A XUNTA DE GALICIA LAMENTA NON TER RESPOSTA AÍNDA DO GOBERNO CENTRAL SOBRE AS ALTERNATIVAS PROPOSTAS Á SUSPENSIÓN DO TAX LEASE

A consellería de Economía e Industria estuda o xeito de actuar directamente se o Goberno Central non defende ao sector naval ante a Comisión Europea

  • O conselleiro de Economía mostrou a súa preocupación ante a falta de resposta e urxe de novo ao Goberno central a procura de solucións inmediatas xa que non se pode esperar mais
  • As alternativas elaboradas pola Xunta e enviadas a Madrid o pasado xoves,

céntranse na legalidade do sistema de arrendamento actual e na aportación de solucións para a situación de cara o futuro, que permitan a continuidade do sector naval

Santiago, 30 de xullo de 2011.- A Xunta de Galicia lamenta non ter resposta aínda do Goberno Central sobre as alternativas propostas á suspensión do Tax Lease. O Goberno Galego estuda xa o xeito de actuar directamente se o executivo español non defende o sector naval ante a Comisión Europea. O conselleiro de Economía e Industria mostrou de novo a súa preocupación pola falta de resposta tampouco tras o envío do informe, o pasado xoves, aos ministerios de Industria e Economía e urxe ao Goberno Central “a procura de solucións inmediatas xa que a supresión do Tax Lease está impedindo a contratación de novos buques nos estaleiros galegos, o que fai a situación insostible e pon en perigo 14.000 postos de traballo” A Xunta manifestou ao Goberno central a súa total disposición para a procura de alternativas e insistiu na importancia de actuar con celeridade para buscar solucións ás incertezas xeradas pola investigación. “A continuidade do sector está en perigo -afirmou ou Conselleiro- xa que a suspensión está a xerar inseguridade entre os armadores que poden deixar de ver España como un pais atractivo”.

O informe coas alternativas elaborado polo Goberno galego e mais o sector naval, que pódese consultar na web da Consellería de Economía e Industria, defende a legalidade do sistema de arrendamento actual e busca unha solución para a situación de cara o futuro, que permita a continuidade do sector. O documento detalla argumentos xurídicos para garantir que as construcións de barcos en curso non se vexan afectadas pola suspensión desta fórmula de financiamento, que en ningún caso debería ter efectos retroactivos. Ademais o informe inclúe as propostas para pór en marcha fórmulas alternativas á amortización acelerada, que pasan por un sistema de amortización libre, que permita ás compañías seguir contratando e favorecer a supervivencia dúas estaleiros e dá industria auxiliar.

About Vgomagazine

Revista Online.

0 responses to “A XUNTA DE GALICIA LAMENTA NON TER RESPOSTA AÍNDA DO GOBERNO CENTRAL SOBRE AS ALTERNATIVAS PROPOSTAS Á SUSPENSIÓN DO TAX LEASE”

  1. flakes says :

    Que palabras… La frase fenomenal, excelente
    http://www.b4tporn.com/

    saskia

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: