Concello de Vigo

O alcalde anuncia novas medidas para divulgar a “capacidade” turística da cidade Abel Caballero informou da contratación de 7 persoas para divulgar de Vigo nos eventos que acolla a cidade, a elaboración dun proxecto promocional para Asia pola presencia no Celta da estrela surcoreana Park, a realización de rutas, a creación dun Centro de Interpretación e a designación de Carlos Núñez como embaixador de Vigo.

Caballero informa da concesión de axudas a empresas para contratación de 26 persoas O alcalde deu conta dos asuntos abordados hoxe venres na Xunta de Goberno Local, entre os que Caballero destacou a concesión de axudas económicas a 26 empresas da cidade para a contratación doutras 26 persoas. O Concello aporta segundo a duración dos contratos.

O Concello colaborará no Congreso Nacional de Libreiros que acollerá Vigo en abril O alcalde de Vigo, Abel Caballero, entrevistouse este venres con responsables deste evento, que citará do 10 ao 13 de abril a alomenos 300 persoas deste sector cultural. O goberno local cooperará co Congreso pola proxección da cidade e por ser o libro “parte central da cultura”.

O goberno de Vigo achega 4.250 euros para cofinanciar as actividades da AVV da Miñoca O alcalde e os responsables da Asociación de Veciños “Praza da Miñoca” asinaron este venres na Alcaldía un convenio de colaboración polo que o Concello de Vigo aporta 4.250 euros para axudar no pago do local que ten a entidade en aluguer e para o desenvolvemento das súas actividades.

Caballero di que o Cidade de Vigo de squash, en Balaídos, pretende “ocupar un espazo relevante” a nivel nacional As seis pistas de squash da polideportiva de Balaídos reciben este mesmo serán (18:00 horas) e durante toda a xornada de mañá un torneo puntuable para o ranking nacional de squash, o que garante a súa presenza entre as cidades máis importantes do país nesta disciplina.

Participación no concurso “Vente cos Reis Magos 2012-2013
Bando Día da Constitución
Peche da rúa Arines ao tráfico

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: