Galaxia publica 2044, de Eduardo Santiago. Unha sorprenden​te historia de ciencia ficción

Galaxia publica 2044, de Eduardo Santiago

Unha sorprendente historia de ciencia ficción

  ¿Qué pasaría se un videoxogo se convertese en real?
¿Qué pasaría se todos tivesemos un dobre que nos quixese asasinar?
¿Qué pasaría se a realidade virtual e a física se confundisen?
Un libro intrigante que te enganchará dende o primeiro parágrafo.

Ano 2044. Achégase o aniversario de Lena. Cal será a sorpresa preparada para os amigos e as amigas polo seu pai? Cada ano sorpréndeos dun xeito diferente. Pero o que vai pasar este ano ninguén podía imaxinalo… de feito, incluso pode ser que todos perdan a vida. 2044 é unha novela futurista que nos mergulla nun universo de realidade virtual no que, para sobrevivir, os protagonistas van ter que descifrar o estraño significado dunhas pistas e enigmas baseados en números enigmáticos. Unha novela de intriga nun universo probable que pode chegar a ser tremendo. Os protagonistas non saben onde remata a realidade e comeza o universo virtual… Ti verás que tampouco.

Eduardo Santiago naceu nunha aldea de Pontevedra no ano 1964. Dende sempre se sentiu interesado pola ficción científica e no ano 1982 obtivo o segundo premio nun concurso convocado pola ONU para a Segunda Conferencia das Nacións Unidas sobre a exploración e utilización do espazo extraterrestre con fins pacíficos. Traballa na Administración pública e 2044 é a súa primeira obra de ficción.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja un comentario