A XV MITEU RECALA NO AUDITORIO DO CONCELLO COAS PROPOSTAS MAÍS INTERNACIONAIS

descarga (2)   A céntrica sede da Miteu acolle tamén unha homenaxe a Vidal Bolaño cunha obra que revisa o mito de Don Juan

Vigo, 15 de abril de 2013.- A XV Mostra Internacional de Teatro Universitario, Miteu, recala esta semana no auditorio do Concello de Vigo, coas propostas máis internacionais do cartel deste ano. Serán Arxentina e Brasil os países convidados desta edición. Ademais, nesta céntrica sede da Miteu, volverá facerse unha homenaxe a Vidal Bolaño coa obra A burla do galo. Trátase da persoal visón de Vidal Bolaño do mito de Don Juan, collendo como inspiración o Merlín e familia de Álvaro Cunqueiro, onde o sedutor personaxe convértese nun galo. Esta adaptación da obra de Vidal Bolaño estará a cargo da Aula de Teatro da Universidade da Coruña, baixo a dirección de Rubén Ruibal e coa colaboración do Centro Dramático Galego, que xa representara a obra. A Burla do galo será a primeira das tres obras que se poderán ver no auditorio do Concello e que se representará o vindeiro martes, 16 de abril

A proposta internacional da XV Miteu estará encabezada pola posta en escena de

Eldorado, da compañía brasileira Eduardo Okamoto, nome tamén do autor e do único actor da obra. Na representación, un cego vai na procura de Eldorado. O espectáculo nace da observación da realidade, da interacción con fabricantes e intérpretes de rabeca, instrumento de arco e cordas parecido ao violín, presente en moitas manifestacións da cultura popular do Brasil. Eldorado representarase o mércores, 17 de abril.

Por último, a terceira obra que acollerá o auditorio do Concello será a de Fervor de Buenos Aires con Gemma Suns, de Maxi Rodríguez, e dirixida por Cecilia Hopkins e Etelvino Vázquez. Esta obra parte tamén dun texto do máis grande dos autores arxentinos: Jorge Luis Borges, e o seu conto, Emma Zunz. A obra fala dunha vinganza con pinceladas de trama policial. Unha muller revive o día en que puxo en marcha un plan para vingar ao seu pai e conta como o levou á práctica. Empregando o humor, o fío argumental da historia apóiase no tango e os seus movementos. Gemma Suns representarase o xoves, 18 de abril.

A Vicerreitoría de Extensión Universitaria, organizadora da Mostra, aposta pola presenza activa do teatro entre o alumnado como un xeito de transmitir valores e coñecemento. Ademais, mostras como a Miteu serven para amosar a canteira de novos actores e actrices que saen das universidades. En palabras do vicerreitor de Extensión Universitaria, Xosé Henrique Costas, o teatro é unha ferramenta para desenvolver a creatividade, a crítica, a liberdade, o respecto á imaxinación e contribúe á formación das persoas.

A entrada a todas as función da Miteu é libre ata completar aforamento.

CARTEL DA MITEU NO AUDITORIO DO CONCELLO

DÍA/HORA

COMPAÑÍA

obra

LUGAR

16 abril

21.00 horas

 

Aula de Teatro da Coruña

A burla do galo

Auditorio Municipal de Vigo do Concello

17 de abril

21.00 horas

 

Eduardo Okamoto

(Brasil)

Eldorado

 

Auditorio Municipal de Vigo do Concello

18 de abril

21.00 horas

 

Fervor de Buenos Aires (Arxentina)

 

Gemma Suns

Auditorio Municipal de Vigo do Concello

 

ral mapoiar TAmçen no No eido

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja un comentario