Pesentación do libro "O clamor da Rebeldía" de Pilar García Negro

organiza a Comisión Comarcal de Muller do BNG no Baixo Miño.
Incluímos breve reseña de Pilar García Negro por se é do voso interese.

Pilar García Negro presentará «O clamor da Rebeldía» no Centro Cultural da Guarda

A Comisión Comarcal da Muller do BNG no Baixo Miño organiza un acto público con motivo do Día Internacional da Muller no que Pilar García Negro presentará a súa obra O clamor da rebeldía. Rosalía de Castro: ensaio e feminismo, gañadora do XV Premio de Ensaio en Ciencias Sociais Vicente Risco.

Pilar García Negro, catedrática de Literatura galega de Universidade da Coruña, analiza nesta obra a Rosalía de Castro dende o punto de vista de ensaista e feminista galega de gran compromiso. A Comisión da Muller do BNG considera que non hai mellor xeito de conmemorar o Día Internacional da Muller que achegarse á obra de Rosalía de Castro da man dunha das voces máis autorizadas sobre a autora como é sen dúbida a profesora Pilar García Negro.

O acto, que terá lugar este venres día 11 aś 20:30h. no Centro Cultural da Guarda, será presentado por Hortensia García, Responsábel da Muller da agrupación nacionalista na Guarda e rematará coa actuación do grupo de pandereteiras Tambaluca.

———————————

*Pilar García Negro:    
María Pilar García Negro nace en Lugo, o 9 de Outubro de 1953. Estudos de ensino primário e secundário nesta cidade.
Aos 16 anos, ingresa na Universidade de Santiago de Compostela, para cursar Filosofia e Letras, sección Filoloxia Románica, subsección Hispánicas. Licenciatura en 1975. Cursa, por libre, Filoloxia Galego-Portuguesa, unha vez implantada esta titulación na Universidade Galega. Gradua-se en 1980 nesta especialidade.
Entre Outubro de 1975 e Febreiro de 1976, imparte docéncia de língua francesa, no Seminário Diocesano de Lugo, usando como veicular a língua galega.
Entre 1976 e 1985 é profesora agregada de Língua e Literatura Española, no Instituto de Ensino Médio «Eusébio da Guarda», da Coruña, e, na mesma cidade, no Instituto «A Sardiñeira», de 1985 a Xaneiro de 1990. Docéncia realizada igualmente en galego como língua veicular, o que lle valeu a apertura dun expediente, no curso 1983-1984, uns meses despois de ser promulgada a Lei de Normalización Lingüística. Catedrática, en 1992, por concurso, de Ensino Médio.
En Abril de 1983, defende, na Universidade de Santiago de Compostela, a Tese de Licenciatura, dirixida polo Dr. Dobarro Paz, sobre a edición crítica da poesia galega completa de Valentin Lamas Carvajal, cualificada con Sobresaliente.
En Xaneiro de 1991, defende, tamén na USC, a Tese de Doutoramento, que foi a primeira realizada sobre língua galega e lexislación iuslingüística, baixo o título «Língua galega e lexislación (1975-1986)», que mereceu a máxima cualificación, Apto cum laude.
No curso 1991, ingresa na Universidade da Coruña como Profesora Titular Interina, convertendo-se en Profesora Titular, mediante oposición, en Xuño de 1995. Desde esta data pertence ao Departamento de Galego-Portugués, Francés e Lingüística desta Universidade.
A sección «O idioma», no semanário A Nosa Terra, de que se ocupou entre Marzo de 1978 e Agosto de 1979, foi a primeira do seu xénero (divulgación de bons usos na prática oral e escrita da língua) publicada en meios de comunicación galegos. No curso 1979-1980, en colaboración con Xosé Mª Dobarro, publica, no mesmo semanário, a sección «Leccións de Literatura e de Língua». Alén de neste semanário, ten colaborado noutras publicacións periódicas galegas, portuguesas, catalás, bascas, españolas.
     Principais libros publicados:
     — 33 aproximacións á literatura e á língua galega (1984, 1990), en colaboración con Xosé Mª Dobarro.
     — O galego e as leis. Aproximación sociolingüística (1991)
     — Sempre en galego (1993, 1999)
     — O ensino da língua: Por un cámbio de rumo (1995), en colaboración con Xoán Costa Casas.
     — Poesia galega de Valentin Lamas Carvajal (1998)
     — Direitos lingüísticos e control político (2000)
     — Arredor de Castelao (2001)      — Rosalía de Castro. El caballero de las botas azules. Lieders. Las literatas (2006)  
     — María Mariño no ronsel das escritoras galegas (2007)  
     — De fala a lingua: un proceso inacabado (2009)  
     — Sobre o racismo lingüístico (2009)  
     — O clamor da rebeldía. Rosalía de Castro: ensaio e feminismo (2010). XV Premio de Ensaio en Ciencias Sociais Vicente Risco.
Ten intervido en numerosos simpósios e congresos nacionais e internacionais sobre sociolingüística, línguas europeas non normalizadas, literatura galega e feminismo, e publicado edicións e estudos sobre Rosalia de Castro, Lamas, Pardo Bazán, Castelao, Xesús San Luís Romero, Ramón Vilar Ponte, Eduardo Blanco Amor, Ricardo Carvalho Calero, Jenaro Marinhas del Valle, Manuel Maria, María Xosé Queizán, Lois Diéguez, Marica Campo ou Pilar Pallarés.
Presidenta da Agrupación Cultural da Coruña «Alexandre Bóveda» entre 1983 e 1988. Colaboradora da Federación de Asociacións Culturais Galegas, da Asociación Sócio-Pedagóxica Galega, da Asociación de Escritores en Língua Galega, da Mesa pola Normalización Lingüística e doutras institucións culturais e pedagóxicas. Cofundadora do Comité español do Bureau Européen pour les langues moins répandues e delegada do mesmo, na Galiza, de 1985 a 1990.
Membro do Consello de redacción de Altres nacions, da Revista de Filoloxía da Universidade da Coruña e da revista Terra e Tempo.
Membro da equipa de redacción da «Declaración Universal de Direitos Lingüísticos» (Barcelona, 1996) e do Comité científico da mesma.
Militante do movimento nacionalista desde 1975-1976. Deputada, polo Bloque Nacionalista Galego, no Parlamento Galego, de 1989 a 2003. Ensino, cultura, políticas para as mulleres, política lingüística… teñen sido as matérias de atención preferente. Á sua iniciativa debe-se a constitución, na Cámara galega, da «Comisión para a igualdade e para os direitos das mulleres», en funcionamento desde 1994.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: