BRAVO BOSCH COÑECEU HOXE O IMPORTANTE TRABALLO QUE DESENROLA EN VIGO A AXENCIA EUROPEA DE CONTROL DA PESCA

  •  A delegada territorial da Xunta en Vigo mantivo esta mañá unha primeira reunión institucional co director executivo da Axencia, Pascal Savouret, para tratar diversos asuntos que lle afectan a ambas institucións.

Vigo, 22 de maio de 2012.- A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, realizou esta mañá unha primeira visita institucional á Axencia Europea de Control da Pesca (EFCA), onde mantivo un encontro co seu director executivo, Pascal Savouret, para tratar diversos asuntos que lle afectan a ambas institucións.

Acompañada polo xefe territorial da Consellería de Medio Rural e Mar, Gerardo Zugasti, a delegada resaltou a importancia que ten a instauración da sede da Axencia Europea do Control da Pesca en Vigo o que, en verbas de Bravo Bosch, recoñece a “referencia” que supón en materia pesqueira a cidade olívica.

A representante da Xunta na cidade coñeceu o traballo que desenrolan os eurofuncionarios na cidade e destacou a labor de control e inspección das pesquerías mediante a coordinación das correspondentes actividades que realizan a diario.

Bravo Bosch fixo especial fincapé na numerosa actividade de formación que tamén levan a cabo dende a Axencia Europea, explicando que, ao ano, pasan máis de 1.000 persoas polas instalacións que teñen no centro da cidade para mellorar a formación en control e vixiancia.

No transcurso do encontro, que se desenrolou nun clima de total cordialidade, tamén trataron o convenio que o Sergas ven de rubricar coa Comisión Europea o polo que se permite dar asistencia sanitaria aos funcionarios europeos que viven ou traballan na Comunidade Autónoma. Neste senso, Bravo Bosch explicou que o compromiso garante que os eurofuncionarios, fundamentalmente que traballan na Axencia de Control da Pesca, poden contar con cobertura en Atención Primara e Especializada coas mesmas características que os galegos; contando coa tarxeta sanitaria do Servizo Galego de Saúde na que se incluirá a identificación UE que acredita o seu dereito á asistencia. Especificou que a asistencia sanitaria destes traballadores será sufragada pola UE de acordo ás tarifas oficiais do Sergas.

Por último, entre outros asuntos, tamén trataron a educación e escolarización dos fillos dos eurofuncionarios explicando que hoxe é posible cursar Bacharelato Internacional no IES do Castro ademais de poder cursar educación bilingüe dende prescolar en centros educativos coma O Castro International School, primeiro centro estranxeiro que se establece en Galicia.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: