PORTOS COLOCARÁ NOVOS PANTALÁNS ABOIANTES NO PORTO DE MEIRA PARA OPTIMIZAR A SÚA CAPACIDADE E O NÚMERO DE AMARRES

  • Portos remplazará o pantalán existente duns 136 metros atracable por unha cara por outro de 112 metros con capacidade polos dous laterais
  • Portos de Galicia anunciou no Diario Oficial de Galicia a adxudicación definitiva das obras de instalación de novos pantaláns aboiantes para amarre da flota pesqueira do Porto de Meira, no termo municipal de Moaña. O presuposto de adxudicación é de 263.942,24 euros e o prazo de execución de tres meses. Con esta actuación, Portos optimizará a capacidade e o numero de amarres deste porto. O ente público, dependente da Consellería do Mar, pretende así mellorar as condicións de amarre da flota pesqueira de baixura que na actualidade amarra no porto de Meira e as súas condicións de seguridade. Para levar a cabo este obxectivo reemprazarase o pantalán existente que é de 136,50 metros de largo e 2 de ancho, paralelo á escollera interior e que na actualidade somente é posible utilizalo por un lateral. O novo pantalán terá 112 metros de lonxitude e 2,50 metros de anchura, será de estrutura resistente ao tiro das embarcacións que actualmente amarran neste porto e estará dotado de brazos de amarre que faciliten as operacións de embarque e desembarque e de carga e descarga, para poder utilizalo polos dous laterais. A nova liña de pantalán estará dotada de 36  brazos de amarre de diferentes medidas segundo as esloras das embarcacións. O acceso ao pantalán resolverase mediante dúas entradas,  unha cara a lonxa e a outra cara os departamentos. Cada acceso constará de 15 metros de pasarela fixa onde se colocarán dous novos portalóns de entrada. 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: