INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN “EL LADO OCULTO DE LA NOCHE” DE POBRE ARTISTA

MAÑÁ 8 DE FEBREIRO, INAUGURACIÓN DA  EXPOSICIÓN “EL LADO OCULTO DE LA NOCHE” DE  POBRE ARTISTA

 No acto contaremos coa actuación de Pedro Zamaramandi (20:00
horas).

Vigo, 7 de febreiro de 2013. Mañá 8 de febreiro (a partir das 20 horas) Pobre
Artista inaugurará en Detrás do Marco a exposición “El lado oculto de la
noche”. Sonorizará o evento Pedro “Zamaramandi” aos pratos, nunha sesión de
Funk, Reagge e Dub.

A exposición, que permanecerá en Detrás do Marco ata o día 8 de marzo,
recolle as ilustracións orixinais do libro “El lado oculto de la noche” de
Norberto Luís Romero, da editorial Traspies. Son en total 13 ilustracións, que
xa estiveron expostas na galería Centro de Arte Moderna en Madrid. Agora a
obra viaxa a Vigo, e con ela inauguramos as paredes do remodelado café,
despois da reforma para mellorar as súas instalacións.

Orixinariamente as ilustracións están realizadas a partir de debuxo tinguido
e coloreado a acuarela. Despois foron editadas con diferentes programas de
sofware, tratadas con texturas fotografadas e remesturadas con fotografías
propias. Un galimatías de técnicas que dan como resultado unha serie de
catorce ilustracións (13 en exposición) a toda cor e imprimidas e un papel
especial para que lle dean unha textura final e un rematado mate.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: