noticia ayuntamiento de vigo 13-12-11


O goberno local oferta 105 prazas nos obradoiros infantís de Nadal

O concelleiro de Participación Cidadá, Santos Héctor, presentou este martes a edición de Nadal dos obradoiros infantís gratuitos, que acollerán os centros cívicos municipais entre o 23 de decembro e o 5 de xaneiro. A inscripción ábrese o venres no teléfono 010 para nenos entre 3 e 13 anos, repartidos por grupos de idade. As actividades serán de mañá e dan cumprimento a un «compromiso» adquirido polo alcalde ao inicio do anterior mandato, segundo indicou o edil.

 


Manel Fernández anuncia a continuidade en 2012 do circuíto Cidade de Vigo de carreiras populares na presentación de Carreira do Pavo

O Gran Premio Pedestre de Nadal, a tradicional Carreira do Pavo, disputarase este domingo na contorna da Alameda co apoio da Concellería de Deportes e o patrocinio de El Corte Inglés, que dá nome ao premio. A proba, que espera non baixar dos 600 inscritos para todas as carreiras (haberá oito saídas segundo idades), definirá o circuíto de carreiras populares Cidade de Vigo, que bota o pano logo dunha terceira edición na que segue crecendo.

 


Concerto, o sábado 17 de decembro, en VigoSónico

O vindeiro sábado, 17 de decembro, ás 19:00h, o espazo xuvenil VigoSónico (Estrada do Portal – Parque Tecnolóxico de Valadares) da Concellería de Xuventude do Concello de Vigo acollerá o concerto dos grupos Brainwave, Os Narvais e The Riggo’s.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: