CIG- Povisa
Povisa no edificio da Xunta de Vigo
As traballadoras demandan ser recibidas por Beatriz Mato ou algunha outra responsábel da consellaría de sanidade sen veren atendida a súa demanda. Boa parte das.manifestantes abandonaron xa o edificio ante a.ameaza de desaloxo policial. Dentro quedan rodeadas por un dispositivo membros do comité,que foron identificadas, así como outras persoas que se atopaban no interior. A ameaza de despexo continúa.
A policía pon fin ao peche de POVISA no edificio da Xunta en Vigo
A policía desaloxou o peche que traballadoras/es do hospital privado POVISA mantiñan desde as 11 da mañá no edificio da Xunta en Vigo. Fronte as demandas de seren ouvidas pola delegada autonómica en Vigo, Bravo Bosch, ou por outra persoa da administración, denuncian o «desproporcionado operativo policial» que as rodeou nas instalacións, realizando identificacións -que poderían dar lugar a sancións- e finalmente despexando o predio ás 13:30 horas. No entanto, a loita contra a imposición do convenio provincial, que recorta até un 40% as condicións salariais, segue o seu camiño, e dará lugar este xoves 8 de agosto ás 10:30h da mañá a unha nova xornada de protestos que partirá desde a farola de Príncipe.