O PRESIDENTE DA XUNTA TRASLADOU AO COMISARIO JOAQUÍN ALMUNIA O REXEITAMENTO DE GALICIA ÁS MEDIDAS “ABRUPTAS” SOBRE O SECTOR NAVAL TOMADAS SEN MEDITAR “OS SEUS EFECTOS DIRECTOS E INDIRECTOS” SOBRE A ECONOMÍA GALEGA

Solicita do Goberno de España o mesmo interese polos traballadores do naval que acreditou por outros sectores como o do carbón

  • Feijóo pide a colaboración leal do Goberno de España para negociar ante a Unión Europea e revela que hai máis dun mes lle enviou unha carta a Rodríguez Zapatero
  • Se o Goberno de España fixo ver a toda Europa que eran posibles axudas ao carbón nacional, este pleito é moito máis sinxelo primeiro, porque hai países que xa están facendo bonificacións aos estaleiros; segundo, porque este réxime leva existindo 9 anos; e terceiro, porque evidentemente non se pode de ningún xeito e menos dun xeito abrupto que o que leva funcionando 9 anos deixe de funcionar en 9 días”, destaca
  • Salienta que a Xunta leva traballando co sector naval desde o principio da lexislatura con todas as medidas de apoio dispoñibles, “mostrando un compromiso inequívoco con este sector”

Santiago, 7 de xullo de 2011.- O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, falou onte co comisario da Unión Europea Joaquín Almunia para trasladarlle o rexeitamento de Galicia ás últimas decisións sobre o sector naval, medidas que o titular do Goberno galego cualificou de “abruptas” e das que, dixo, se tomaron sen meditar os seus efectos “directos e indirectos” sobre a economía galega e española. Feijóo destacou que a Xunta leva traballando co sector naval desde o principio da lexislatura con todas as medidas de apoio dispoñibles -avais, axudas e subvencións- e “mostrando un compromiso inequívoco con este sector económico e empresarial”. “Porque seguimos insistindo en que Galicia sabe facer barcos competitivos, adquiridos por empresas europeas e americanas, e barcos de guerra mercados por outras mariñas como a australiana e a noruega”, destacou. “Pero é certo que a Xunta non o pode facer soa e necesita que o Goberno de España, en colaboración leal, traballe coa Xunta ante a Unión Europea”, engadiu. Neste sentido, o presidente de Galicia desvelou que lle enviou unha carta a Rodríguez Zapatero sobre este tema hai máis dun mes, unha comunicación que non fixo pública “porque non se trata de discutir, senón de construír”. Na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, Feijóo solicitou ao Goberno de España o mesmo interese polo sector naval que acreditou por outros sectores como o do carbón. “Se o Goberno de España fixo ver a toda Europa que eran posibles axudas ao carbón nacional, este pleito que temos neste momento coa UE é moito máis sinxelo primeiro, porque hai países que xa están facendo bonificacións e axudas aos estaleiros; segundo, porque este réxime leva existindo 9 anos e non pasou nada; e terceiro, porque evidentemente hai capacidade de mediar ante as institucións europeas xa que non se pode de ningún xeito e menos dun xeito abrupto que todo o que leva funcionando 9 anos deixe de funcionar en 9 días”, destacou. “É verdade que a maioría do sector naval de España, polo menos o civil, está en Galicia e polo tanto espero e desexo que o mesmo interese que o Goberno de España tivo co sector do carbón, que afectaba a outras comunidades, o teña cos traballadores do sector naval da ría de Vigo, Marín, Ferrol e A Coruña”, concluíu o presidente galego.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: