O 112-GALICIA REXISTROU ESTA MAÑÁ 268 INCIDENCIAS POR MOR DO TEMPORAL QUE AFECTA Á COMUNIDADE
O vicepresidente da Xunta e o conselleiro de MATI efectuaron dende o Centro de Atención ás Emerxencias un seguimento do dispositivo posto en marcha
-Tres estradas da rede autonómica atópanse cortadas por asolagamento da calzada e hai problemas por presenza da auga e desprendementos noutras vías
-A Xunta recorda a necesidade de extremar as precaucións ante a chuvia e os fortes ventos do temporal que afecta á comunidade
-Activouse a plan especial de Protección Civil ante o risco de inundacións.
Santiago, 19 de xaneiro de 2013.- O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, desprazáronse esta mañá ao Centro de Atención ás Emerxencias 112-Galicia para facer in situ un seguimento do dispositivo posto en marcha para facer fronte ao temporal que está a azotar á Comunidade, e que no día de hoxe ten provocado que se rexistrasen 268 incidencias no servizo do 112 ao longo da mañá.
O Centro de Atención ás Emerxencias 112-Galicia rexistrou entre as 7.30 horas e as 13 horas de hoxe un total de 268 incidencias relacionadas co temporal de chuvia e vento que afecta a Galicia e polo que a Xunta recomenda á poboación extremar as medidas de precaución.
Por provincias, a máis afectada estaba a ser A Coruña, con 168 incidencias, seguidas polas 59 que houbo en Pontevedra, mentres que en Lugo e Ourense rexistráronse 21 e 20, respectivamente. As incidencias máis destacables tiveron que ver con caídas de chapas e restos de tellado no náutico de Cangas, a caída dun tellado en Vigo, a caída dunha farola en Lalín, a caída dunha árbore sobre un vehículo en Gondomar e o anegamento dun edificio en Culleredo.
Estradas
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas informou que permanecen cortadas totalmente ao tráfico por asolagamento da calzada tres estradas: LU-651 (Quiroga – Seoane do Courel) PQ 30+000, OU-540 (Ourense – fronteira portuguesa (A Madalena)) PQ 46+500 e o enlace da OU-504 (Ribadavia – Cea) coa N-525 (enlace Compostela, dirección Cea, PK 26+400 MD da OU-504 ).
Existe trafico alternativo (soamente un carril aberto) nas seguintes estradas: OU-540 (Ourense – fronteira portuguesa (A Madalena)) PQ 46+500 , OU-536 (Ourense – A Pobra de Trives (OU-636)) PQ 26+300 ME, OU-411 (Bande (OU-540) – O Condado (OU-801)) PQ 35+000 MD e PO-230 (Campolameiro – Vichocuntín) PQ 6+000.
Recoméndase circulación con precaución por presenza de auga nas seguintes estradas: LU-120 (Vilalba (N-634) – Paraxes (N-640)) PQ 15+850, LU-750 (Meira (N-640) – O Cádavo (LU-530)) PQ 7+000, LU 161 (Landrove (LU-540) – Ferreira de V. (LU-160)) PQ 0+200 e LU-861 (Vilalba (N-634) – Limite de provincia) PQ 16 a 17, OU-211 (Valdepereira – Gomariz (OU-504)) PQ 1+680 e OU-113 (Verín (N-525) – Vilar de Barrio) PQ 20+000 MD e PQ 10+000 MD.
Finalmente, circulación con precaución por desprendementos nas seguintes estradas: AC-305 (Padrón (VG-1.1) – Ribeira (AC-550)) PQ 11+500 ME, LU-722 (Becerreá – Ponte do río Rao) PQ 12 a 13, OU-150 (Valdorregueiro (N-525) – Gustei (N-525)) PQ 04+936 ME, OU-622 (O Barco de Valdeorras – lim. prov) PQ 06+000 MD, OU-112 (Laza (OU-113) – Cerdedelo) PQ 08+000 MD e OU-540 (Ourense – fronteira portuguesa (A Madalena)) PQ 42+500 MD e PO-400 (Salvaterra-Filgueira) PQ-13+000 M.E.
Durante toda a xornada os equipos da Xunta de Galicia estiveron traballando sen descanso con todos os medios e equipos dispoñibles para poder resolver as incidencias e facilitar o tránsito pola rede de titularidade autonómica, estando presentes en todo momento nas zonas máis conflitivas.
Extremar as precaucións
A Xunta de Galicia recorda polo tanto a necesidade de extremar as precaucións e seguir as medidas de protección pertinentes. Así mesmo, aconséllase consultar a páxina web do Centro de Atención ás Emerxencias- 112 Galicia (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica, recomendacións e con enlaces de interese.
Ademais, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior activou o Plan especial de Protección Civil ante o risco de inundacións de nivel 1, debido ás análises dos parámetros meteorolóxicos e hidrolóxicos das últimas horas, xa que segundo informou Aemet, hai un aumento xeneralizado dos caudais dos ríos con previsións en aumento, e desbordamentos puntuais en varios ríos da nosa comunidade
Nese sentido, Augas de Galicia pola súa banda informou do incremento xeneralizado do caudal dos ríos en toda a vacía hidrográfica Galicia costa, unha situación que podería provocar posibles desbordamentos nas concas de varios ríos galegos. A Xunta vai levar a cabo análises e seguimento das previsións que irá avanzando o sistema de vixiancia, así coma control da evolución dos niveis e caudais dos ríos en tempo real a través das estacións de aforamento, así como a xestión dos encoros.
Situación dos encoros
En cuanto á situación actual, segundo o último parte de Augas de Galicia, a situación foise normalizando, en especial canto máis ao sur. Así, :
Exemplos:
o Caldas. Alivia por coronación, pero continúa descendendo o seu nivel. Está ao 77,4 %, cun caudal de saída de 85 m3/s.
o Eiras. Alivia por coronación, pero tamén está descendendo a ocupación. O seu caudal de saída é de 92 m3/s.
o Cecebre. Alivia por coronación, co seu nivel estabilizado. O caudal de saída é de 40 m3/s.
o Forcadas. Alivia por coronación, co seu nivel estabilizado. O caudal de saída é de 22 m3/s.
o Portodemouros. Non alivia. Están entrando case 360 m3/s e saen 120 m3/s. O seu nivel sube, pero descendeu o ritmo de suba, polo que non se espera que alivie.
Respecto aos ríos, en case toda Galicia descenderon os caudais despois dos picos acadados na tarde – noite de onte. As excepcións son no norte (Mera, Landro, Ouro) e no Tambre, onde están volvendo a subir.
119 países han participado en el Concurso Internacional Museo de la Palabra, con un total de 22.572 microrrelatos
El libro Guinness de los Records está estudiando la inclusión en su libro a la Fundación César Egido Serrano, creadora del Concurso Internacional de microrrelatos Museo de la Palabra. Leer más…
A XUNTA TRANSMÍTELLES AOS ALCALDES QUE POR MEDIO DA ARBITRAXE ESTÁ A SOLUCIONAR TODOS OS CASOS ACEPTADOS POLO BANCO
O conselleiro de Economía e Industria mantivo un encontro co presidente da Fegamp e alcaldes para informalos sobre o traballo da Xunta na problemática das preferentes
O Goberno galego insta á entidade a reforzar o proceso de revisión dos casos non concluíntes co obxectivo de incrementar o ritmo de laudos
Galicia é pioneira na posta en marcha desta vía que ten permitido, por medio do IGC, que 12.000 aforradores galegos estean a recuperar os seus cartos.
MEDIO CENTENAR DE PROFESIONAIS FÓRMANSE NO INEGA EN CERTIFICACIÓN ENERXÉTICA DE EDIFICIOS
A Consellería de Economía desenvolveu dous cursos nos que se abordou o emprego das ferramentas informáticas de cualificación enerxética dos edificios xa existentes
Desde o ano 2009, téñense instruído máis de 3.000 técnicos especialistas en enerxética edificatoria, incentivándose a promoción de 24 edificios de alta eficiencia enerxética
As actuacións desenvolvidas neste sector permiten obter, nestes momentos, un aforro económico anual superior aos 10 millóns de euros, evitando a emisión a atmosfera de preto de 41.000 toneladas CO2 por exercicio.