O artista Jorge Castillo gaña o Laxeiro 2013

artista-pontevedres

O galardón foi entregado o pasado sábado, 23 de febreiro polo Alcalde de Vigo e Presidente da Fundación Laxeiro, Abel Caballero, na tradicional comida que tódolos anos reúne aos amigos de Laxeiro, en homenaxe á súa memoria, no restaurante Toñi Vicente.

Acto de entrega do Laxeiro 2013

O acto iniciouse coa intervención do Secretario Xeral da Fundación Laxeiro, Carlos García-Suárez Otero, quen leu a acta na que se outorgaba, por aclamación do Padroado, o Laxeiro 2013 a Jorge Castillo.

Seguidamente, Abel Caballero, Presidente da Fundación Laxeiro e Alcalde de Vigo, fixo entrega do galardón a un emocionado Jorge Castillo, quen agradeceu o premio do que, dixo, non sentirse merecedor e lembrou a Laxeiro, a quen coñeceu en Arxentina nos anos cincuenta quen, para el, foi naqueles anos un exemplo a seguir, pola autenticidade e humanidade que desprendía. Finalmente lembrou tamén a exposición realizada na Fundación Laxeiro en 2004, da que gardaba un entrañable recordo polo trato recibido.

A continuación interveu o Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Jesús Vázquez Abad, quen tivo unhas palabras de eloxio ao labor que a Fundación Laxeiro vén desenvolvendo ano tras ano e sentiuse especialmente afortunado por compartir con tódolos asistentes a homenaxe a Laxeiro quen, dixo, “colocou a arte galega no cume da plástica moderna, no lugar reservado aos máis grandes”. Continuou garantindo a colaboración da Xunta de Galicia coa Fundación Laxeiro, no seu labor destacado na Cultura galega, co seu labor dentro das artes plásticas e acabou agradecendo a invitación da Fundación Laxeiro a participar nesta homenaxe.

Pechou o acto o Presidente da Fundación Laxeiro e Alcalde de Vigo, Abel Caballero, que destacou o dilatado labor artístico de Jorge Castillo quen, ademais da súa coñecida obra plástica, fixo incursións interesantes no mundo da literatura e o cinema. Agradeceu ao artista a entrega absoluta ao seu labor creativo, levando a súa obra por todo o mundo, principalmente Alemaña, Suíza, Bélxica e Estados Unidos, contribuíndo con éxito a divulgar a arte e a cultura de Galicia e, do mesmo xeito que Laxeiro, facendo da independencia e a liberdade creativa, un modelo que serve de inspiración ás novas xeracións de artistas. Felicitou á Fundación Laxeiro polo traballo realizado ano tras ano, na difusión, non só da obra e a figura de Laxeiro, senón tamén na promoción da arte en tódalas súas manifestacións plásticas, e dixo sentirse orgulloso de presidir unha fundación que, desde Vigo, proxecta os valores culturais máis positivos cara a Galicia e o exterior e, como alcalde, comprometeuse a manter o apoio do Concello, como principal impulsor económico da Fundación, achegando máis da metade dos recursos económicos cos que esta conta. Finalmente tivo unhas palabras de recordo para Laxeiro, quen cumpriría 105 anos e felicitouse de comprobar que a súa memoria segue máis viva que nunca, como o proba o ateigado comedor do Restaurante Toñi Vicente.

Á comida asistiron uns cen comensais, entre os que se atopaban diversas personalidades do mundo da política, como o Secretario Xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, a Secretaria Xeral de Turismo, Nava Castro, a Tenente de Alcalde Carmela Silva, o concelleiro de cultura do concello de Vigo, Cayetano Rodríguez, a concelleira do grupo Popular, Teresa Cendón e o deputado do PP por Ourense Miguel Santalices.

Tamén asistiron os membros do Padroado Mari Cruz Otero Villamarín, filla de Laxeiro e vicepresidenta da Fundación Laxeiro, Heriberto García-Suárez, neto do artista, Román Pereiro, os pintores Xosé M. Barreiro e Antón Pulido o crítico e historiador X. Antón Castro e o pianista e empresario Ramón Castromil, así como o Director Artístico da Fundación Laxeiro, Javier Pérez Buján.

Noutras mesas, podíase ver tamén ao galerista Víctor Montenegro, a viúva do pintor Lodeiro, Victoria Rodríguez, a filla do pintor Mario Granell, Cachi Granell, o artista Xavier Magalhaes, o fotógrafo Carlos Rodríguez, o publicista Manuel Landeiro, o editor Carlos del Pulgar e numerosos amigos de Laxeiro.

Relación de premiados en pasadas edicións:

 

2004. Francisco Fernández del Riego

2005. Obra Social Caixanova

2006. Xaime Isla Couto

2007. Isaac Díaz Pardo

2008. Carlos Oroza

2009. Antón Lamazares

2010. Xosé Neira Vilas

2011. Carme Kruckenberg

2012. Luis Mª. Caruncho

Reunión anual dO PaDROADO Da Fundaicón Laxeiro

 

Ese mesmo día, ás 12.30h celebrouse a Reunión Ordinaria Anual do Padroado da Fundación Laxeiro, na que, ademais de outorgar o galardón mencionado, aprobouse a

Memoria correspondente ao Exercicio 2012, en cuxas actividades participaron un total de 12.387 visitantes e que contou cun orzamento total de 151.000 euros, Realizáronse un total de 4 exposicións temporais, entre as que destacan a titulada Radiador, nova figuración en Galicia, 1ª edición do ciclo Panorama, con 1.274 visitantes, e a titulada NIebla de Din Matamoro, cun total de 1.150 visitantes, pertencente á 2ª edición do ciclo Entre mares. Destacou tamén a exposición realizada en Lugo, na Capela de Santa María, titulada Laxeiro, cosmoloxías, cun total de 2.500 visitantes e as actividades didácticas que, no seu décimo ano consecutivo, rexistraron unha participación de 2.500 escolares. Destacou tamén a consolidación do programa de Voluntariado cultural, co que se organizaron diversas visitas guiadas á Colección permanente e ás exposicións temporais, así como visitas a estudios de artistas vigueses, dentro do programa Estudio aberto e o ciclo de conferencias celebrado na Universidade de Santiago, titulado Laxeiro e Vos renovadores dá Vangarda histórica galega.

As achegas distribuíronse como segue:

Concello de Vigo: 86.151 euros (56,74%)

Xunta de Galicia: 21.829 euros (14%)

Deputación de Pontevedra 12.000 euros (7,9%)

Ministerio de Cultura: 4.000 euros (2,63%)

Autofinanciación: 27.851 euros (18,37%)

Destaca a desaparición do patrocinio corporativo privado, que, con todo sustentouse coa subida do autofinanciamento, vía pequenas doazóns de particulares e dos Amigos da Fundación Laxeiro, e a venda de produtos e servizos, como publicacións e organización da exposición de Lugo e o ciclo de conferencias antes mencionado.

As previsións para 2013 parten dun orzamento global de 128.000 euros, respectando as partidas institucionais do Concello e a Deputación, e achegando a Xunta de Galicia 10.000 euros. O resto está previsto recadalo por vía de autofinanciamento.

Os contidos basearanse na continuación dos ciclos Panorama, coa exposición que actualmente se pode ver na Fundación Laxeiro, a titulada Mesa de traballo, ensamblaxe e colaxe en Galicia, e o ciclo Entre Mares, cunha mostra individual da fotógrafa Laura Silleras, ademais da exposición individual titulada Espiñas coroadas do artista Lito Portela e un diálogo entre Colmeiro e Laxeiro. Continuarase coas actividades didácticas e o servizo de visitas guiadas, ademais da catalogación e expertización de obra.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: