IGAPE

CONFERENCIA DE CHARLES GUSTAFSON SOBRE AS CONSECUENCIAS FISCAIS DA INTERNACIONALIZACIÓN EMPRESARIAL

A Consellería de Economía e Industria, a través do Igape e en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela, organiza un relatorio sobre “As consecuencias fiscais da internacionalización empresarial” que correrá por conta do profesor Charles Gustafson, catedrático de Dereito Tributario da Universidade de Georgetown, Washington.

A conferencia desenvolverase na Escola Galega de Administración Pública o próximo 28 de maio, durante un acto que comezará a partir das 17 horas e que irá seguido dun coloquio.

O profesor Gustafson é catedrático da prestixiosa Universidade de Georgetown (Washington) e un dos máis nomeados expertos en fiscalidade dos negocios internacionais. Asesor da Administración Fiscal norteamericana e autor de varios dos libros de referencia no estudo do tratamento fiscal das empresas internacionais. Esta conferencia constitúe unha oportunidade irrepetible para poder coñecer a súa opinión sobre a fiscalidade das empresas galegas que desexen emprender o reto da internacionalización.

OBRADOIRO DE INTERNACIONALIZACIÓN MBO GALICIA – USA
Energy Sector Edition – Texas

Data: Xoves 31 de maio de 2012, de 10 a 19h.

Lugar: Club Financiero de Vigo, sala Nogueira Dalmás.

O vindeiro xoves 31 de maio terá lugar un evento dirixido a empresarios galegos propietarios e/ou xerentes de pemes domiciliadas en Galicia do sector enerxético interesados en iniciar a súa actividade en Texas (Estados Unidos).

Este programa formativo bilingüe castelán-inglés ten un total de 7 horas. As primeiras 4 horas da mañá van enfocadas á ampliación de coñecementos das necesidades xurídico financeiras da empresa galega nos Estados Unidos, á adaptación e xestión de equipos humáns biculturais, ás bases de entrada no mercado americano, e á importancia das redes de contactos profesionais nos EE.UU.

No bloque de 3 horas da tarde ten lugar un encontro virtual de negocios e mesa redonda Galicia-Texas con directivos norteamericanos do mesmo sector.

Prazas limitadas

Inscrición: info@covasolutions.com

Máis informaciónhttp://www.igape.es/talleres-2.html

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: