‘Son brasilego’, máis que un disco, é unha “enciclopedia viva da mellor música lusófona”

mail

Unidos polo fío de Sérgio Tannus, ducias de artistas de alén e aquén Miño, así como doutros países da Lusofonía, únense nun traballo discográfico que procura financiamento para poder saír á luz. ‘Son brasilego’ reúne algúns dos artistas máis sobranceiros do panorama musical actua,que achegan a súa colaboración a este proxecto que traspasa fronteiras.

Tannus, após numerosos traballos e colaboracións con outros artistas, proponnos con ‘Son brasilego’ un proxecto que une tanto culturas como colaboradores e colaboradoras. Coma sempre, estará apoiado polo seu trío de base.

Ademais, acompañarase de artistas galegos cos que compartiu “inesquecibles” momentos musicais nos anos que leva vivindo en Galiza: Ugia Pedreira, Óscar Fernández, Uxía, Najla Shami, Xabier Díaz, Narf e moitos outros, xunto con músicos portugueses, brasileiros, angolanos e doutras nacionalidades. Constituirán, daquela, unha auténtica “ponte musical” entre os países lusófonos, especialmente Galiza e Brasil.

Segundo o propio Tannus, ‘Son brasilego’ “aposta polo intecambio, polo estreitamento do contacto cultural e persoal, pola fusión de ideas, polos ritmos e raíces comúns”, di. Alén da música, proponnos reflexionar sobre a nosa identidade e irmandade, especialmente sobre o futuro desta a través da música e da sonoridade atlántica que nos torna brasilegos. Pero, sobre todo, é un “agasallo, un agradecemento a todos aqueles músicos e persoas que fixeron posible o crecemento musical e artístico” de Sérgio Tannus desta beira do Atlántico.

Microfinanciamento

Este traballo discográfico, que máis que un disco é “unha enciclopedia viva da música lusófona” pola grande riqueza de artistas, estilos, instrumentos e ritmos que contén, precisa financiamento para poder ver a luz. Deste xeito, ‘Son brasilego’ súmase á tendencia do ‘crowdfunding’ -neste caso, a través da plataforma Verkami- para lograr o seu obxectivo. Porén, restan só 12 días para poder apoiar economicamente o proxecto e formar parte del desde só 10 euros, que dan dereito a un exemplar do disco.

 

Tannus leva desde 2006 vivindo en Galiza e desenvolvendo a súa faceta multiinstrumental no noso país. Colaborador co tecido cultural galego desde a súa chegada, soubo ver e valorar as e os artistas cos que se atopou durante todos estes anos, e cos que quixo establecer unha relación musical enriquecedora para ambas as dúas partes. Precisamente, é grazas a esa mesta rede musical e ao pulo que a súa mestría deu a moitas formacións e solistas galegos/as que nace este proxecto discográfico, “para que quede constancia delas e isto non sexa máis que un comezo”, indica o propio Sérgio Tannu

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: