Comunicado sobre o estadio de Balaídos
Respecto á caída de cascotes da grada de
Río Alto que se rexistrou o venres no estadio municipal de Balaídos, o Goberno municipal quere trasladar que esta mesma mañá técnicos municipais visitaron o recinto acompañados por representantes do Club Celta, responsable do mantemento das instalacións. Unha vez que os técnicos emitan o informe correspondente, adoptaranse as medidas oportunas. Á revisión do estadio acudiron técnicos de Urbanismo, técnicos de Deportes, ademais do concelleiro delegado, Manel Ferández