ECONOMÍA E INDUSTRIA ORGANIZA EN VIGO UN CICLO DE TALLERES PARA FAVORECER A INTERNACIO​NALIZACIÓN DAS EMPRESAS GALEGAS

A iniciativa forma parte das actividades organizadas arredor do Máster  de Comercio Internacional que se está a desenvolver na Universidade de Vigo, financiado a través do Igape, que está aberta a profesionais de empresas interesadas na internacionalización

  • Entre o 13 e o 21 de decembro haberá talleres para abordar aspectos como o crédito e os apoios á exportación, o marqueting on line ou os seguros do comercio exterior

Santiago, 10 de decembro de 2011.- A Consellería de Economía e Industria impulsa a organización dun ciclo de talleres prácticos destinados a favorecer a internacionalización das empresas galegas. Os talleres Igape-Universidade-Empresa constitúen unha extensión, para profesionais en activo de empresas galegas interesadas na internacionalización, das actividades do Máster de Comercio Internacional  que se está a desenvolver en Vigo, no marco dun convenio asinado entre o Igape e a Universidade.

Todos os talleres se desenvolverán no salón de actos da Universidade de Vigo entre o 13 e o 21 de decembro. O día 13 haberá dous talleres, un arredor das marcas e outro sobre o exemplo de internacionalización dos viños de Terras Gauda. O día 14 haberá outros dous talleres, neste caso sobre os apoios á internacionalización: o crédito oficial á exportación e os apoios das Cámaras de Comercio neste ámbito.

O marqueting on line e os novos formatos e estratéxias neste ámbito e o asunto a abordar no taller de internacionalización que se desenvolverá o 19 de decembro. Para rematar o ciclo, o día 21 de decembro os talleres tratarán de asuntos como os recursos humanos no comercio internacional, os seguros no comercio exterior e o seguro de transporte internacional de mercancías.

Os profesionais de empresas galegas interesadas na internacionalización poden asistir a estes talleres de xeito gratuíto. Por haber aforo limitado no salón de actos, é necesario incribirse previamente a través da web do Igape.

Os encontros son unha actividade aberta organizada ao amparo do Máster de comercio internacional que se está a desenvolver para prover ao tecido produtivo galego de recursos humanos cualificados para acelerar a necesaria internacionalización das empresas, especialmente as pemes.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: