Concello de vigo

concellodevigo

O Concello aproba o seu sexto orzamento consecutivo, que ascende a 228,8 millóns

Este xoves, PSOE e BNG validaron as contas do Concello para 2013, o sexto orzamento consecutivo aprobado “por primeira vez na historia” da cidade, afirmou a edil de Economía. Díaz explicou que o documento céntrase na acción social e no emprego, con menor débeda e presión fiscal para os vigueses.

A Corporación súmase ás demandas de indulto ao vigués David Reboredo

Os tres grupos políticos con representación municipal respaldaron este xoves unha moción nacionalista prestando o apoio da Corporación “ás demandas de indulto perante o Ministerio de Xustiza para David Reboredo”, vigués extoxicómano xa rehabilitado, colaborador na reinserción doutros afectados, que cumpre condena polo tráfico dunha papelina de heroína.

 

A Corporación solicita por unanimidade o apoio económico da Deputación para a UNED de Vigo

Todos os grupos políticos apoiaron na sesión plenaria de hoxe xoves unha moción socialista que solicita á Deputación que contribúa no finanzamento da Uned de Vigo, tal e como fai noutros concellos da provincia. A concelleira de Educación, Raquel Díaz, lembrou durante o debate que ata o de agora foi o Concello de Vigo o que costeou íntegramente a posta en funcionamento da aula de ensino a distancia.

 

O Pleno solicita un plan actualizado sobre o modelo de transporte urbano da cidade de Vigo

Todos os grupos políticos apoiaron unha moción do PP na que solicita a elaboración dun plan integrado de transporte urbano para a cidade de Vigo. O concelleiro de Tráfico, Carlos López Font, avanzou o apoio do Goberno municipal a este texto posto que o devandito plan xa está elaborado.

 

Xunta de Goberno Local

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: