VINTE FINALISTAS COMPITEN NA MODALIDADE DE ARTES PLÁSTICAS DO CERTAME XUVENTUDE CREA PARA OPTAR A UN PREMIO MÁXIMO DE 3.000 EUROS

  • O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, e o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, inauguraron hoxe na Igrexa da Universidade de Santiago a exposición
  • O segundo premio recibirá 1.500 euros, e os terceiros obterán 1.000 euros
  • No acto tamén se deron a coñecer os gañadores das especialidades de grafitti, teatro e música
  • Na edición deste ano do certame Xuventude Crea participan máis de 300 mozos e mozas en 11 especialidades artísticas diferentes

Santiago, 31 de outubro de 2012.- O director xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar, Ovidio Rodeiro, acompañado polo Secretario Xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, inauguraron hoxe na Igrexa da Universidade de Santiago a exposición das obras finalistas da modalidade de artes plásticas do certame Xuventude Crea.

Ata o 9 de novembro, de luns a sábado, poderase contemplar os traballos en escultura de Óliver Requeijo Fernández, Basilia Fiestras Cachafeiro, Carmen Álvarez Campo, Tania Pérez Arribas e Laura Piñeiro Meana; de pintura: Humberto Loureiro Argullós, Olmo Blanco Fuentes, Aida Pérez Donoso, Aida Estrella Vigo Edreira, Soraya Redondo Taboada, Jacobo Lorenzo Nespereira, Marta López López, Joan Morera Arbones e Luis Iván Estévez Martín; e de fotografía: Fabio Alonso Comesaña, Alicia Seoane Orro, Marta González Suárez, Lis García Calvo, Andrea Velado Díaz e Sara Baños Martínez.

Na convocatoria deste ano do certame Xuventude Crea, organizado pola Consellería de Traballo e Benestar, participan máis de 300 mozos e mozas de entre 16 e 30 anos, autores de 245 proxectos en 11 modalidades artísticas diferentes: teatro, artes plásticas, música, relato breve, poesía, videocreación, banda deseñada, graffiti, carteis, deseño de xoias e monólogos. A iniciativa ten este ano un orzamento de 71.150 euros.

Os gañadores de cada unha das especialidades contan cos seguintes premios en metálico: 3.000 euros para os premiados en primeiro lugar; 1.500 para os segundos; e 1.000 para os terceiros. Ademais, os premiados en teatro e música terán a oportunidade de representar as súas creacións nunha serie de actuacións por distintos concellos galegos. En concreto, os que obteñan o primeiro premio contarán con dúas actuacións; mentres que os segundos e terceiros clasificados actuarán nunha cada un deles. Cabe lembrar tamén que os primeiros clasificados en artes plásticas tamén poderán participar en exposicións colectivas incluídas no Circuíto galego de creatividade xuvenil.

Gañadores de 3 especialidades

Ademais, a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado deu a coñecer os gañadores das especialidades de grafitti, teatro e música. Na primeira destas especialidades o gañador foi Brais Rodríguez Trigo, coa obra “Galician octopustyle”. O segundo premio acadárono Noel Pérez Fungueiriño e Sebastián Pazos Fernández, coa obra “Un pouco de blues” e o terceiro foi compartido por Pablo Macías Patiño, coa obra “Vive e crea” e Tirso Paz Sans, Manuel Seijas Fernández e Adrián Mourenza Pena, coa obra “A beleza do graffiti”. O xurado tamén destacou tres mecións de honra: Iván Cabello Camba, coa obra “Calavera con pistola de agua”, David Canosa Barreiro, coa obra “Las estrellas de mi universo” e Felipe Covelo Vázquez, coa obra “Snek pergamiño”.

En canto á especialidade de teatro, o primeiro premio foi para a posta en escea da Asociación Cultural A Turbina, coa obra “Baile de sombras”. O segundo premito foi para a compañía Mequetrefes Teatro, coa obra “De cando meus país me plantaron nunha maceta” e o terceiro para Mue Teatro, coa obra “Ningures”.

En música o primeiro premio foi compartido polos grupos ‘A máquina de meter medo’ con “Arrola-me´m caroi/danÇa de Caravel” e“ Bourées” e ‘Tio Phil Jazz Group’ con “It´s not a dream” e “The same direction”. O segundo premio foi para Nagai Rosales Cabaleiro con “Sopla el viento” e “Estás ti” e o terceiro para Carlos Gende Prego con: “Xuizo Final” e “Coida deles”.

Creatividade xuvenil

Os obxectivos fundamentais desta iniciativa da Consellería de Traballo e Benestar é que os mozos e mozas poidan manifestar a súa inquedanza artística e cultural a través do certame e ao mesmo tempo fomentar a creatividade xuvenil, como mostra do talento que amosa a mocidade galega. De feito, a Estratexia Xuventude 2013 dedica ao fomento da creatividade e do espírito empresarial un dos eixos principais de acción, propoñendo 20 medidas concretas para as propias iniciativas dos mozos e mozas galegos.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: