Noticias Ayuntamiento de Vigo 13-03-12


O alcalde «anima» a outras administracións a actuar con políticas keynesianas para activar a construción

O rexedor de Vigo, Abel Caballero, fixo esta mañá un «chamamento outras administracións e gobernos a actuar políticas keynesianas» -seguindo o modelo de Vigo-, para activar a construción, «porque é o sector que máis reacciona para xerar emprego». Así o indicou durante a presentación da cuarta edición do Salón da Construción que se organizará no Ifevi entre os próximos 22 e 25 de marzo.

 


Caballero informou que o prazo medio de pago das facturas é de 39 días

O alcalde de Vigo desvelou o informe de Tesourería correspondente ao último trimestre do pasado ano, que revela que o prazo medio no que o Concello paga as súas facturas é de 39,54 días, cando a norma xeral entre os municipios é incumplir cos 50 días de máximo que establece a lexislación. Abel Caballero estimou que o que preside é «probablemente o concello que paga con máis prontitude en toda España e estamos moi orgullosos de poder decilo».

 


Concello e Foanpas elaborarán un mapa das necesidades especiais que teñen os nenos discapacitados

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asumiu hoxe martes un compromiso coas Foampas para deseñar conxuntamente un mapa das necesidades especiais que teñen os nenos ou nenas que sofren algunha discapacidade. Logo de manter un encontro co presidente, Alfonso André, e outros membros do organización, o rexedor avanzou que un dos obxectivos que se prantexan e que haxa parques diseminados por toda a cidade con dispositivos axeitados ás necesidades destes rapaces.

 

O Goberno municipal acometerá a reforma da grada de río alto de Balaídos por 19.000 euros

O alcalde de Vigo avanzou hoxe martes que a reparación da grada de río alto do estadio de Balaídos da que se desprenderon os cascotes o pasado venres ascenderá a 19.000 euros. As obras se acometerán de xeito inmediato, logo de que os técnicos avaliaran o suceso, atribuíndoo «á oxidación da estrutura metálica interna que levaba sen mantemento 20 ou 25 anos».

 



Participantes no primeiro debate

Estudantes do instituto Castelao e o CPR Vista Alegre debaten sobre «O futuro do galego está na lusofonía»

O Verbum acolle o mércores día 14 ás 17.30 horas, a fase final local da primeira edición do Club de Debate que organiza a Concellaría de Normalización Lingüística en colaboración cos equipos de Normalización Lingüística dos centros de ensino do municipio. Esta actividade busca dinamizar o uso da lingua galega mediante o traballo da fluidez comunicativa e o pensamento crítico e analítico sobre temas de actualidade.

 


Presentacion do «Nómades», oito historias de desarraigo en feminino (Novela gráfica)

O Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo acolle a presentación do libro «Nómades» , de Xosé Tomás o mércores, 14 de marzo ás 19:30 horas. Interveñen Xosé Tomás, autor e Francisco Castro, editor infantil e xuvenil ed. Galaxia

 


Novo intento de récord de solo de guitarra no MARCO

Tan só unha semana despois de que Gabriel Domínguez batise o récord do ‘Solo de guitarra máis longo endexamais interpretado’, cun rexistro de 7 horas, 10 minutos e 6 segundos, mañá mércores 14 de marzo, a partir das 12.00, un novo candidato tentará batelo á súa vez.Nesta ocasión, será Cristian Matos Paes quen, coa súa participación, active novamente a peza do artista Thom Kubli na exposición ‘PRESENZA ACTIVA. Acción, obxecto e público’.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: