O GOBERNO GALEGO SOLICITA O APOIO DOS EUROPARLAMENTARIOS PARA CONTAR CON FONDOS EUROPEOS QUE GARANTAN O DESENVOLVEMENTO DOS PLANS DE SANEAMENTO LOCAL DAS RÍAS

  • xuntagaliciaA Xunta trasladou aos representantes da Comisión de Peticións do Parlamento Europeo os esforzos que está a facer Galicia para acadar o bo estado ecolóxico das augas das nosas rías

 

Santiago, 12 de febreiro, 2013.- A Xunta trasladou hoxe aos representantes da Comisión de Peticións do Parlamento Europeo os esforzos que está a facer Galicia para acadar o bo estado ecolóxico das augas das nosas rías. Os conselleiros de Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana,  e de Medio Ambiente, Agustín Hernández, informaron á delegación europea de todas as actuacións que se están a impulsar, non só nas tres rías obxecto da inspección (Vigo, Ferrol e O Burgo) senón no conxunto do territorio galego para lograr os obxectivos marcados pola Unión Europea en materia de saneamento.

Durante a súa intervención ante os europarlamentarios e membros da Comisión de Peticións do Parlamento Europeo, o conselleiro Agustín Hernández, incidiu na importancia que ten o mantemento dos fondos europeos para o saneamento e depuración no período 2014-2020, co obxectivo de cumprir cos obxectivos da Directiva Marco da Auga, un reto que Galicia xa está a afrontar con determinación, coa mobilización de 269 millóns de euros nos últimos catro anos para este fin, segundo indicou o conselleiro.

 

Galicia conta actualmente con 151 estacións depuradoras de augas residuais urbanas con capacidade de tratamento para máis de 2.000 habitantes. Se 1989 só existía unha depuradora con capacidade para 10.000 habitantes, a día de hoxe esta cifra medrou ata os 3,43 millóns de habitantes, grazas ao inxente traballo de execución de estacións depuradoras, redes de colectores e estacións de bombeo levado a cabo para adaptarse á directiva europea sobre augas residuais urbanas (Directiva 91/271/CEE).

 

Hernández indicou que, pese a ese traballo, houbo retrasos no cumprimento total da directiva. Lembrou que a Comisión abriu tres procedementos sancionadores que sinalaban 993 zonas urbanas de España que incumprían a normativa europea en materia de augas residuais. Dos case mil núcleos urbanos obxecto do procedemento, só 27 eran galegas e, segundo informou o conselleiro de Medio Ambiente, estase a traballar para que o cumprimento sexa practicamente total para o ano 2015, tal e como esixe a directiva marco da auga.

 

Neste senso, destacou que a comunidade galega foi quen de aprobar o 14 de setembro de 2012 un novo Plan Hidrolóxico da Demarcación Hidrográfica de Galicia Costa, un feito que a situou como segunda comunidade española en conta cun novo plan hidrolóxico adaptado á normativa europea da auga, que ten como obxectivo principal acadar o bo estado das masas de auga para o ano 2015 e promover o seu uso sostible.

 

Sector marisqueiro e turístico

Hernández incidiu na complexidade que ten dotar da infraestrutura de saneamento necesaria nesta rexión, caracterizada pola acusada orografía, a abundante pluviometría, a dispersión da súa poboación e os esixentes niveis de calidade das masas de auga nas áreas de produción marisqueira e zonas de baño. “Pero disto depende a sostibilidade futura de dous sectores clave para a economía galega, como son o marisqueiro e o turismo, cos miles de postos de traballo asociados que ambos os dous supoñen”, afirmou.

 

Nese senso o conselleiro destacou a elaboración nos últimos anos dos plans de saneamento local das rías, redactados cunha metodoloxía que busca o máximo aproveitamento das redes existentes, así como a modelización informática dos sistemas de saneamento e os seus efectos na calidade das augas do medio receptor. “Os resultados obtidos permiten deseñar sistemas que aseguran a axeitada calidade das augas das nosas rías e tamén a adaptación das redes para xestionar as augas pluviais, evitando así os efectos xerados por episodios fortes de choiva”, explicou Hernández aos parlamentarios europeos.

 

O responsable de Medio Ambiente puxo de relevo a importancia que para Galicia ten poder seguir con este traballo e solicitou á delegación do Parlamento Europeo apoio para poder financiar estas actuacións con fondos europeos do próximo período operativo, 2014 – 2020, co fin de garantir os obxectivos da Axenda 20-20 na nosa autonomía.

 

Hernández destacou que Galicia está a cumprir os condicionantes previos para acceder a este financiamento, coa recuperación dos custos do ciclo da auga, incluíndo os custos ambientais, a través do canon da auga, destinado soamente a investimentos no propio ciclo da auga. Sinalou que Galicia espera contar co apoio da UE para que parte dos fondos que a comunidade autónoma recibirá entre 2014 e 2020 poida ser destinada a infraestruturas de saneamento.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: