sinatura plan de emprego 2011

PRETO DE 400 DESEMPREGADOS FORMALIZAN OS SEUS CONTRATOS NA DEPUTACIÓN PROVINCIAL PARA TRABALLAR DURANTE SEIS MESES NOS CONCELLOS DA PROVINCIA

Cerca de 400 desempregados da provincia de Pontevedra formalizaron hoxe na Deputación os seus contratos para traballar durante seis meses nos concellos da provincia de Pontevedra. Esta iniciativa, que conta cun orzamento de 2,5 millóns de euros, enmárcase dentro dun novo Plan de Emprego aprobado pola Deputación Provincial co fin de mitigar os efectos da situación económica do país cun crecente número de parados. O presidente da institución, Rafael Louzán, aproveitou a convocatoria para xuntarse cos novos contratados e para desexarlles sorte nesta andaina profesional. Así mesmo, apelou á responsabilidade dos traballadores para que “cumpran debidamente os seus horarios e entre todos facer un ben á sociedade”. Estas persoas desenvolverán a súa actividade ata o 31 de xullo de 2011. A oferta de emprego axustouse ó perfil de postos de traballo solicitados polas administracións locais en función do servizo ou función a desempeñar. A preselección de candidatos realizouna o Instituto Nacional de Emprego (INEM). Finalmente, á hora de elixir ós candidatos valoráronse aspectos como os coñecementos teóricos e prácticos sobre o posto de traballo ofertado (manexo de determinadas ferramentas ou condución de maquinaria); a experiencia profesional; a proximidade xeográfica ó lugar de traballo; a dispoñibilidade horaria; o tempo de permanencia en desemprego e a situación familiar. As previsións iniciais da Deputación son que cada concello poida contratar unha media de cinco persoas para realizar os traballos que cada concello considere, dende limpeza ou atención a viais ata coidado de praias pasando por obras municipais en locais, estradas, etc. Sobre este respecto, Rafael Louzán puntualizou que estas persoas “colaborarán expresamente no acondicionamento das praias e dos espazos naturais da provincia de Pontevedra, para que estean en perfectas condicións de cara á época estival e a chegada dos miles de  turistas que prevén achegarse ata Pontevedra.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: