O OBRADOIRO DE EMPREGO “TERRAS DO MIÑOR” OFRECE FORMACIÓN E UN POSTO DE TRABALLO A 30 PERSOAS

  • A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, visitou hoxe esta iniciativa mixta de formación e emprego, na que o Goberno galego inviste 265.000 euros
  • Os participantes de Nigrán, Baiona e Gondomar están a formarse en operacións básicas de cociña e servizos de restaurante
  • Na provincia de Pontevedra hai en marcha un total de 11 obradoiros, cun total de 346 alumnos
  • O obxectivo é acadar o 70 por cento de inserción laboral dos participantes

Nigrán (Pontevedra), 22 de abril de 2013.- O obradoiro de emprego “Terras do Miñor” está a ofrecer formación de calidade e un posto de traballo a un total de 30 persoas desempregadas dos concellos de Nigrán, Baiona e Gondomar.

Así o destacou hoxe a conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, durante a súa visita a esta iniciativa mixta de formación e emprego, na que o Goberno galego inviste un total de 265.000 euros.

Os participantes están a formarse en operacións básicas de cociña e servizos de restaurante, e participarán activamente na elaboración e divulgación de menús con produtos típicos da comarca.

Este proxecto inscríbese na aposta pola “mellora da empregabilidade” que mantén este departamento autonómico. Os obradoiros, en concreto, ofrecen “múltiples vantaxes” segundo detallou Mato: permiten o acceso a un posto de traballo; ofertan formación teórica e práctica, axeitada ao mercado laboral, co fin de acadar unha boa cualificación; levan aparellado a realización de obras ou servizos de interese para a comunidade; e constitúen un importante espazo de colaboración cos concellos.

A titular do departamento autonómico salientou ademais que o obxectivo é que o 70 por cento dos participantes acaden a inserción no mercado laboral.

Actualmente, na provincia de Pontevedra hai en marcha un total de 11 obradoiros, cun total de 346 alumnos, e 3 millóns de euros de orzamento.

Con respecto ao obradoiro “Terras do Miñor”, Mato destacou tamén que este constitúe un “magnífico exemplo porque agrupa os esforzos de tres concellos”.

A conselleira referiuse tamén a área social, e destacou o “importante esforzo” que está a realizar o Goberno galego neste eido. Así, sinalou que o ano pasado destináronse 165.000 euros para o servizo de axuda no fogar para persoas dependentes dos concellos de Nigrán Baiona, e Gondomar, e indicou tamén que se prestou atención a 85 persoas a través da Renda de Integración Social de Galicia (RISGA) e as Axudas de emerxencia social (AES).

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: