MARCO: aberto prazo inscrición cursos 2012-13

  Inicio tempada 2012-2013

Mañá 18 de  setembro ábrese o prazo de inscrición

para os cursos  de adultos no MARCO 

CURSOS PARA       ADULTOS

DOCENTES

Ana Pereira Molares

José Manuel López Fernández

DATAS

Do 24/25 de outubro de 2012 ao 2/8 de maio de       2013

LUGAR

Salón de actos

HORARIO

Mércores, de 19.30 a 21.00

Xoves, de 19.30 a 21.00

Previa inscrición e matrícula

PRAZAS LIMITADAS

A partir de mañá martes 18 de setembro, está aberto o prazo de  matrícula para os dous cursos de adultos que terán lugar no MARCO  nesta tempada 2012-2013, destinados a persoas interesadas en coñecer de  primeira man os principaiss movementos e autores da historia da arte  contemporánea.

Nesta edición o MARCO ofrece dous novos cursos que se desenvolverán  dende outubro ata maio: ‘Arte na Galicia do século XX’ —un percorrido  pola historia da arte e a arquitectura en Galicia, da man de Ana Pereira  Molares— e ‘Derivas da modernidade. Do cine clásico ao cine moderno  (1950-1980)’, impartido por José Manuel López Fernández, cuxo programa se  centra na historia do cinema durante tres décadas clave no tránsito do  clasicismo á modernidade. En ambos ous dous casos, as sesións impartidas polos  directores do curso se completarán con algunhas intervencións a cargo de  relatores externos.

A matrícula dos cursos pecharase unha vez cubertas todas as prazas.  Tanto os programas detallados como as fichas de inscrición, información sobre  prezos de matrícula e descontos especiais están dispoñibles na taquilla do MARCO  (en horario de 11.00 a 14.30 e de 17.00 a 21.00 de martes a sábados, e de 11.00  a 14.30 os domingos) e no apartado ‘Actividades’ da web www.marcovigo.com, ou se poden solicitar a través do  correo-e pilar.souto@marcovigo.com.

Para esta edición dos cursos, e no marco do convenio asinado pola  Universidade de Vigo e a Fundación MARCO, está en marcha a solicitude para a  concesión de créditos de libre elección e créditos ECTS para  alumnado da Universidade de Vigo.

CURSO

‘Arte na Galicia do século  XX’

Percorrido pola historia da arte e a arquitectura en Galicia dende principios de  século ata os anos oitenta

Organiza:  MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo

Docente: Ana Pereira Molares, coa participación de relatores externos nalgunhas  das sesións

Datas: do 24 octubre 2012 ao 8 maio 2013

Lugar:  salón de actos

Horario: mércores, de 19.30 a 21.00

Previa  inscrición e matrícula a partir do 18 setembro

Ao  longo dos séculos XX e XXI, no territorio peninsular desenvólvese un panorama  artístico que se ben se vincula, con maior ou menor intensidade según os  momentos e os seus protagonistas, aos parámetros internacionais, posúe ademais  características que lle son propias e distintas, produto do seu acontecer tanto  artístico como extra artístico, do seu contexto social, político e  económico.

Neste  complexo contexto, aparecen comportamentos diferenciados nos distintos  territorios, que son resultado de vivencias, tradicións e afáns tamizados por  circunstancias moi diversas. Este curso leva a cabo unha aproximación á creación  artística galega dos últimos cen anos, dende principios do século XX ata os anos  oitenta.

CURSO

‘Derivas da modernidade. Do cine clásico ao cine moderno  (1950-1980)’

Historia do cine durante tres décadas clave no tránsito do clasicismo á  modernidade

Organiza:  MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo

Docente:  José Manuel López Fernández, coa participación de relatores externos nalgunhas  das sesións Datas: do 25 outubro 2012 ao 2 maio  2012

Lugar:  salón de actos

Horario: xoves, de 19.30 a 21.0

Previa  inscrición e matrícula a partir do 18 setembro

A  través de sesións temáticas e outras monográficas, preséntase un panorama xeral da revolución que os novos cines dos anos sesenta —sen olvidar as súas intuicións nos cincuenta e os seus ecos nos setenta— orixinaron no modelo narrativo-clásico. Unha revolución que marcou o inicio da  modernidade.

Non obstante, lonxe da opinión de que a modernidade sería unha especie  de superación ou actualización do clasicismo, o curso trata de defender que non  é posible entendelos como dous compartimentos estancos, separados e illados. Ao  contrario, modernidade e clasicismo solápanse, contamínanse e aliméntanse entre  si, e é imposible entender os achados e revolucións da primeira sen as derivas e  fisuras do segundo.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja un comentario