O Partido Popular DE SALCEDA DE CASELAS ALERTA DA DELICADA SITUACIÓNECONÓMICA NA QUE SE ATOPA O CONCELLO

  • Os populares lamentan que os membros do Bipartito non presentasen o balance económico de 2010 ao Consello de Contas correndo o risco de quedarse sen axudas da Xunta

Salceda de Caselas, 16 de decembro de 2011.- O Partido Popular de Salceda de Caselas alerta dunha nova acción irregular levada a cabo polos dirixentes do Bipartito local. “Trátase desta vez do xa sucedido con anterioridade e que este ano volve ocorrer, e é que a data de hoxe o Concello non cumpriu coa súa obriga legal de render contas”, explica Santiago Rodríguez Davila. O prazo para presentar ante o Consello de Contas os balances económicos de 2010 rematou no pasado mes outubro e Salceda de Caselas é un dos concellos que aínda non remitiu os seus datos.

Dende o PP cualifican esta actitude de “irresponsable e imprudente” tendo en conta que “o feito de non presentar os balances económicos provoca o risco de quedarse sen as axudas procedentes da Xunta de Galicia, ademais do propio feito de que tanto o concelleiro de Facenda como o alcalde non están a cumprir coas súas obrigas que é polo que perciben un salario tendo dedicación exclusiva, cando no anterior Goberno do PP o concelleiro de Facenda non tiña dedicación exclusiva e presentábase toda a documentación en tempo e forma e non como agora que xa se leva incorrendo na mesma irregularidade varios anos seguidos”, subliña o presidente dos populares salcedenses.

Con todo, “isto carrexaría graves consecuencias para o municipio e os veciños que por culpa dun mal Goberno e duns dirixentes incompetentes deixaríase de percibir subvencións para diferentes acometidas e novos proxectos, sendo sempre un beneficio para todos do que este Bipartito nos está a privar”, conclúe Rodríguez Davila.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: