TRABALLO INVISTE MÁIS DE 2,2 MILLÓNS DE EUROS NA MODERNIZACIÓN DO SERVIZO PÚBLICO DE EMPREGO NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA

  • A directora xeral de Formación e Colocación, Ana María Díaz López, visitou hoxe a nova oficina de emprego de Lalín, que se puxo en marcha o pasado mes de abril
  • A responsable da área autonómica detallou as actuacións levadas a cabo pola Xunta dentro do Plan de Modernización do Servizo Público de Emprego na provincia pontevedresa e referiuse ás accións que se porán en marcha nun futuro
  • Indicou que as novas dependencias de Lalín foron trasladadas á Avenida de Bos Aires co obxectivo de facelas “máis cómodas e accesibles” tanto para os usuarios como para o persoal que presta os servizos
  • Díaz López destacou que a Consellería de Traballo e Benestar destinou este ano máis de 1,4 millóns de euros a cursos de formación para desempregados na comarca do Deza, unha acción da que se están a beneficiar 315 alumnos

Lalín (Pontevedra), 27 de xullo de 2011.- A Consellería de Traballo e Benestar está a investir máis de 2,2 millóns de euros na modernización do Servizo Público de Emprego (SPE) na provincia de Pontevedra. Esta actuación forma parte do Plan de Modernización do Servizo Público de Emprego que está a desenvolver o Goberno galego desde o ano pasado. O acordo, dotado cun orzamento de preto de 52,5 millóns de euros ata 2013, foi adoptado en consenso coa patronal e os sindicatos no seo do diálogo social. A directora xeral de Formación e Colocación, Ana María Díaz López, visitou hoxe a nova oficina de emprego de Lalín, que se puxo en marcha o pasado mes de abril. A actuación contou cun investimento de preto de 300.000 euros, unha cantidade que inclúe a obra e o equipamento das dependencias. As dependencias da Consellería de Traballo e Benestar foron trasladadas á Avenida de Bos Aires da localidade pontevedresa co obxectivo de modernizalas e facelas máis cómodas e accesibles tanto para os usuarios como para o persoal que presta os servizos. A nova oficina conta con máis de 367 metros cadrados de superficie construída distribuídos en espazos de traballo, arquivos, aseos e zonas de espera. A oficina dispón de 11 postos de traballo. No acto, a responsable da área autonómica referiuse tamén ás accións concretas levadas a cabo dentro deste plan na provincia e ás que se porán en marcha proximamente. Así, á mellora das instalacións de Lalín sumáronse na provincia as seguintes obras xa rematadas: a apertura o pasado mes de abril dunha nova oficina na cidade pontevedresa e a reforma da antiga (máis de 500.000 euros); e a reforma da oficina de Tui que xa está en funcionamento (preto de 298.000 euros).

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: