Comunicado Concelleiro de Deporte Vigo

Vigo, 17 de outubro de 2012.- En relación coa setenza do Xuzgado do Social nº 2 de Vigo de 28 de setembro de 2012, a concellería de Deportes aclara que a empresa auxiliar de servizos UTE V2 Complementos auxiliares SA-Pilsa e os traballadores demandantes deixaron de prestar servizos nas dependencias do IMD o pasado 28 de xullo. A dirección do IMD respecta e acata as decisións xudiciais e apunta que non consta na resolución xudicial ningún pronuniciamento sobre a readmisión ou despido, o que é totalmente congruente co libremente pedido polos demandantes e resolto na sentenza. Esta resolución nón é firme e xa foi presentado o anuncio do recurso de Suplicación pola defensa letrada do IMD. Desde o IMD explican que non consta que ningún dos traballadores demandantes que cesaron na prestación dos seus servizos nas instalacións do IMD cando se extinguiu o contrato coa  UTE V2 Complementos auxiliares SA-Pilsa exercitase ningunha acción de despido nin de ningunha outra clase, fora do resolto na sentenza. A resolución revela tamén uns comportamentos internos que teñen que rematar e ser corrixidos de inmediato, ao ser inaceptables en calquera organismo suxeito ao Dereito Administrativo para evitar responsabilidades de todo tipo. O departamento de Deportes aclara que cando sexa firme a sentenza declarativa, acatarase en todos os seus termos, consonte á normativa laboral e tamén con estrito cumplimento do Dereito Administrativo, de aplicación en canto que o IMD é un organismo autónomo municipal. O IMD, ao igual que calquera administración pública, está legal e constitucionalmente obrigado a seleccionar o seu persoal de acordo aos principios de publicidade, igualdade, obxectividade mérito e capacidade. En todo caso, calquera proposta razoada e axustada á legalidade será obxecto de consideración.

Manel Fernández

Concelleiro de Deportes

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: