A XUNTA E O COLEXIO OFICIAL DE XOIARÍA PROMOVEN CURSOS DE ESPECIALIZACIÓN PARA IMPULSAR A INNOVACIÓN NO SECTOR

  • As consellerías de Economía e Industria e de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria colaboran nesta iniciativa, que comeza hoxe en Santiago
  • A Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo, centro de referencia para a formación neste sector ao acoller un total de cinco cursos impartidos por profesionais de prestixio

Santiago de Compostela 25 de xaneiro de 2013.- A Escola Superior de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo de Santiago (EASD), dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria,  acollerá desde hoxe e ata o vindeiro mes de maio un total de cinco cursos formativos co obxectivo de impulsar a innovación e a especialización do sector da xoiería.

 

A iniciativa é froito da colaboración entre a Consellería de Economía e Industria, por medio da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e o Colexio de Xoieiros, ademais da propia Escola. A superación do curso acreditarase coa correspondente certificación das entidades organizadoras.

EASD, centro de referencia

Os cursos van dirixidos tanto a profesionais do sector como ao alumnado do ciclo de xoiería da EASD, único centro en Galicia que imparte ensinanzas de Formación Profesional  relacionadas con este sector. Desta forma poténciase a Mestre Mateo como centro galego de referencia para a formación dos futuros profesionais da xoiería en Galicia, ao tempo que se afonda en diferentes aspectos didácticos que ao non ser considerados básicos destas ensinanzas, tradicionalmente quedan fóra da formación académica.

Así mesmo búscase crear un espazo de relación para os expertos da xoiería de toda Galicia no que compartan experiencias e coñecementos, algo que se ve favorecido polo prestixio dos profesionais da materia encargados da docencia nesta iniciativa.

 

A iniciativa permite avanzar na estratexia integral de apoio ao sector artesán impulsada desde a Consellería de Economía e Industria, que ademais de apostar pola formación dos profesionais incide na promoción e a mellora da comercialización, xunto coa innovación e a adaptación ás novas tendencias do mercado e do deseño, ao tempo que se preservan os valores que constitúen a esencia dos produtos artesanais, como son os bos materiais, un proceso de produción coidado e un resultado de calidade.

O primeiro dos cursos, que cubriu o número de prazas ofertadas, céntrase en “Fotografía aplicada á xoiería”. A iniciativa continúa nos meses de febreiro, marzo e maio cos cursos “Pátinas, acabados artísticos“, impartido por Carlos Reano –do 1 ao 3 de febreiro-; “Iniciación a 3 Design”, da man de Manuel Piñeiro – do 22 ao 24 de febreiro e do 8 ao 10 de marzo-; “Iniciación á fundición de metais”, con Antonio Franco Ibáñez -do 1 ao 3, do 15 ao 17 e o 23 e 24 de marzo-; e “Iniciación modelado arxila metal precioso”, impartido por Marisa Perales – do 10 ao 12 de maio-.

A inscrición nas distintas actividades, destinada tanto a xoieiros como a estudantes, realízase na secretaría da escola Mestre Mateo e o prazo permanece aberto ata dous días antes do inicio de cada curso.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: