FEIJÓO DESTACA QUE A INSTALACIÓ​N DA TERMINAL DE HIDROCARBU​ROS DE PEMEX EN PUNTA LANGOSTEIR​A PERMITIRÁ INCREMENTA​R NUN 20% O TRÁFICO DO PORTO DA CORUÑA E UN AUMENTO DO 15% DOS INGRESOS ECONÓMICOS

O presidente do Goberno galego subliña que con esta solicitude formal a empresa mexicana “deposita a súa confianza e corrobora que Galicia e España están no camiño de lograr o obxectivo de que Punta Langosteira sexa un referente portuario na fachada atlántica e unha porta privilexiada entre Europa e América”

Avanza que á boa noticia de que Pemex cumpre con feitos o seu compromiso co Porto Exterior da Coruña, se unirá en poucas semanas a aposta de Pemex, tamén, coa materialización dos contratos navais

§ “Precisamente cando sufrimos incertezas importantes, que unha das catro petroleiras máis importantes do mundo decida construír, aquí, a súa primeira terminal en toda Europa é, sen dúbida, unha mensaxe de confianza e de certeza”, asegura

§ Logo de moitos meses de traballo, Feijóo salienta que os directivos de Pemex “poden dar fe de que os nosos traballadores do sector naval saben facer barcos, de que temos a tecnoloxía que Pemex precisa e do profundo coñecemento da industria do naval. E tamén saben que Galicia é unha comunidade solvente”

§ Afirma que esta alianza estratéxica non ten marcha atrás “senón que o único que lle cabe é seguir fortalecéndose no futuro”; e expresa a satisfacción de comprobar que os esforzos dos últimos meses van servir para xerar riqueza e para xerar emprego en Galicia

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: