Hernández anuncia que no mes de maio comezarán as obras da quinta fase de saneamento en areas, arnoso e xinzo, no concello de Ponteareas.

Reitera o compromiso do seu departamento de executar a ampliación e mellora da Edar de Ponteareas, cuxo investimento se eleva a preto de 2 millóns de euros

  • Salienta o apoio incondicional do Goberno galego á mellora do saneamento e o abastecemento deste concello, no que a inversión en materia de infraestruturas hidráulicas se eleva a máis de 7 millóns de euros
  • As obras de construción da Etap de Ponteareas, que están a un 10% da súa execución, implican un investimento de máis de 1,3 millóns de euros. Deste importe, a Xunta de Galicia aporta o 80% e o municipio pontevedrés o 20% restante
  • A actuación centrarase na construción dunha estación de tratamento (ETAP) e nun depósito de 2.000 m3 de capacidade no lugar da Xesta, así como na mellora da captación do río Tea
  • Agustín Hernández recorda que a nova Lei de Augas beneficiará especialmente aos concellos, xa que disporán de máis recursos  para mellorar as redes de saneamento e abastecemento municipal
  • Ponteareas (Pontevedra), 8 de marzo de 2011.- O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, avanzou esta mañá que no mes de abril se adxudicarán as obras relativas á quinta fase de saneamento en Areas, Arnoso e Xinzo, no Concello de Ponteareas, co obxectivo de poder inicialas en maio. O responsable de Infraestruturas fixo este anuncio esta mañá durante unha visita ás obras da Estación de tratamento de auga potable de Ponteareas. Hernández recordou que neste concello de Pontevedra en materia de saneamento xa se investiron tres millóns de euros nas catro fases anteriores, polo que o Goberno galego apoia estas actuación en Ponteareas con 4,4 millóns de euros. Hernández avanzou que o departamento que dirixe seguirá a mellorar a situación da rede hidráulica deste concello, polo que reiterou o seu compromiso de executar as obras de ampliación e mellora da Estación depuradora de augas residuais (Edar) de Ponteareas, para a que a Administración autonómica reserva un orzamento de preto de 2 millóns de euros. Con esta actuación máis, o conselleiro salientou o apoio do Goberno galego co saneamento e o abastecemento deste concello pontevedrés, xa que a inversión neste municipio se eleva a máis de 7,5 millóns de euros. Concreto que ás actuación anteriores (as cinco fases de saneamento (4,4 millóns de euros) e a ampliación da Edar  (2 millóns de euros), hai que engadir as obras do colector de pluviais  no barrio de Covas e da Etap de Ponteareas.
    Actuacións de saneamento e abastecemento en Ponteareas
Actuación Importe (M€)
Etap de Ponteareas 1,3
I, II, III, IV, V fase de saneamento en Areas, Arnoso e Xinzo 4,4
Colector de pluviais no barrio de Covas 0,23
Ampliación e mellora da Edar de Ponteareas 1,71
Total 7,64

Etap de Ponteareas

Sobre esta última actuación, Hernández aclarou que  a nova estación de tratamento de auga potable de Ponteareas, visita esta mañá polo conselleiro, estará en servizo no cuarto trimestre de 2011. Actualmente, o nivel de execución das obras é de case un 10% do seu porcentaxe total de execución. O importe da adxudicación ascendeu a máis de 1,3 millóns de euros. A aportación do Executivo autonómico supón o financiamento do 80% da actuación hidráulica. Deste xeito, o Concello de Ponteareas, co que está a colaborar a Xunta, contribuirá ao achegamento do restante 20%. A nova ETAP de Ponteareas beneficiará a máis de 11.000 habitantes do Concello de Ponteareas e a súa área de influenza. Planta da Etap de Ponteareas.- Este proxecto ten como fin primordial definir as obras necesarias para a construción dunha estación de tratamento de auga potable de 60 l/s en Ponteareas, próximo ao depósito regulador xa existente na Xesta, lugar onde se instalará un novo depósito cunha capacidade de 2.000 m3. Esta nova infraestrutura hidráulica, con muros de 6 metros de altura en formigón armado e cuberta de lousa, terá planta circular de 21,3 metros de diámetro interior e 5,6 metros de altura de lámina de auga. Conectarase á condución de auga tratada na estación e sairá logo á condución de distribución existente. Na execución da segunda fase desta actuación tentarase a ampliación da capacidade de tratamento ata os 120 l/s. Os equipos instalaranse no interior dunha edificación pechada con espazo suficiente para albergar as infraestruturas da segunda fase. Por unha parte, a estación constará dunha liña de auga con medidor e regulador de cloro, de  turbidez da auga bruta ou de nivel de ph. Ademais, dispón de indicador de temperatura da auga ou equipos de decantación, filtración ou desinfección. Por outra parte, a estación contará cunha liña de deshidratación de fangos con espesador, filtro e contedor. Posteriormente, levaranse a cabo as instalacións sanitarias e eléctricas precisas. A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas tamén prevé a mellora da captación no río Tea, na Freixa, en Ponteareas. Así, o obxectivo reside na ampliación da capacidade existente na actualidade. Cómpre sinalar que o anteproxecto inclúe a reposición dos servizos e pavimentos afectados polas obras.

Lei  de Augas

Dende a Xunta de Galicia destácase que a nova Lei de Augas beneficiará especialmente aos concellos, xa que disporán de máis recursos  para mellorar as redes de saneamento e abastecemento municipal, como as actuacións do Concello de Ponteareas. Hernández explicou que este canon terá un carácter finalista, é dicir, financiará única e exclusivamente as actuacións en materia de abastecemento, saneamento e explotacións de depuradoras de augas residuais e xestión dos nosos ríos, as entidades municipais contarán con máis fondos para mellorar as infraestruturas hidráulicas. A lei determina que os usuarios que teñan captacións propias, como pozos ou mananciais, non terán que pagar o canon da auga, posto que os habitantes do rural fixeron un esforzo significativo para dispoñer dun servizo tan elemental como é a auga que, por razóns de diversa índole, as administracións non foron quen de proporcionarlles. A lei é un instrumento necesario para lograr o dobre obxectivo de regular un uso racional e sostible do recurso e garantir auga en calidade e cantidade á cidadanía.

Investimentos en infraestrutura viaria do Goberno galego

O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas destacou que o apoio da Administración galega con este concello no só se limita ás actuacións en materia hidráulica , senón que tamén se teñen executado actuacións de mellora de seguridade viaria, que implicaron un investimento dende o ano 2009 por parte da Xunta de case 4 millóns de euros. As actuacións levadas a cabo son a adaptación da PO-402 Oleiros (PO-400) con Vilasobroso  (N-120) ao plan de baixa IMD (Intensidade Media Diaria), actuouse en case 4 quilómetros e implicou un investimento de 3,44 millóns de euros; a mellora da intersección na PO-403 Salvaterra-Ponteareas, pk 10+400, cuxo investimento foi de 200.000 euros; a mellora de drenaxe na estrada PO-403 e adaptación de pasos de peóns, rematada no verán de 2010; e por último, instalación de barreira de seguridade na PO-422 (Frieira-Estación Frieira) e acondicionamento da PO-403 (Salvaterra-Ponteareas), tamén rematada o pasado verán.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: