Movéndonos polo dereito a vivir dignamente, movéndonos pola RBis! Diferentes colectivos sociais organizan a 1ª Semana Galega pola Renda Básica das Iguais

descarga (1)  Entre o 25 ao 31 de xaneiro, en case unha decena de cidades e vilas galegas, realizaranse presentacións do libro “Repartindo a nosa riqueza”, publicación que saíu á luz o pasado mes de decembro e que expón os resultados do estudo da viabilidade da implantación da Renda Básica das Iguais en Galiza (RBis).

Recordamos que a Renda Básica das Iguais consiste no dereito que ten cada persoa a percibir periodicamente uns ingresos que lle permita cubrir as súas necesidades e que ha de percibirse de xeito individual; universal e incondicional e cuxa contía económica sexa, polo mínimo, igual ao limiar de pobreza. As vías para acadar os ingresos necesarios para implantación deste dereito consisten na re-asignación do gasto público e na reforma do sistema fiscal.

O obxectivo é a distribución das rendas acumuladas nas mans duns poucos, para dar resposta á exclusión que está a afogar cada día a máis persoas, mentres que os prazos de espera e criterios para acceder a prestación irrisorias como a RISGA non fan máis que aumentar. A longo prazo, a proposta trata de contribuír á transformación social desde parámetros de equidade e xustiza social.

Palestras, aulas abertas co alumnado de Traballo Social, un obradoiro sobre Renda Básica e Xénero, a gravación dun documental divulgativo sobre esta proposta e xuntanzas con profesionais do ámbito social e colectivos en situación de exclusión, como persoas con VIH, familiares de presas e presos, ou mocidade, son algunhas das actividades que compoñen a programación desta primeira semana galega pola RBIs.

De cara a xerar debate sobre a utilidade desta ferramenta, colectivos sociais de distinta índole, mais que coinciden na necesidade de facer fronte á precarización das condicións de vida nos que se atopan polo menos seis de cada dez fogares galegos -segundo os últimos datos do IGE referidos ao ano 2012-, decidiron dar un paso máis na loita polo dereito a vivir dignamente. Moverse para dar a coñecer unha proposta que, de ser implementada, garantiría que ao menos persoas en situación de maior exclusión, puideran dispoñer dunha renda ao redor dos 800 € ao mes.

Entre os colectivos que están a organizar esta 1ª Semana Galega pola RBIs están: Coordinación de Loitas Baladre, Oficina de Dereitos Sociais – Coia, Grupo de Axitación Social, Grupo IMÁN, CS Bou Eva (Vigo), Colectivo de Benestar Social, Encontro Social de Ferrolterra, Coruña en Loita, Liga Estudantil Galega, Colectivo Na Encrucillada e a Cova da Terra (Lugo) ou a CNT e o Ateneo Libertario de Allariz.

A continuación, a programación completa de actividades:

25 Xaneiro
Pontevedra. 20:00hs Presentación do libro “Repartindo a nosa riqueza”. CS O Gorgullón Organiza: Colectivo Encontro Benestar Social.

26 Xaneiro
Coruña. 12:00hs Presentación do libro “Repartindo a nosa riqueza” Fórum Própolis.
Compostela. 16:30hs Obradoiro “A RBis desde unha ollada feminista”. Libraría Lila de Lilith.
Vigo. 17:00hs CS Xuntas.
Ferrol. 18:00hs Presentación do libro “Repartindo a nosa riqueza”- Local Asociación Fuco Buxán. Organiza: Encontro Social Ferrolterra

27 Xaneiro
Allariz. 18:00hs Presentación do libro “Repartindo a nosa riqueza”. Local Confederal da CNT. Organiza: CNT e Ateneo Libertario

28 Xaneiro
Ourense. 19:30hs Presentación do libro “Repartindo a nosa riqueza”. Espazo Cultural Alternativo (EsCuA)

29 Xaneiro
Compostela. 19:00hs Presentación do libro “Repartindo a nosa riqueza”. Facultade de Cc. Económicas. Organiza: Liga Estudantil Galega.
As Pontes. 20:00hs Sala Polivalente Casa Dr. Dopeso.

30 Xaneiro
Lugo. 19:30hs Presentación do libro “Repartindo a nosa riqueza”. Facultade de Formación do Profesorado. Organiza: Cova da Terra e Na Encrucillada.

31 Xaneiro, Peche das actividades en Vigo.
11:30hs Presentación do libro “Repartindo a nosa riqueza”. Centro Cívico Casco Vello. Organiza: IMÁN.
20:30hs Presentación do libro “Repartindo a nosa riqueza”. Centro Social Bou Eva.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: