Archive | enero 24, 2013

Asemblea constituinte de Compromiso por Galicia en Vigo

asemblea aberta de Compromiso por Galicia en Vigo

Compromiso por Galicia convoca asemblea constituinte na comarca de Vigo-Val Miñor.

Unha vez rematado o proceso constituinte do novo partido galeguista “Compromiso por Galicia”, e tras o seu primeiro Congreso do pasado 16 de decembro, a súa militancia e simpatizantes da comarca de Vigo teñen a súa primeira cita importante este xoves 24 de xaneiro nunha asemblea paraa constitución da estructura da organización na comarca de Vigo-Val Miñor.

O proceso constituinte conlevou a integración, nunha única organización de carácter galeguista, progresista e socialdemócrata, dos partidos impulsores deste proxecto político, entre eles Máis Galiza, Acción Galega, Partido Nacionalista Galego ou o Partido Galeguista. Aportando unha nova alternativa no campo electoral galego e unificando por primeira vez dende a transición ao galeguismo histórico, co achegamento ao mesmo de persoas provintes de distintas organizacións, disconformes coas actuacións dos partidos políticos existentes até agora, e co nexo común departicipar na creación dunha nova ferramenta política aberta á sociedade, dialogante e que traballará  nun proxecto de país para todos os galegos e galegas.

A cita aberta a simpatizantes e militantes de “Compromiso por Galicia” será este xoves ás 20:30 na súa nova sede da rúa Illas Baleares nº 28 de Vigo.

http://www.blogoteca.com/compromisoporvigo/

https://www.facebook.com/MaisGalizaVigoComarca

Comienza el año 2013 en Teatro Ensalle

Imaweb

RESERVA DE ENTRADAS EN EL 986 485 609 O SIGUIENDO EL LINK http://www.teatroensalle.com/reserva.html

O BNG presenta na Guarda unha moción para a defensa do Servizo de Salvamento Marítimo

“O Goberno de Feijoo prima os intereses privados aos da seguridade da xente do mar”

A Guarda, 24 xaneiro 13. O Bloque Nacionalista Galego vai levar ao pleno de xaneiro unha moción para a defensa do Servizo de Salvamento Marítimo e dos Seguros de mal tempo ou accidentes no mar. Leer más…

Boletín de inscrición para o CURSO DE SOMBRAS CHINESAS organizado pola Concellería de Normalización Lingüística

Curso gratuíto para maiores de 15 anos que terá lugar no Verbum (avda. Samil, 17)
Datas curso: 5, 6, 7 e 8 de febreiro
Horario curso: de 17:00 a 20:00 h Leer más…

Spin Doctors celebran en Pontevedra su 20 aniversario

noname

Spin Doctors celebran el 20 aniversario de su primer disco, Pocket full of Kryptonite, con la reedición especial del álbum y una gira que arrancó en EEUU el pasado mes de octubre y recalará en Europa en 2013, siendo la de Pontevedra su única fecha en Galicia.

Surgidos de la New York’s New School Of Jazz en 1990, sorprendieron a propios y extraños con un primer trabajo incontestable en cuanto a pegada y mezcla sencilla y efectiva de rock, pop y funk.

Pocket full of Kryptonite fue uno de los discos más aclamados por público y crítica en los 90. Vendieron más de 10 millones de copias en todo el mundo, lo que convirtió el debut de la banda en un fenómeno internacional.

Un álbum repleto de hits cuyo éxito se ve reflejado en su continua presencia en las listas de los discos más vendidos y premiados de la década de los 90: Two Princes en concreto fue el tema más pinchado del mundo en 1993, y tiene ni más ni menos que 3 millones de reproducciones certificadas en radios de todo el planeta.

Desde su formación, los neoyorkinos Spin Doctor se han convertido en uno de los grupos referencia del rock alternativo. Han sabido mantenerse en la cresta musical a lo largo de estas dos décadas de trayectoria. Una banda que sigue en plena forma y que sin duda traerá a los asistentes muy buenos recuerdos…

Grupo de persoas esixe en servizos sociais claridade nas axudas económicas de emerxencia»

No xaneiro, un grupo de veciños e veciñas da cidade presentámonos no despacho da xefa das traballadoras sociais do concello de Vigo ante a falta de resposta á petición das bases das axudas económicas de emerxencia. Peticións que fixeron persoas diferentes e en varias ocasións, as últimas nos meses de outubro e novembro do pasado ano.

Pese a non levar cita fomos atendidos e saímos coas citadas bases, que achegamos como arquivo .pdf nesta entrada. A técnica manifestou que non sabía nada desas peticións, que as bases para 2013 aprobáronse en xunta de goberno hai uns días e que eran públicas. A rapidez e sinxeleza da entrega de hoxe, choca co silencio ás peticións feitas por escrito.

Aproveitamos tamén o intercambio para manifestar que o empobrecemento non para de medrar na cidade e especialmente en barrios como Coia, e que aínda que nos digan que non hai cartos para cubrir as nosas necesidades básicas nós sabemos que si existen e que só con vontade política pódese mudar esta situación.

Ao saires entregamos por rexistro este escrito que resume as peticións deste grupo:

Como veciñas e veciños desta cidade acudimos hoxe ao concello, á nosa casa, porque aínda que a primeira obriga dos nosos gobernantes é garantir unhas condicións de vida digna para todas as persoas, o noso concello semella ter decidido non ver, non escoitar e non falar ante as inxustizas que nos rodean.

Non ver a precariedade que padecemos moitas de nós, vítimas dunha burocracia interminable para acceder ás axudas de emerxencia social, que resultan sempre demasiado escasas e insuficientes; non escoitar as nosas reinvindicacións cando saímos á rúa para expresar a nosa indignación…; e nin sequera falar connosco, darnos explicacións sobre por que, como, con que criterios e en que circunstancias concede as axudas económicas de emerxencia, que son para moitas de nós indispensables para ter unhas mínimas condicións e poder vivir dignamente.

Isto é o que, no contexto dunha reivindicación máis ampla, vimos reclamar hoxe aquí: en reiteradas ocasións temos demandado dita información vía rexistro e non atopamos por parte do concello máis resposta que o silencio. Un silencio humillante e, por iso mesmo, intolerable, porque pretende silenciarnos, anular como cidadás precisamente ás persoas máis vulnerables da nosa veciñanza. Quen deberían ser os primeiros semella que seguen a ser, para os nosos gobernantes, os últimos…

Por todo isto, unha vez máis, dirixímonos hoxe publicamente á administración máis cercana, o Concello de Vigo, para esixirlle en primeiro lugar que nos faga chegar dunha vez por todas a información requerida e para que, en último termo, reparta a nosa riqueza de xeito que poidamos vivir dignamente con traballo ou sen el e que sirva para cubrir as necesidades básicas de todas as persoas. Esixímoslle, en definitiva, que cumpra coa súa obriga de garantir a través dos recursos comúns os dereitos fundamentais das veciñas e veciños da nosa cidade.

Manu Garrido renueva su patrocinio con Aguas de Mondariz La firma gallega apuesta por segundo año consecutivo por el deportista tudense

descarga (3)Tui, 23 de enero 2011. Aguas de Mondariz es el primer patrocinador de la temporada 2013 del piragüista tudense Manuel Garrido Barbosa.  Este deportista, miembro del Club Kayak Tudense, inicia este fin de semana la temporada 2013.

La firma gallega, por segundo año consecutivo, muestra su apoyo a este laureado deportista que se proclamó Campeón del Mundo en la modalidad de Maratón en los años 2009, 2010 y 2011. Aguas de Mondariz mantiene así su apuesta por el deporte y los valores que representa  premiando con su patrocinio el esfuerzo, tesón y constancia de este deportista.

Manuel Garrido volverá a competir en este 2013 en la categoría senior, siendo este ya su segundo año en la categoría absoluta en c1. Su especialidad es el maratón, aunque acudirá también a regatas de pista como la que este fin de semana se celebra en Francia.  Su objetivo a lo largo de la temporada es estar en lo más alto del podio  y conseguir la plaza para acudir en el mes de septiembre al Campeonato del Mundo de Maratón.

Este tudense realiza sus entrenamientos diariamente en las instalaciones del Club Kayak Tudense, en Centro Interfederado de Remo y Piragüismo, así como en aguas del río Miño.

Manuel Garrido quiere mostrar su gratitud a Aguas de Mondariz por confiar en él de nuevo en esta temporada, ya que su patrocinio supone un respaldo muy importante para él.

 

 

Movéndonos polo dereito a vivir dignamente, movéndonos pola RBis! Diferentes colectivos sociais organizan a 1ª Semana Galega pola Renda Básica das Iguais

descarga (1)  Entre o 25 ao 31 de xaneiro, en case unha decena de cidades e vilas galegas, realizaranse presentacións do libro “Repartindo a nosa riqueza”, publicación que saíu á luz o pasado mes de decembro e que expón os resultados do estudo da viabilidade da implantación da Renda Básica das Iguais en Galiza (RBis).
Leer más…

CONDE ANUNCIA UN NOVO PROGRAMA DE AXUDAS PARA CLUSTERS DOTADO CON MÁIS DE 4 MILLÓNS DE EUROS

  • A iniciativa encádrase dentro dun novo réxime específico validado pola Comisión Europea que permitirá posicionar aos clusters galegos como referentes da excelencia
  • Conde resalta o papel de Ceaga e o apoio do Goberno galego, como amosa o convenio recentemente asinado e que permitirá unha inversión dun millón de euros para o desenvolvemento do Plan Estratéxico da Automoción (PAC 2015 – Visión 2020) Leer más…

Bravo Bosch traslada a Fecovi o proxecto de locais comerciais do Consorcio Casco Vello para que novos emprendedores aposten por implantar o seu establecemento no barrio antigo

  • descarga
  • O Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV) ten dispoñibles nestes momentos un total de 12 locais comerciais nas rúas Real, Abeleira Menéndez, Ferrería e San Sebastián con superficies que oscilan entre 98,80 metros cadrados e 28,06 m2.
  • A presidenta do Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV), María José Bravo Bosch, e a máxima responsable da Federación de Comerciantes de Vigo (Fecovi), Encarna Álvarez, mantiveron esta mañá un encontro no que coincidiron en destacar as vantaxes e beneficios dos baixos comerciais.  
  • Os emprendedores beneficiaranse, durante os dos primeiros anos de arrendamento, dunha bonificación do 50% do seu importe. Ademais, os contratos terán unha duración máxima de 5 anos, cunha opción de compravenda transcorrido un ano dende o efectivo desenvolvemento da actividade empresarial.
  • Os prezos de aluguer durante os dous primeiros anos, e segundo os valores de taxación e a superficie dos locais, oscilan entre os 500 e os 150 euros ao mes.
  • ·            Os interesados deben presentar proxectos empresariais acordes coa filosofía de rehabilitación do CCVV e sempre co fin de preservar a convivencia cidadá. Leer más…