A XUNTA DESTINA PRETO DE 100.000 EUROS A 7 CONFRARÍAS DE VIGO E A SÚA ÁREA CO FIN DE MELLORAR A XESTIÓN DAS ZONAS DE PRODUCCIÓN MARIÑA

  • A delegada territorial da Xunta, Lucía Molares, iniciou esta mañá a sinatura dos convenios coa Confraría de Vigo, que percibirá 13.500 euros para a materialización dos traballos.
  • O acordo contempla accións dirixidas á implantación de técnicas de semicultivo, á elaboración de plans de explotación e de proxectos de rexeneración de zonas de produción e ao seguimento da producción efectiva dos bancos naturais marisqueiros.

 A Xunta de Galicia, a través da Consellería do Mar, destinará nos primeiros seis meses deste ano 2011 preto de 100.000 euros a 7 confrarías de Vigo e a súa área co fin de obter unha mellora na xestión das zonas de producción mariña. Arcade, Baiona, Cangas, Aldán, Moaña, Redondela e Vigo percibirán 13.500 euros cada unha para a materialización destes traballos. Esta mañá, a delegada territorial da Xunta en Vigo, Lucía Molares, iniciou a sinatura dos convenios que se rubricarán ao longo das vindeiras semanas co patrón maior da Confraría da cidade olívica, Julio Alonso. O importe é de 13.500 euros e o convenio permanecerá vixente ata o vindeiro 30 de xuño de 2011, con posibilidade de prórroga. Coma destacou a delegada territorial no acto de sinatura, con este convenio será posible realizar distintas actividades dirixidas á implantación de técnicas de semicultivo, á elaboración de plans de explotación e de proxectos de rexeneración de zonas de producción así coma ao seguimento da produción efectiva dos bancos naturais marisqueiros. Así, o convenio asinado hoxe está dirixido a mellorar a xestión das zonas de produción e ten por obxecto, entre outros, a contribuír de forma sostible a mellorar a xestión ou conservación dos recursos; contribuír á transparencia dos mercados dos productos de pesca e a acuicultura; mellorar a calidade e a seguridade dos alimentos; desenvolver, reestruturar ou mellorar as zonas de producción da acuicultura; promover a cooperación entre científicos e profesionais do sector; ou xestionar e controlar as condicións de acceso ás zonas de pesca. Ademais, e coma novidade, Molares explicou que a diferencia de anos anteriores e por petición das propias confrarías, as delegacións territoriais da Consellería do Mar xestionarán directamente a tramitación dos convenios, o que lles permitirá axilizar os pagos e así, gañar en eficacia. A Xunta comprométese así a destinar os medios persoais e materiais propios e necesarios para o desenvolvemento e coordinación das accións obxecto dos convenios. Ademais, fará un seguimento das accións en colaboración coas confrarías e tomará as medidas precisas para o seu correcto desenvolvemento .

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: