MEDIO AMBIENTE APROBA O EXPEDIENTE DE INFORMACIÓN PÚBLICA E O ESTUDO COMPARATIVO DE ALTERNATIVAS DA VAP TUI- A GUARDA, NO SEGUNDO TREITO (PO-350- GOIÁN

  • A Xunta apostou pola alternativa sur para o trazado deste tramos debido a que conleva unha menor ocupación do territorio, menor impacto ambiental e mellores prestacións para os usuarios
  • O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou recentemente a adxudicación da redacción do proxecto de trazado e construción da obra do presente treito cuxo orzamento estimado ascende a 77,8 millóns de euros
  • O Goberno galego destina 25,7 millóns de euros dos orzamentos para 2011 co fin de continuar coa execución da VAP Tui- A Guarda
  • Os concellos afectados polo estudo comparativo de alternativas deben modificar ou revisar os seus planeamentos urbanísticos, realizando adecuacións ao proxecto nun ano
  • O proxecto debe identificar o muíño de Furnia, o lavadoiro da Rabadeira e a igrexa parroquial de Forcadela co propósito de aplicarlles unha protección axeitada

 A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a resolución pola que se aproba o expediente de información pública e definitivamente o estudo comparativo de alternativas da vía de alta capacidade Tui-A Guarda, no seu segundo treito, enlace PO-350-Goián. Cómpre sinalar que a Xunta apostou pola alternativa sur para o trazado deste tramo debido a que conleva unha menor ocupación do territorio, menor impacto ambiental e mellores prestacións para os usuarios. Esta alternativa, que se desenvolve polo Concello de Tomiño, tendo a súa orixe no enlace coa PO-350, discorre ao longo de 10 km ata o pq 14+300, onde enlaza co tramo 3 da VAC na glorieta do enlace de Goián. O pasado 4 de xaneiro, o  Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou a adxudicación da redacción do proxecto de trazado e construción da obra do presente treito cuxo orzamento estimado ascende a 77,8 millóns de euros. O Goberno galego destina 25,7 millóns de euros dos orzamentos para este ano 2011 para continuar coa execución da VAP Tui- A Guarda. A VAP Tui-A Guarda está recollida dentro do Plan MOVE (Plan de Mobilidade e Ordenación Viaria Estratéxica), cun orzamento de preto de 200 millóns de euros e ten unha lonxitude de 26,4 quilómetros. Esta infraestrutura constituirá unha vía imprescindible para dar saída comercial as empresas emprazadas nos polígonos industriais dos concellos beneficiarios, xa que suporá unha mellor conexión coa Meseta e con Portugal. Potenciará ademais as comunicacións e o desenvolvemento da comarca, propiciará máis industria e a creación de novos postos de traballo, ademais de favorecer o transporte, mellorar a seguridade vial e aumentar a calidade de vida dos cidadáns. O proxecto de construción que desenvolva o proxecto de trazado deberá axustarse á posibilidade de flutuar dentro dunha banda de 100 metros a cada lado daquela que poderá ser de 200 metros nos enlaces. Ademais, consonte establece o artigo 15.3 da Lei 4/1994, de estradas de Galicia, ordénase a modificación ou revisión do planeamento urbanístico dos concellos afectados polo estudo comparativo de alternativas da VAP Tui-A Guarda, no segundo treito, os cales deberán acomodarse ás determinacións do proxecto de trazado no prazo dun ano dende a súa aprobación. A Dirección de Patrimonio Cultural sinala que no entorno do xacemento de Torres, axustarase o trazado de xeito que se distancie o máximo posible do elemento, adoptando as solucións construtivas precisas. O proxecto debe identificar o muíño de Furnia, o lavadoiro da Rabadeira e a igrexa parroquial de Forcadela co fin de aplicarlles unha protección axeitada.

Treito I

As obras de construción do tramo Tui-Tomiño contan cun presuposto de 28,1 millóns de euros. Os traballos de execución xa están iniciados cos primeiros movementos de terras, así como as labores de despexe e desbroce das superficies afectadas polas obras. Este treito ten a súa orixe no enlace de Tui sobre a autovía Vigo-Portugal (AG-55) e o remate no enlace coa estrada autonómica Areas-Tomiño (PO-350), polo que ten unha lonxitude de preto de 4 quilómetros. No proxecto deste ramal especifícase a ubicación de tres enlaces: no enlace coa autovía A-55 en Tui, deseñarase unha glorieta en estrutura sobre a autovía; o enlace coa estrada Forcadela-Areas (PO-552), para o que se modificará a intersección actual coa vía dispoñendo unha glorieta de 25 metros de radio; e o enlace coa estrada Tui-Tomiño, para o cal se proxectan dúas glorietas a ambas marxes do tronco da estrada unidas por un ramal bidireccional para permitir todos os movementos de entrada e saída ao viario en proxecto.

 Treito III

O tramo Goián-A Guarda ten unha lonxitude de 10,15 quilómetros. As obras foron adxudicadas en xaneiro deste ano á UTE FFC-Atlántica, cun prazo de execución de 23 meses. Implica un orzamento de case 34 millóns de euros. Na actualidade as obras céntrase no movemento de terras. O proxecto define a materialización de catro enlaces: Goián, Rosal, A Guarda este e un cuarto enlace na glorieta ubicada á altura do pq 9+300. Tamén será necesario construír dous falsos túneles, un viaduto e 8 pasos (5 superiores e 3 inferiores).

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: