O GRUPO DE TRABALLO DO PLAN SOCIAL CONTRA A DESIGUALDADE ECONÓMICA AVANZA NA CONCRECIÓN DE NOVAS MEDIDAS

  • O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e a conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, presidiron hoxe a terceira xuntanza deste grupo de traballo
  • Continúase avanzando na posta en marcha de novas medidas, nesta ocasión, no eido da inclusión e do benestar
  • Este plan social inscríbese nos obxectivos marcados en decembro pola Estratexia de Inclusión Social de Galicia 2014-2010

 

Santiago, 29 de xuño de 2015.- O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e a conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, presidiron hoxe unha nova xuntanza- a terceira- do grupo de traballo interdepartamental encargado de avanzar na concreción do Plan social contra a desigualdade económica, anunciado o pasado 11 de xuño .

 

Os membros do grupo de traballo seguen afondando na concreción de medidas que se incluirán neste documento para posteriormente remitirllo a entidades sociais e concellos, de xeito que se poida abrir un diálogo para continuar definindo novas actuacións a partir do documento base que acorden todos os departamentos da Xunta.

 

Na xuntanza de hoxe, abordáronse medidas relacionadas coa área de servizos sociais que se prevén presentar no mes de xullo. É preciso lembrar que o Goberno galego quere co Plan social de loita contra a desigualdade continuar apoiando con maior intensidade ás familias con ingresos máis baixos ou ás que a crise teña afectado en maior medida, como poden ser as monoparentais.

 

Polo tanto, seguiranse a incrementar as axudas ás familias galegas con necesidades nos seus recursos básicos, como tamén é o caso da educación. Neste eido, é preciso lembrar que ademais das axudas que a Xunta ten posto en marcha para a adquisición dos libros de texto, o presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, anunciou a semana pasada unha nova liña de axudas para a adquisición de material escolar, que tamén forma parte deste Plan Social contra a Desigualdade Económica.  Con esta medida porase a disposición das familias con menos recursos unha nova liña de axudas para a adquisición de material escolar, que suporá para os beneficiarios un cheque de 50 euros por alumno e que se poderá canxear en calquera libraría. A iniciativa está dirixida a familias cunha renda per cápita inferior a 5.400 euros anuais por cada membro da unidade familiar.

 

Outras medidas xa anunciadas e que se contemplarán no plan son a ampliación de bonificacións para o copagamento de medicamentos e outras actuacións referidas á vivenda, como a ampliación do programa Reconduce a aquelas persoas que están en risco de desafiuzamento por falta de pagamento de aluguer e o inicio da tramitación dun decreto que permita crear o rexistro de vivendas baleiras de Galicia.

 

O plan, en definitiva, busca ampliar o “colectivo diana” das políticas de inclusión e prestar unha especial atención a aqueles casos que presenten carencias, aínda que conten cun emprego ou mesmo superen os límites de ingresos familiares que establecen prestacións como a Renda de Inclusión Social de Galicia (RISGA).

 

Estratexia de Inclusión Social

En definitiva, o obxectivo deste Plan é continuar avanzando na loita contra a exclusión social, facendo especial fincapé na prevención destas situacións. O documento está deseñado de acordo cos obxectivos que establece a Estratexia de inclusión social de Galicia 2014-2020, aprobada en decembro con 300 medidas concretas e un orzamento de máis de 520 millóns de euros.

 

Precisamente, a Estratexia recollía medidas específicas para familias con menores ao seu cargo en situación de risco, ou monoparentais, que constitúe tamén un dos colectivos prioritarios deste Plan social. Entre outras propostas de actuacións, destaca o establecemento dun anticipo das axudas de inclusión social para adquirir produtos de primeira necesidade destinado a axudar a estas familias.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: