O público infantil conmemorará no mes de maio o Día das Letras Galegas nos centros da Fundación Novacaixagalicia

A Fundación Novacaixagalicia celebra ao longo do mes de maio o Día das Letras Galegas cunha serie de obradoiros dedicados a Roberto Vidal Bolaño, o gran dramaturgo galego contemporáneo. Co gallo de dar a coñecer o seu nome e unha parte da súa produción entre os nenos e nenas, a fundación traballou na realización dun obradoiro en que se adaptou un fragmento da obra Touporroutou da Lúa e do Sol. A actividade que os rapaces e rapazas terán que desenvolver xira arredor desa peza literaria.

Os centros sociais e culturais da Fundación Novacaxaigalicia en Lugo, Ourense, Vigo, Pontevedra e A Coruña acollerán uns obradoiros en que artes plásticas e dramaturxia constituirán as dúas disciplinas que practicará a rapazada participante. Tomando como referencia a peza devandita, poñerase en práctica no taller a realización dos personaxes aos que logo darán vida os propios nenos e nenas na representación que executen.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: