considere, dende limpeza ou atención a viais ata coidado de praias pasando por obras municipais en locais, estradas, etc. Sobre este respecto, Rafael Louzán puntualizou que estas persoas “colaborarán expresamente no acondicionamento das praias e dos espazos naturais da provincia de Pontevedra, para que estean en perfectas condicións de cara á época estival e a chegada dos miles de  turistas que prevén achegarse ata Pontevedra.

Os sindicatos de xornalistas critican os despedimentos en Prisa

A FeSP TAMÉN REXEITA A REFORMA DAS PENSIÓNS

Os novos donos do grupo Prisa (El País, Cinco Días, Cadena Ser…), un grupo estadounidense que se dedica a investir en bolsa, anunciaron que van despedir a 2.500 traballadores (2.000 deles en España). Polo seu elevado número, trátase do maior mazazo contra o xornalismo e contra o dereito á información da cidadanía, que se suma aos 400 empregos perdidos en devandito grupo por baixas incentivadas, prexubilacións, recortes de persoal e o peche de Localia TV. Leer más…

Valença 125 anos da Ponte Internacional – Portugal

O criativo galego Manuel Amenedo foi o vencedor do concurso de imagem gráfica “125 anos da Ponte Internacional” promovido pela Câmara de Valença e Ayuntamiento de Tui, entre 10 concorrentes portugueses e espanhóis.      O novo logo tem um grande impacto e visibilidade e representa a ponte internacional metálica, o rio Minho e a união dos povos valenciano e tudense, português e espanhol.

          Num traço simples Miguel Amenedo apresenta um símbolo que representa a união de duas culturas e em que “as cores transmitem paz, tranquilidade, confiança, confidência, seguridade, esperança, dedicação, sinceridade, intuição e amor  pela criação, dignidade, prestigio, invencibilidade, técnico e formal”, segundo o criativo.  Manuel Amenedo é um conceituado criativo galego, radicado em A Guarda, formado em Desenho pela Universidade da Florida (Estados Unidos da América), com vários trabalhos realizados em Espanha, Estados Unidos da América, Rússia e outros países.         A criação de uma imagem gráfica foi a primeira iniciativa de todo um conjunto de actividades que marcarão 2011 nas cidades de Valença e Tui e de que se destacarão exposições temáticas, jornadas históricas, concurso de fotografia, actividades desportivas recreativas. O ponto alto das comemorações está marcado para 25 de Março, com os actos institucionais e protocolares.

As limàdoras dos colexios de Vigo reclaman no pleno a firma do acordo polo que se deconvocou a folga.

O alcalde decidiu suspender a sesión ante as protestas das traballadoras de Linorsa, que xa anunciaron que seguirán coas mobilizacións até lograr que se cumpra o pactado

 As traballadoras dos colexios públicos de Vigo retomaron hoxe as mobilizacións porque máis de mes e medio despois de desconvocar a folga indefinida para reclamar melloras laborais o Concello aínda non ratificou nin a empresa está a cumprir o acordo que permitiu poñer fin ao paro. Nesta ocasión volveron levarar as súas reclamacións ao pleno municipal, que foi suspendido polo alcalde unha hora despois do seu inicio pola protesta das empregadas de Linorsa. Dende a CIG-Servizos de Vigo explican que as traballadoras decidiron en asemblea retomar as mobilizacións despois de comprobar que transcorrido este tempo os responsábeis municipais aínda non asinaron os acordos alcanzados o pasado día 10 de decembro. En concreto, citan o incremento do número de horas a tres persoas para que dispoñan de maior facilidade para poder xubilarse (teñen entre 55-65 anos e unha xornada de 15 horas semanais, polo que se consensuara aumantarlles unha hora á semana para poder chegar ás 20). Leer más…

ECONOMÍA E INDUSTRIA E A FISCALÍA DE GALICIA SENTAN AS BASES DA COLABORACIÓN EN DEFENSA DOS INTERESES DOS CONSUMIDORES

  • O departamento que dirixe Javier Guerra avanza na estratexia de protección ao consumidor e traballa nun convenio de colaboración coa Fiscalía do TSXG
  • Xunta e Fiscalía coinciden na necesidade de erradicar cláusulas abusivas que afectan de xeito xeralizado aos consumidores
  • A nova Lei de Protección do Consumidor de Galicia contribuirá tamén a incrementar a seguridade dos consumidores nos nosos mercados    Leer más…

El 37% de las empresas aumentó su cartera de pedidos de exportación en el cuarto trimestre de 2010

Por quinto trimestre consecutivo, el Indicador Sintético de Actividad Exportadora (ISAE) ha registrado valores positivos en todos los sectores.

  • En el último trimestre del año también mejoró la evolución de la cartera de pedidos respecto al trimestre anterior
  • Una amplia mayoría de las empresas (66%) señala que sus precios se han mantenido estables. Leer más…

‘Pollock’ de Ed Harris, en el nuevo ciclo de cine en la Fundación Novacaixagalicia en Vigo

Mañana, martes 1 de febrero, a las 18.00 y a las 20.30 horas en versión original subtitulada en castellano, en el auditorio de la sede de la Fundación Caixa Galicia en Vigo ( Policarpo Sanz 21) acogerá la primera proyección del programa ‘Nos vieiros da mente’, el nuevo ciclo de cine organizado por la entidad cultural en el inicio de este 2011. En total, y hasta el 15 de marzo, se proyectarán ocho títulos actuales que muestran diferentes patologías desde perspectivas casi opuestas. Esta iniciativa se pone en marcha con la colaboración del Servizo Galego de Saúde e o Ministerio de Sanidade, Política Social e Igualdade.

Sipnose
Esta película nos muestra la vida del pintor estadounidense Jackson Pollock (Harris), quien vivía con su hermano en un apartamento neoyorkino y ocasionalmente mostraba sus pinturas a sus visitas. Tiempo después Pollock conoce a Lee Krasner (Marcia Gay Harden), quien se convierte en su esposa pero también en su principal promotora; sin embargo, la vida de Jackson tomará un giro repentino, a causa de su adicción al alcohol.

 

A GNP-AECT PRESENTA OS SEUS PROXECTOS PARA 2011 AO DIRECTOR DE POLÍTICA REXIONAL DA UE

Dick Ahner participará nos Open Days que a agrupación celebrará en xullo
A súa directora, Elvira Vieira, reuniuse na tarde do venres con Ahner para valorar as iniciativas previstas pola GNP-AECT para este ano
A agrupación galego-portuguesa vén de participar na conferencia das AECTs europeas con distintas propostas e observacións ao Quinto Informe sobre cohesión da Unión Europea  A dirección da GNP-AECT, reuniuse na tarde do venres, unha vez finalizados os actos correspondentes á conferencia das AECTs europeas, co director xeral de Política Rexional da Unión Europea, Dirk Ahner. Este encontro serviu para presentar a Ahner os proxectos que a GNP-AECT ten desenvolvido desde a súa posta en marcha, en marzo de 2010, así coma aqueles previstos para o presente ano. Ademais, a GNP-AECT propuxo converter a eurorrexión nun Laboratorio de proxectos piloto de cooperación territorial. Así mesmo, Ahner aceptou a invitación para participar na celebración dos Open Days da eurorrexión Galicia Norte de Portugal, que se celebrarán no mes de xullo.
Previamente, a Agrupación Europea Galicia-Norte de Portugal –GNP-AECT- finalizara na mañá do venres a súa participación na conferencia das AECTs europeas que tivo lugar na cidade francesa de Lille e en Bruxelas, e na que contou cun papel protagonista.
Durante a xornada final do evento, a GNP-AECT, representada pola súa directora, Elvira Vieira, tivo a oportunidade de expoñer as súas propostas e observacións relativas ao Quinto Informe sobre cohesión da Comisión Europea. En liña coa posición da Xunta de Galicia e o goberno portugués, reivindica que a perda de fondos estructurais que sufrirá a eurorrexión se produza de xeito gradual. Neste sentido, propón o establecemento dunha fase intermedia denominada “transitoria”  na que, ademais, se faría unha especial incidencia na eficiencia e obtención de resultados concretos vencellados ás axudas. O pulo á formación continua, ao e-learning e unha maior preponderancia do Fondo Social Europeo sobre o FEDER son outros dos aspectos comentados pola GNP-AECT en relación ao Quinto Informe.

APROGRAMACIÓN DA XUNTA PARA O ANO DO VOLUNTARIADO AVANZARÁ NA MELLORA CUALITIVATIVA E CUANTITATIVA DAS ACCIÓNS DESTE COLECTIVO

  • A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, presentou hoxe en rolda de prensa as principais actuacións a desenvolver con motivo do Ano europeo do voluntariado
  • Galicia organizará o 29 e 30 de novembro, e o 1 decembro, un Congreso estatal neste eido, que terá lugar en Santiago de Compostela
  • Este ano presentarase tamén o “Programa de Voluntariado Xuvenil”, unha iniciativa novidosa en todo o Estado que ten como obxectivo formalizar a acción voluntaria a través de certificados de educación non formal
  • En 2011, aprobarase tamén a Lei galega de acción voluntaria e o Plan galego de voluntariado 2011-2014 Leer más…